"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Mineiro e sindicalista. Coñecido como Curuxás ou Varela, está considerado o último maquis galego. Traballou nas Minas de San Fins (Lousame) e pertenceu ao seu Sindicato Minero. Antigo lexionario, a súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina no aniversario da proclamación da Segunda República Española, o 14 de Abril de 1937. Desde 1941 vinculouse a un pequeno grupo unido ás sociedades agrarias e obreiras polas comarcas da Ulloa, do Barbanza e do concello da Agolada, e colaborou ás veces cos restos do Grupo Neira ou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. A partir de 1947, coa recomendación do abandono das armas por parte da CNT, viviu na clandestinidade refuxiado entre os campesiños de Vilamor, ata o seu falecemento por morte natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Artista postimpresionista, destacaron as súas paisaxes, caracterizadas polos espazos amplos. Está representado no Museo Quiñones de León. Das suas obras destaca Islas Cíes (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. En 1827 marchou como misioneiro a Filipinas, onde se converteu en procurador xeral de Manila e das misións de Macau. Publicou Dicionario Ibanag-Español (1854) e completou e reimprimiu El Arte de Ibanag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Escribiu Galicia y sus puertos, pesca y trafico marítimo (1983), La industria de la madera en Galicia (1980) e Atlas de Galicia (1994). Foi autor dos tomos de clima e vexetación da Geografía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Foi garda mariña en Ferrol (1780) e interveu en numerosas batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendido a tenente de navío (1797), enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Loitou durante a Guerra da Independencia, ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu a Reino Unido e volveu a España tras o Pronunciamento de las Cabezas de San Juan, pero tivo que volver a exiliarse ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta portugués. Aínda que destacou como ensaísta, as súas principais obras son O grito claro (1958), Sobre o rosto da terra (1961), As marcas no deserto (1978) e O incêndio dos aspectos (1980). Director das revistas Árvore, Cassiopeia e Cadernos do Meio-Dia, entre 1974 e 1975 publicou gran parte da súa obra poética completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de minas. Mostrouse contrario ao intervencionismo estatal e acusou ao Estado da deixación das industrias extractivas. Escribiu Ensayo sobre la historia de las minas de Río-Tinto (1859) e Minas de Río-Tinto: estudios sobre la explotación y el beneficio de sus minerales (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da UGT (1977) e do PSOE (1976 e 1979), senador electo (1977-1999) e primeiro lehendakari do preautonómico Consejo General Vasco (1978-1979). A súa loita polos dereitos dos traballadores foi recoñecida polos seus rivais políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director de La Voz de Galicia desde o 5 de xuño de 2000. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, iniciou a súa andaina profesional no mundo da prensa, a radio e a televisión hai máis de vinte e cinco anos. Traballou nas redaccións dos periódicos Informaciones, Ferrol Diario, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia e foi director de Antena 3 Radio Coruña (1983) e director xeral desta emisora (1989-1992). Dirixiu Radio Voz (1993-1995) e fundou Deporte Campión (1995) -o primeiro xornal deportivo diario-, ademais da revista Camino. Director territorial de Antena 3TV Galicia (1995-1999) -desde o que puxo en marcha o primeiro informativo diario desta cadea en Galicia-, creou, dirixiu e presentou diversos programas de televisión na TVG e Antena 3TV, como Fronte a fronte, De Viva Voz e Galicia a Fondo. Colaborador do programa La hora cero, de José Luis Balbín,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Alcalde do concello de Cedeira durante cinco lexislaturas (1979-1999) e desde 2003. Foi membro da Deputación Provincial da Coruña (1983-1987; 1991-1995) e senador electo polo PP pola Coruña (1993-2000). Foi conselleiro da Mutualidad Nacional de Previsión de la Administración Local (1983-1987) e do consello superior da Función Pública do Estado (1987-1991). Foi vicepresidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Galicia e do da Coruña e recibiu a Cruz ao Mérito Naval con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, poeta e relixioso. Ingresou na Compañía de Xesús en 1914 e ordenouse sacerdote en 1926. Doutorouse en Teoloxía en Quito e en Filosofía en Letras en La Habana, onde fundou e dirixiu a Academia Gertrudis Gómez de Avellaneda. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega e Diario de la Marina, das súas obras destacan O poema da Cruña (1923), en que inclúe composicións tradicionais para loar a súa cidade; Covandonga: epopeya en XV gestas (1950), de carácter épico; O velliño (Edipo na Galiza) (1951), A xesta de como a América nasceu da melodía (1953), Cervantes y Menéndez Pelayo: algunhas semejanzas (1958), Cantigas de novo xeito vello (1959), Cuentos de color del siglo (1959), Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos (1960) e Cantigas de piedade (1961). Foi académico de honra da Real Academia Galega (1954) e correspondente das academias da lingua de Colombia e Cuba da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e autor de banda deseñada. Foi o creador de Los grandes inventos del TBO, protagonizados polo Profesor Franz de Copenhague.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sacramentar ou sacramentarse.

