"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • MONTES

    Monte que está situado entre as parroquias de Santo André de Paradela e Biville (Sarria). O seu cumio acada os 613 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio en ruínas.

    2. Casa grande deshabitada e en mal estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1920 como consecuencia das loitas obreiras en Shangai e dos círculos de estudos comunistas de París. En 1921 celebrou o seu I congreso nunha escola francesa de Shangai coa asistencia dos doce fundadores, entre eles Mao Zedong, e representantes da Terceira Internacional. A partir de 1949 chegou ao poder e quedou como único partido legal. Coa Revolución Cultural algúns destacados dirixentes foron acusados de revisionismo e depurados, como Liu Shaoji en 1968, ou desapareceron en circunstancias pouco claras, como Lin Biao en 1971. Despois da morte de Mao Zedong (1976), Hua Guofeng mandou prender os catro máximos dirixentes da á esquerda do partido (Banda dos Catro) e foi nomeado presidente. En 1977 rehabilitáronse moitos membros do partido depurados durante a Revolución Cultural, entre eles Deng Xiaoping, quen axiña se converteu no home forte do réxime. En 1981 Hu Yaobang sucedeu na presidencia a Hua Guofeng, acentuouse a “desmaoización” e a crítica da Revolución,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete que consiste nunha prancha de metal ou madeira montada enriba de dúas ou tres rodas, cun pau dereito diante e un guiador para gobernalo. Para o seu funcionamento, ponse un pé enriba da prancha e co outro dáse impulso contra o chan, aínda que modernamente tamén poden levar motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao patrilinealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización social que observan aquelas sociedades en que os fillos se integran automaticamente na liñaxe, clan ou estamento do pai, do que reciben tamén os principais elementos constitutivos da súa condición social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Cebu (1875) e arcebispo de Manila (1876-1889). Pertenceu á orde de San Domingos e ordenouse presbítero en Manila (1839), onde desempeñou diversos cargos parroquiais e conventuais. Foi procurador das misións de Hong Kong (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio. Artista abstracto, utilizou para as súas obras a pedra, o granito e elementos metálicos. Inspirouse no mundo rural galego e na cultura castrexa para realizar obras de aparencia tosca. Destaca Guerreiro III e Machado IV. Obtivo, na Bienal de Pontevedra, o segundo premio en 1983, o primeiro premio ao ano seguinte e a medalla de bronce na edición de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Militante do PSOE desde 1972 e deputado nas Cortes (1977-1986), interveu en todas as leis orgánicas destinadas a desenvolver a Constitución de 1978 e no propio relatorio constitucional. Presidiu o Congreso de los Diputados (1982-1986) e foi nomeado reitor da Universidad Carlos III de Madrid en 1989. En 2004 foi nomeado alto comisionado para a Atención ás Vítimas do Terrorismo coa finalidade de coordinar as accións en materia de apoio ás vítimas e vixiar que se cumpra a lexislación ao respecto. Escribiu Libertad, poder, socialismo (1982), Los valores superiores (1984), La elaboración de la Constitución Española de 1978 (1988), La Democracia en España. Experiencias y Reflexiones (1996) e Historia de los Derechos Fundamentales (2001). É académico de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa creada en 1971 pola fusión de Pechiney e Ugine Kuhlman, como a culminación dun longo proceso de concentracións e fusións. O grupo estendeu as súas actividades ao campo da metalurxia do aluminio, do cobre, da química básica, do aceiro e da enerxía nuclear e a minaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao músculo pectíneo ou ás estruturas relacionadas con el.

    2. Músculo aplanado e cuadrilátero que se insire na pube e no trocánter do fémur, e que contribúe á anteversión, á rotación externa e á adución da coxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima presente nos cítricos que cataliza a eliminación de grupos metoxi da molécula péctica. Tamén se denomina pectin-metil-esterase ou pectase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, fillo de Sabino Enrique Peinador Vela. Sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Membro do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos, foi o artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu a Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban parladoiros literarios coa participación dos intelectuais da época, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega en 1920 de Ramón Cabanillas. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo. Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu ‘‘Vocabulario dos cesteiros de Mondariz’’, na revista Nós (1922)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa un tipo de encaixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o pecíolo inserido no centro do limbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un nervio principal e se ramifica cunha disposición similar á pluma dunha ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pinnatinervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Pequín ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Pequín.

    1. Aplícase á raza de cans de compañía, de orixe chinesa, de pequenas dimensións e coa cabeza masiva, o fociño chato, amplo e engurrado, os ollos saíntes, as orellas caídas e o rabo longo e elevado. O pelo é longo, duro, liso e abundante, e pode ser de calquera cor.

    VER O DETALLE DO TERMO