"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (305-311). Asociado ao trono por Diocleciano (293), dentro do esquema tetrárquico, loitou contra os godos (295) e contra os persas (297-298). Invadiu Armenia e estendeu o Imperio Romano ata o Éufrates. Trala abdicación de Diocleciano (305) converteuse en emperador con poder sobre Italia e Oriente. Mantivo unha política de tolerancia cara aos cristiáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que rexenta unha galería de arte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento forte e intermitente provocado por unha borrasca cun gran gradiente de presión que adoita producirse na costa cantábrica con compoñente N, de mar a terra, acompañado de precipitacións torrenciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en agosto de 1900 en Ourense e que se definía como “católica, apostólica e clerical”. Dirixida por Basilio Álvarez, o seu único redactor era Antonio Rey Soto. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Orense. Saía todos os domingos e recibiu frecuentes críticas de El Socialista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘sombreiro’.
-
ENTRADA LARGA
País de Europa Occidental, no Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que ocupa unha península case que rectangular no SO da Gran Bretaña (20.779 km2; 2.933.500 h [estim 1998]). Limita ao S coa canle de Bristol, ao N co mar de Irlanda e ao O coa canle de San Xurxo. Polo L os Montes Cambrianos marcan a fronteira con Inglaterra. A súa capital é Cardiff (Caerdydd).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Gales é un país moi montañoso e cunha costa cha, apta para os cultivos. A illa nórdica de Môn (Anglesey) é a de formación xeolóxica máis antiga, de cronoloxía paleozoica. Os sistemas montañosos de Wyddfa, Rhinogs e Cadair Idris, situados ao S de Anglesey, forman as raíces do macizo situado detrás de Harlech. O Gales central, formado por xistos silurianos e ordovícicos, preséntase cos ermos das montañas de Pumlumon, onde nacen os grandes ríos do Gales central e meridional: Gwy, Hafren, Teifi e Tywi. A terceira gran formación xeolóxica de Gales é a do denominado Vello Mar... -
-
Relativo ou pertencente a Gales, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Gales.
-
Lingua da rama britónica do celta insular que se coñece en glosas a partir do s VIII. Conta cunha importante épica medieval que, malia se documentar en manuscritos medievais posteriores, en parte se pode retrotraer aos ss VI-VII. O galés antigo chega ata o s XII, o galés medio esténdese entre os ss XII-XVI e a partir deste século comeza o galés moderno. A primeira gramática, Cerddwriaeth Cerdd Dafawd, está datada ao redor de 1322 e atribuíuselle a Einion Offeiriad ou a Dafudd Ddu. En 2002 contaba cuns 400.000 falantes, sobre todo nas zonas norte e occidental de Gales (con outros 8.000 na Patagonia arxentina, chegados como colonos en 1865). É a única lingua celta con posibilidades de recuperación positiva: é cooficial en Gales no campo educativo, administrativo e comunicacional, e ten presenza no medio escolar, prensa, radio e TV e, unha mínima presencia, na xustiza, administración, investigación e outros campos. Utiliza o alfabeto latino con algunhas grafías para os sons especificamente...
-
Arte desenvolvida en Gales. É produto dunha sociedade guerreira e pastoral. Na Idade Media construíronse os castelos normandos de Beau Maris, Caernafon e Harlech, entre outros, e igrexas e abadías como Strata Florida ou Saint David. Os posteriores estilos británicos, adaptación dos continentais, foron adoptados na construción de grandes residencias ata o s XX. A mesma imitación europea reflíctese na escultura e na pintura. A auténtica arte galesa maniféstase nunha artesanía moi refinada, especialmente nas armas e na decoración interior das granxas. Entre as institucións museísticas destaca a National Gallery of Wales.
