"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Saturno, descuberto pola sonda Voyager-1 en 1980. Ten unha forma irregular, dentada, e unhas dimensións de 70´60´50 km. Xunto con Xano, co que comparte órbita, sitúase no anel F de Saturno.
-
ENTRADA LARGA
Período de transición entre o Paleolítico e o Neolítico situado a comezos do Holoceno, durante o que predominou unha economía depredadora, continuadora da cultura dos cazadores-recolectores no período posglaciar. Algúns autores denominaron Mesolítico o mesmo período cronolóxico, pero referido ás transformacións das sociedades humanas que os distanciaron das tradicións paleolíticas e que se definiron polo sedentarismo e a economía produtora. No ámbito climático, definiuse polo rápido incremento da temperatura, feito que ocasionou un brusco retroceso das masas glaciares, coa desaparición dos grandes vertebrados da etapa anterior (mamuts, renos e rinocerontes laúdos), mentres se multiplicaban os propios do clima temperado (cervos, corzos e porcos bravos). A mellora climatolóxica permitiu a expansión dos bosques de caducifolias e unha elevación do nivel mariño. Os asentamentos dos grupos humanos diversificáronse e, xunto ás covas, empregáronse os abrigos rochosos e as construcións temporais...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Epipaleolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que vive ou se desenvolve enriba do solo.
-
-
Relativo ou pertencente aos equinoideos.
-
Equinodermo da clase dos equinoideos.
-
Clase do filo dos equinodermos formada por animais de corpo globuloso ou hemisférico, limitado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas e xustapostas unidas rixidamente entre elas. Sobre as placas do exoesqueleto articúlanse, en tubérculos mamilares, unhas pugas móbiles que serven como sistema locomotor e como órgano de defensa. Coñécense popularmente co nome de ourizos de mar.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás equisetáceas.
-
Fento da familia das equisetáceas.
-
Familia de fentos á que pertence o xénero Equisetum.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos equiuroideos.
-
Metazoo da clase dos equiuroideos.
-
Clase de metazoos constituída por organismos triploblásticos celomados e protóstomos con simetría bilateral. Teñen o corpo dividido en dúas rexións: unha trompa anterior, que ten unha gran capacidade de extensión pero non invaxinable, e a parte posterior, que comprende o tronco coa rexión visceral, moi voluminosa. Todos os representantes son mariños e habitan sobre a area do fondo ou no interior de fisuras que aparecen nas rochas. O xénero máis característico é Bonellia.
-
-
-
Relativo ou pertencente á familia das ericáceas.
-
Planta da familia das ericáceas.
-
Familia, da orde das ericais, que abrangue unhas 3.500 especies de plantas perennes, sufruticosas ou arbustivas, de follas enteiras con estípulas, flores tetrámeras ou pentámeras, actinomorfas e hermafroditas, que dan lugar a froitos en cápsula, baga ou drupa. Son plantas ben adaptadas a solos acedos e pobres, e en Europa constitúen etapas de substitución dos bosques atlánticos caducifolios ou son propias de brañas e gándaras. Pertencen a esta familia as arandeiras, as azaleas, as queiroas e os rododendros.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo xeorxiano. Participou nunha conspiración contra a nobreza e desterrárono a Siberia en 1832, ata que volveu a Xeorxia en 1852 e fundou a revista literaria Giskari. A decadencia das clases nobres é o tema máis destacado das súas obras. Da súa produción cómpre salientar A repartición (1850) e Escenas do pasado (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Mar Vermello.
-
-
Relativo ou pertencente a Eritrea ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Eritrea.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ás eritroxiláceas.
-
Planta da familia das eritroxiláceas.
-
Familia de plantas, da orde das xeraniais, formada por unhas 200 especies de árbores ou arbustos tropicais, de follas con estípulas escamosas, flores solitarias ou en inflorescencias de cores claras, que dan lugar a froitos en drupa. Pertence a esta familia a coca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten, implica ou leva a erro.
-
PERSOEIRO
Físico xaponés. Estudiou na Universidade de Toquio, onde se doutorou en 1959. Traballou na empresa Kobe Kogyo (1947), foi xefe do departamento de física de Sony (1956-1960) e despois pasou ao Centro de Investigacións Thomas J. Watson de IBM, en Yorktown Heighs, Nova York. Especializouse na física de estado sólido, e o seu traballo máis importante foi sobre o efecto túnel, no que se basea o chamado díodo túnel ou díodo Esaki, traballo que desenvolveu na empresa Sony e que supuxo a súa tese de doutoramento. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Ivar Giaever e Brian David Josephson, polos traballos sobre semicondutores e supercondutividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de escamotear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brillo intermitente e variable que emite unha luz.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán de Publio Cornelio Escipión. Dirixiu a campaña contra os insubrios como cónsul (222 a C). Desembarcou en Empúries á fronte do exército romano (218 a C) e derrotou os ilerxetes e outros pobos indíxenas aliados dos cartaxineses. Continuou o seu avance cara ao SO, venceu as tropas de Hannón, situadas ao N do Ebro, e conquistou Cissa (Tarragona). Trala chegada do seu irmán Publio á fronte de novas tropas (217 a C), continuaron xuntos a campaña, cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). Reconquistaron Sagunto (213 a C-212 a C), pero despois de dividir o exército foi derrotado polos cartaxineses.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás escitamíneas.
-
Planta da antiga orde das escitamíneas.
-
Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Os seus membros están actualmente incluídos dentro da orde das zinxiberáceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás escitonematáceas.
-
Alga da familia das escitonematáceas.
-
Familia de esquizofíceas filamentosas que teñen hormogóneas e heterocistos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás esclerodermatáceas.
-
Fungo da familia das esclerodermatáceas.
-
Familia de basidiomicetos con basidiocarpos estipitados, de peridio groso e simple, capilicio rudimentario e coas basidiosporas redondas e sen esterigmas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de escopetear.