"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertencente á escola de Madrid, foi discípulo de Francesco Rizi. Deulle preponderancia á paisaxe, á maneira da escola veneciana de Tintoretto. Entre as súas obras destacan: Encuentro de Abraham y Melquisedec, Santa Catalina de Alejandría e La prudente Abigail.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Escaleira na parroquia de San Xoán de Ove (Ribadeo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escanar.

    2. Que é alto e delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar as espigas da cana do millo.

    2. Cortar as pólas dunha árbore.

    3. Mudar a plumaxe as aves.

    4. Medrar as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baleirar unha canastra.

    2. Desfacer ou separar as partes que compoñen algunha cousa.

    3. Desfacerse ou separarse as partes dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil terrestre de corpo alongado e ápodo.

    2. Réptil, de ata 28 cm de lonxitude, ápodo, co corpo vermiforme de cor rosada, cuberto de pequenas escamas e de aparencia segmentada. A cabeza é pequena e aguda, e pouco diferenciada do corpo; os ollos son moi pequenos e a cola curta. Vive principalmente baixo terra, onde se alimenta de vermes, eirugas, formigas e miriápodos. As femias poñen un único ovo longo e estreito. Está presente en toda a Península Ibérica, agás na maior parte do terzo norte; en Galicia está limitado ás zonas máis mediterráneas do sueste do país.

    3. Réptil, de ata 50 cm de lonxitude, de corpo alongado e ápodo, cuberto de pequenas escamas. Habita medios de alta humidade ambiental como bosques caducifolios, prados, claros de bosques, sebes e, as máis das veces, lugares situados preto dos cursos de auga. Aliméntase de larvas de insectos, formigas, miriápodos e arácnidos. Hiberna durante os meses de outubro e abril para logo aparearse. Logo duns 90 días, as femias paren. Localízase en toda Galicia, onde é máis escaso nas zonas secas do sueste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar unha bebida nun vaso, especialmente o viño ou a sidra. OBS: En particular, refírese a botar con mestría a sidra nun vaso desde certa altura para formar escuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trigo rústico de cultivo tradicional, propio de terreos pobres de rexións montañosas, que responde a ecotipos autóctonos das especies Triticum spelta, Triticum diococcum, Triticum turgidum e Triticum vulgare. Os primeiros restos de escanda localizáronse en xacementos de Oriente Próximo, datados no VII milenio a C, e o primeiro cultivo data da Europa neolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar escándalo.

    2. Indignarse ou irritarse por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medir a profundidade da auga mediante o escandallo ou outro instrumento.

    2. Aplicar a un produto o réxime de escandallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de chumbo posta no extremo dunha corda fina que serve para determinar a profundidade do mar, dun río, etc, nun punto determinado.

    2. Determinación do custo ou valor dun produto con relación aos factores que o integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído ou barullo excesivo provocado xeralmente por voces.

    2. Feito, acontecemento ou dito considerado inmoral ou contrario ás conveniencias sociais, que dá lugar a indignación ou censura na opinión pública.

    3. Situación ou acción que se considera intolerable e provoca indignación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Ferrol en 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela triangular ou trapezoidal que se larga sobre as cangrexas. Está formada por unha aresta no pico e por outra no mastro. É característica dos bergantíns, das polacras, das goletas e dos balandros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca escándalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da parroquia de Beluso, no concello de Bueu, situada ao N da boca da ría de Aldán e ao S do Cabo Udra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Escandinavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Europa que, nun sentido físico, inclúe a Península Escandinava, situada entre o Océano Atlántico, ao O, o Océano Glacial Ártico, ao N, e o Mar Báltico, ao L; que se estende ao longo duns 1.800 km desde o Cabo Norte, no Ártico, ata os estreitos dinamarqueses. A península ocupa unha extensión duns 770.000 km2, divididos entre o territorio de Noruega, Suecia e Finlandia. A súa poboación é duns 13.500.000 h (estim 2000). Desde o punto de vista lingüístico, cultural, histórico e socioeconómico inclúese tamén na denominación de Escandinavia a Dinamarca, Islandia e a totalidade de Finlandia.
    Xeografía física
    A Península Escandinava comprende a maior parte do antigo escudo báltico, un bloque de materiais cristalinos, eruptivos e metamórficos, que sufriron primeiro os dobramentos caledonianos e despois, unha vez aplanados e erosionados, os dobramentos terciarios, que deron orixe aos Alpes Escandinavos. Esta cadea montañosa, que percorre a península...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Escandinavia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Escandinavia.

    1. Aplícase á arte, literatura, música e linguas pertencentes á rama setentrional das linguas xermánicas; isto é: dinamarqués, feroés, islandés, noruegués e sueco, propias dos países escandinavos.

    2. Pobo xermánico que se estableceu na Península Escandinava, en Islandia, en Xutlandia e nas illas que forman parte do territorio de Suecia, Noruega e Dinamarca na actualidade. Situáronse nestes territorios a partir do s II segundo as inscricións rúnicas.

    3. Linguas nórdicas.

    VER O DETALLE DO TERMO