-
Literatura en lingua galesa, existente desde o s VI, na que se distinguen catro períodos, o primeiro marcado polos bardos primitivos ou Cynfeirdd (Aneinin, Taliesin, Myrddin); o segundo período vai desde os ss XI-XIV e é o dos poetas medievais ou Gogynfeirdd; o terceiro é o dos Cywyddwyr (ss XIV-XVI), coa figura poética de Dafydd ap Gwilym; e un cuarto período de poetas modernos desde o s XVI. No s XX volveuse ás tradicións bárdicas medievais que se compaxinan coa apertura ás novas correntes. Entre as obras en prosa salientan as Leis do Rei Hywel Dda (s X), os Mabinogi, recompilacións de mitos antigos e de historias tradicionais dos ss V e VI, e a tradución da Biblia do bispo William Morgan (1588). No s XIX creouse unha tradición novelística e narrativa que precede as obras de Daniel Owen, ademais dos estudios gramaticais e lingüísticos.
-
A arpa, a frauta e o crwht son os instrumentos máis importantes no terreo musical galés cos que se acompañaba o canto. Do s XIV son uns cantos acompañados por arpa ou pezas para arpa soa que son as tabulaturas instrumentais máis antigas. Existen festivais moi importantes onde participan cantores de todo o mundo, xa que a tradición coral é moi relevante neste país.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título que posúe o fillo herdeiro do trono de Inglaterra desde o ano 1301. Eduardo I investiu o seu fillo Eduardo con este título despois de anexionarse o Principado de Gales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada a partir de agosto de 1945 en Bos Aires. Subtitulouse “Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual”. Cesou a súa edición en xullo de 1946. Na súa redacción participaron destacados políticos e intelectuais exiliados do réxime franquista que enviaban as súas colaboracións dende as principais capitais do mundo. A súa lingua vehicular era o castelán. Incluíu artigos sobre política e cultura, cunha especial atención á problemática lingüística da Península Ibérica. En 1976, Akal publicou unha antoloxía dirixida por X. Alonso Montero e, ao ano seguinte, apareceu unha edición facsímile en Durango (Bizkaia) coordinada por Leopoldo Zugaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 25 de xullo de 1933 entre forzas políticas de Catalunya, Euskadi e Galicia que pretendeu conseguir maiores cotas de autogoberno e autonomía para as respectivas nacionalidades no marco dun estado federal ou confederal, ou encamiñarse directamente á independencia. Pretendeu, en primeiro termo, conxuntar o esforzo das tres nacionalidades para mellor valerse contra o centralismo, na loita pola consecucións dos estatutos de autonomía. O nome de Galeuzca foi utilizado por primeira vez polo líder catalán Conangla i Fontanilles en 1924, pero a historia das relacións entre as nacionalidades comezou coa sinatura da Triple Alianza (11.9.1923), con aspiracións independentistas, que curtou a Ditadura de Primo de Rivera. Coa instauración da Segunda República volveuse falar da consecución dunha entente entre as tres nacionalidades, lideradas no Congreso de los Diputados por Unió Democrática de Catalunya e Acció Catalana Republicana, polo Partido Nacionalista Vasco e por Ultreya e o Partido...
