"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Relación de tipo xerárquico rexida segundo o modelo dun pai de familia tradicional, en que o dominado debe a quen o domina obediencia, respecto e afecto, e o dominante ofrécelle en cambio seguridade, protección e afecto baseados na súa autoridade. Max Weber elaborou a definición ao estudar a situación coa clase obreira de principios do s XX. O movemento obreiro loitou contra o paternalismo dos patróns para saír da minoría de idade xurídica e moral á que os tiñan reducidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de patético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización social que observan aquelas sociedades en que os fillos se integran automaticamente na liñaxe, clan ou estamento do pai, do que reciben tamén os principais elementos constitutivos da súa condición social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Costume dalgunhas sociedades segundo a que os casados han de seguir vivindo na aldea ou na facenda do pai do marido, sen que iso supoña necesariamente o patrilinealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amor á patria.

    2. Comportamento propio do patriota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existencia dun elevado grao de pobreza nun estado dunha maneira permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de deportes que teñen por base correr a pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina do monxe Pelaxio que parte dun optimismo natural en canto á capacidade absoluta da vontade para evitar o mal e facer o ben. Afirma que a graza é unha axuda extrínseca para obrar o ben, máis facilmente, pero de ningún xeito é necesaria para a salvación. Nega o pecado orixinal e, en consecuencia, nega tamén a necesidade do bautismo dos nenos e a eficacia da penitencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical en que a oitava só ten cinco tons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento carismático protestante. A súa primeira manifestación importante tivo lugar cara a 1830 e foi dirixida polos ingleses E. Drumond e Irwing. A súa finalidade era alcanzar a práctica da glosolalia e a curación de enfermidades pola intervención do Espírito Santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou actitude de perfeccionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de erosión e tipo de modelado característico das rexións frías da Terra, non recubertas de xeo dun xeito continuo e onde as alternancias de xeo e desxeo son o factor erosivo esencial. O termo foi introducido en 1909 por W. Lozinski para describir o tipo de clima e os trazos morfolóxicos superficiais controlados polo mesmo. Aproximadamente, unha sexta parte da superficie das terras emerxidas están baixo os efectos do periglaciarismo. Durante os períodos de clima frío do Cuaternario, esta superficie foi considerablemente maior, e os sinais do modelado periglacial aínda son perceptibles. O sistema periglacial localízase nos sectores de latitudes moi elevadas e nos sectores de alta montaña. Nas latitudes elevadas hai dous tipos de áreas cubertas de xeo durante longas tempadas cada ano; as áreas de clima polar continental, como ao NL de Siberia, e as áreas de clima polar oceánico, como Islandia. Nas grandes altitudes, o xeo desenvolve un importante papel durante gran...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercicio ou profesión de periodista.

    2. Ciencia da información, particularmente a escrita e manifestada sobre todo a través da prensa e doutras publicacións periódicas. O periodismo, como necesidade de comunicación e de información social, pode considerarse que existe xa desde tempo moi antigo, como en Roma cos Commenterii pontificum, os Annales maximi, as Acta senatus, as Acta diurna populi romani, etc. Coa aparición da imprenta comezaron a publicarse as chamadas relacións, que reunían diversas noticias nun ou dous folios. Estas publicacións de noticias tomaron a miúdo o nome italiano de gazzeta. A transformación destes periódicos simples en grandes informadores produciuse no s XVIII e sobre todo no XIX co desenvolvemento da prensa de masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto doutrinal bastante heteroxéneo propio da escola do Liceo, que fundou Aristóteles e recibiu o nome de ðåñίðáôïò (paseo) polo feito de que moitas leccións dábanse paseando ou quizais, simplemente, nunha galería. A tónica dominante dos primeiros peripatéticos foi o desenvolvemento do empirismo aristotélico e a investigación científico-positiva. Destacaron Teofrasto, Aristoxeno, Dicearco de Messina, Demetrio de Faleron e Estratón o Físico. A escola sufriu posteriormente unha profunda decadencia, que superou no s I con Andrónico de Rodas, que abriu un último período moi rico en comentaristas do corpus aristotélico, como Alexandre de Afrodisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de movementos vermiculares de contracción do tubo dixestivo, en forma de onda que progresa desde o estómago cara ao ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo sintomático que simula unha peritonite aguda, sen que haxa, de feito, inflamación do peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento socio-político instaurado polo presidente Juan Domingo Perón en Arxentina tras a súa vitoria electoral en 1946. Creou un corpo de leis laborais e sociais moi avanzadas que lle proporcionou un grande apoio da xente e permitiulle organizar un movemento popular que pretendía ser equidistante entre o capitalismo e o comunismo. Coa destitución de Perón (1955) o peronismo continuou como forza, pero aliado a sectores burgueses. Durante a ditadura militar (1966-1973) o movemento dividiuse en múltiples correntes internas. En 1973, co triunfo peronista nas dúas eleccións presidencias, Perón retornou do seu exilio en Madrid, pero a súa rápida morte (1974) entregoulle o poder aos seus seguidores máis reaccionarios e corruptos. Despois da nova ditadura militar (1976-1983), dividido e desprestixiado, o peronismo perdeu as eleccións de 1983 ante a Unión Cívica Radical (UCR) e escindiuse. En plena recuperación, o peronismo derrotou ao UCR nas eleccións lexislativas (1988) e dous anos despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou feito de personalizar ou de referirse a unha persoa determinada.

      1. Actitude ou tendencia filosófica que concede a primacía, no conxunto da realidade, á persoa ou dimensión persoal, que se ve transcendendo o ámbito físico-biolóxico en virtude dunha autonomía e liberdade radicais. Tivo un particular ascenso en América do Norte, desde principios do s XX (Bowne, R. T. Flewelling) e en Francia, a partir da década de 1930.

      2. Corrente filosófica personalista francesa de inspiración cristiá e iniciada cara á década de 1930, caracterizada como un intento de superar á vez o individualismo e a despersonalización, propia tanto da sociedade contemporánea como das tendencias totalitaristas que reducen ao home a puro momento ou instrumento da colectividade estatal. Un dos seus representantes máis destacados foi E. Mounier.

    2. Tendencia a vincular os intereses comúns aos persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina pola que as cousas e o mundo en xeral teñen que ser considerados desde diferentes puntos de vista, pois con cada un ofrece unha perspectiva única e indispensable para o coñecemento do conxunto. A monadoloxía de G. H. Leibniz pode considerarse perspectivismo. No pensamento contemporáneo son numerosas as figuras que elaboraron o concepto de perspectiva ou que propuxeron métodos perspectivistas, como Jean-Paul Sartre, M. Merleau-Ponty, B. A. W. Russell, A. N. Whitehead ou J. Ortega y Gasset.

    2. Técnica narrativa que consiste en presentar os feitos narrados desde diversos puntos de vista co fin de mostrar a complexidade do que se intenta describir.

    VER O DETALLE DO TERMO