    2. Aplícase a Xesús Cristo presente nos sacramentos, sobre todo na hostia consagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sacramento ou aos sacramentos.

    2. Que ten natureza de sacramento.

    3. Que foi adquirido en virtude dun sacramento.

    4. Que está consagrado pola lei e polo costume.

    5. Aplícase a cada unha das accións, ritos, obxectos ou pregrarias, instituídas e aprobadas eclesialmente a imitación dos sacramentos e que producen efectos espirituais por intercesión da Igrexa. Denominadas ata o s XII sacramenta minora, o ritual clasifícaas en consagracións, forma solemne que acompaña a certos rituais e se serve da unción, bendicións constitutivas, que adscriben unha persoa ou cousa ao ámbito sagrado, e bendicións de invocación, coas que se pide o favor divino sobre persoas ou cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administrar un sacramento a alguén, especialmente a eucaristía e a extremaunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sacramenteo ou aos sacramentos.

      1. Relativo ou pertencente á doutrina sacramentaria.

      2. Seguidor da doutrina sacramentaria.

      3. doutrina sacramentaria

        Doutrina da Reforma que negaba a presenza real de Xesús Cristo na Eucaristía. Con este termo Lutero designaba os seguidores de Zwingli e de J. Oecolampadius, que se opuñan á doutrina da consubstanciación.

    2. Antigo libro litúrxico latino que contiña as oracións sacerdotais necesarias para a celebración da Eucaristía, a administración dos outros sacramentos e sacramentais e o resto do oficio divino. O exemplar máis antigo que se conserva é o manuscrito de Verona (Biblioteca Capitolare, LXXXV [80]), de principios do s VII. A parte do sacramentario correspondente á celebración eucarística, coa intercalación dos cantos e das lecturas correspondentes, converteuse no Missale Mixtum, ou misal. O resto serviu para a formación do pontifical, do ritual e do breviario. Na liturxia visigoda chamábase Liber Missarum e Manuale.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Signo sensible e eficaz da graza, segundo a teoloxía tradicional. Concepto ligado ao de signo e ao de símbolo, comprende as nocións de misterio e de rito. Na historia das relixións, emprégase a expresión para indicar todas aquelas accións rituais destinadas a facer participar, momentaneamente ou dunha maneira permanente, ao home coa divindade. Entre as diversas formas de rito sacramental sobresae a comida sagrada, que aparece en todos os niveis de relixión desde o totemismo e canibalismo ata as iniciacións mistéricas e a celebración cristiá da Eucaristía, e que dunha maneira ou outra aspira á fusión ou comuñón con Deus. Na teoloxía cristiá, o termo adquiriu co tempo un valor técnico para indicar as principais celebracións rituais da Igrexa centradas en cada un dos momentos importantes da vida: nacemento, comida, relacións de amor e convivencia, enfermidade e morte. Durante o primeiro milenio reservouse este concepto aos sacramentos da iniciación: bautismo, confirmación e eucaristía. A teoloxía...

    2. Hostia consagrada.

    3. Sacramentos da penitencia, eucaristía e extremaución que se administran a unha persoa en perigo de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de California, EE UU, que nace na ladeira sur do monte Shasta, pasa pola cidade homónima, conflúe co San Joaquin, e tras un percorrido de 600 km, desemboca na baía de San Francisco.

    VER O DETALLE DO TERMO