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo e historiador. En 1924 fundou a Escola Blanquerna (1924-1939), onde experimentou os métodos da escola activa, que recolleu na obra Mesura objectiva del treball escolar (1928). Foi nomeado secretario xeral do Consell de Cultura da Generalitat de Catalunya, e, despois de xullo de 1936, confióuselle o negociado da lingua catalá e, máis tarde, a cátedra de metodoloxía do ensino de lingua na Universitat de Barcelona. Despois de estar exiliado (1939-1943), volveu a Barcelona e dedicouse, sobre todo, á historia da cultura. Cómpre destacar as súas obras Per la llengua e per la escola (1931), Lliçons de llenguatge (1931) e Activitat i llibertat en educació (1932), e, en colaboración con Josepa Herrera, Introdució a la Gramàtica I e II (1935 e 1937), Una hipotètica revolta d’uns mestres hipotètics (1964) e Mirades al món actual (1967). Foi membro do Institut d’Estudis Catalans (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1996. Editada pola dirección xeral de Política Lingüística, subtitulouse “Boletín dos departamentos de estudios galegos”. Incluíu información sobre os centros de estudios galegos espallados polo mundo, e referencias bibliográficas sobre novidades editoriais, convocatorias de premios e actividades ou cursos relacionados coa lingua e a literatura galegas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida nos anos noventa do s XX en Valencia, Venezuela. Editada pola sociedade Irmandade Galega da devandita cidade, estaba coordinada por I. Narea Aponte. O seu consello de redacción estaba formado por Juan Pacheco e Edgar Santana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e matemático. As súas obras están marcadas polo Barroco tardío, case entrado no neoclasicismo; destacan a fachada de San Giovanni in Laterano, onde tamén realizou a capela Corsini, e a fachada de San Giovanni dei Fiorentini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción defensiva situada na serra do Galiñeiro, na parroquia de Vincios (Gondomar). Erixida nos primeiros séculos da era cristiá, consérvanse varios tramos da muralla e restos de diversas construcións. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.
-
PERSOEIRO
Actriz de teatro, cine e televisión. Coñecida como Lola Gaos, iniciou a súa carreira teatral no campo afeccionado e despois da Guerra Civil fixo estudios de Arte Dramática no exilio, de onde volveu en 1943 para debutar pouco despois no teatro María Guerrero. A súa carreira sempre estivo marcada por papeis secundarios en espectáculos como La casa de Bernarda Alba ou De San Pascual a San Gil. Da súa extensa filmografía cómpre sinalar títulos como: Molokai (1959) de L. Lucía; Viridiana (1961) e Tristana (1969) de L. Buñuel; El Verdugo (1963) de L. G. Berlanga; Mi querida señorita (1972) de J. de Armiñán; e Furtivos (1975) de J. A. Bardem.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción poética destaca Sobre la tierra (1945), Profecía del recuerdo (1956), Poesías completas (1959) e Un montón de sombra (1972). Os seus estudios críticos recolléronse nos volumes La poética de Campoamor (1955), Poesía y técnica poética (1955), Temas y problemas de literatura española (1959) e Claves de la literatura española (1971). Postumamente concedéuselle o Premio Nacional de Poesía (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e etnógrafo. Licenciado en Dereito e Historia, comezou a colaborar dende neno no Museo de Pontevedra. Profesor de bacharelato e da Escola Normal de Pontevedra, foi auxiliar (1952) e secretario (1954) do Museo de Pontevedra, subdirector da Casa-Museo de Rosalía de Castro e, dende 1979, secretario técnico de arquivos, bibliotecas e museos da Xunta de Galicia. Realizou estudios de arqueoloxía, antropoloxía e etnografía. Colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos. Colaborou con L. García Alén e X. M. Gómez Vilasó en La alfarería de Galicia (1983) e con Antonio de la Peña publicou Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (1980). Escribiu A alfarería na literatura popular galega (1980) e Pontevedra monumental (1982), con debuxos de X. Conde Corbal. Pertenceu ás seccións de arqueoloxía e etnografía do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e etnógrafo. Foi fundador e primeiro presidente do Clube Nacionalista Alén Nós (1986) e patrono fundador e presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego. Especializado no estudo da olería tradicional galega, colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Nodales, Gallaecia e Encrucillada. Foi coautor de La alfarería de Galicia (1983), con A. García Alén e X. M. Gómez Vilasó, co que tamén escribiu A alfarería tradicional de Buño: carpeta de debuxos (1986) e A louza tradicional de Niñodaguia (1995); e autor de Contribución al estudo de la alfarería popular en Galicia (1979), Os oleiros (1981) e O señor das olas: crónica de viaxes e outras historias (1992). Recibiu o Pedrón de Ouro en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO