"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Seis veces cen.
-
Que ocupa o lugar número seiscentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal e polo tanto equivale a sexcentésimo.
-
Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 600 e na romana por DC.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Barcelona en 1911 por Victorià Seix e Lluís e Carles Barral, que se caracteriza pola gran calidade das súas edicións. En 1942 tomou o nome actual e especializouse en libros de arte. En 1974 fusionouse con Ediciones Ariel e en 1982 pasaron ao grupo editorial Planeta.
-
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Galgao (Abadín). O seu cumio acada os 678 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Evaristo González Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se considera o mellor entre os da súa mesma clase.
-
-
Que selecciona ou serve para seleccionar.
-
Conmutador que levan algúns aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posibilidades.
-
Conmutador provisto de contactos múltiples que se emprega en telefonía automática.
-
Conmutador dos radiorreceptores multibanda, que permite elixir a banda de frecuencia dentro da que se pode sintonizar unha emisora.
-
Dispositivo dos receptores de televisión que separa e sintoniza, a vontade, un determinado canal. OBS: Tamén se denomina conmutador de canais.
-
-
-
Calquera sal de ácido selénico (H 2 SeO 4 ). Coñécense dous tipos: M<H>I</H> 2 SeO 4 e M<H>I</H>HSeO 4 .
-
Dianión de ácido selénico, de fórmula SeO 2- 4 .
-
-
-
Calquera sal de ácido selenioso.
-
Anión de ácido selenioso, de fórmula SeO 2- 3 .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén selenita.
-
PERSOEIRO
Primeiro rei seléucida (306-280 a C) e fundador desta dinastía, fillo de Antíoco, xeneral de Felipe II de Macedonia. Á morte de Alexandre o Grande foi elixido lugartenente do rexente Perdicas, no asasinato de quen interveu. Obtivo a satrapía de Babilonia (321 a C), que foi tomada por Antígono o Torto. Refuxiado na corte de Ptolomeo I de Exipto, contribuíu á vitoria deste sobre Demetrio Poliorcetes, fillo de Antígono, en Gaza (312 a C). Isto permitiulle recuperar Babilonia e someter a Susiana e a Media. Someteu tamén Irán e Bactriana, e nunha nova repartición do imperio (301 a C) correspondeulle Siria. Despois conquistou Tracia e Macedonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que efectúa automaticamente unha parte das súas operacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade dalgúns proxectís de artillaría de prolongar o seu movemento e aumentar o seu alcance tras ser disparados cunha arma convencional da que están provistos.
-
-
Que ten propiedades intermedias entre as dos bos condutores eléctricos e as dos illantes, cunha condutividade que depende de diversos factores, como a temperatura, a tensión ou a inclusión de impurezas na súa estrutura.
-
Substancia intermediaria entre os bos condutores e os illantes. O estudo teórico e as aplicacións dos semicondutores deron lugar a unha nova rama da electrónica, denominada do estado sólido. As propiedades eléctricas dos semicondutores débense a que teñen unha banda de condución separada da banda chea por unha banda prohibida moi estreita. Todas as bandas de enerxía dun sólido están sempre cheas ata a máis elevada, que pode estar tamén chea ou medio chea. Cando unha banda de enerxía está chea, o conxunto non pode dar orixe a ningunha corrente eléctrica. Se se aplica un campo eléctrico nun sólido coa última banda medio chea, os electróns desta banda aceleraranse e algúns pasarán a ocupar estados superiores da mesma banda. Os corpos condutores teñen a banda de enerxía superior a medio encher. Pero os semicondutores teñen a última banda ocupada totalmente chea a baixa temperatura, e esta banda queda separada da banda contigua superior baleira por un intervalo de enerxía prohibida. Ao aumentar...
-
Semicondutor non cristalino formado por átomos que non presentan unha ordenación periódica de longo alcance.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao semicultismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación xerofítica e rara de arbustos e matas, propia de zonas subdesérticas ou moi secas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hemiparasito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas partes en que se divide o intervalo dun ton. Pode ser diatónico e equivalente a unha segunda menor cando está formado por dúas notas de nome diferente ou cromático cando as dúas notas que o forman teñen o mesmo nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decisión senatorial en resposta á moción ou á consulta dun maxistrado na antiga Roma. O texto transcribíase no diario oficial e depositábase no aerarium Saturni. Comezou como un simple ditame ou parecer ao que podían non facer ningún caso os maxistrados, e só tivo forza executiva, de lei, no Imperio. Un maxistrado competente, sempre un tribuno, podía facer uso, durante a República, do seu dereito de intercesión ou de veto contra un senadoconsulto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao senado ou ao senador.