"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. En Roma estudou a técnica de restaurar edificios antigos e publicou dous libros. Protexido polo Tsar Nicolao I, recibiu o encargo de construír, en Moscova, o palacio do Kremlin (1838-1849) e a catedral do Salvador (1837-1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amígdala palatina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás tonsilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amigdalectomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amigdalite.
-
-
-
Cerimonia relixiosa na que se cortan os cabelos, parcial ou totalmente, para mostrar unha consagración especial da persoa. Costume xeneralizado entre os monxes cristiáns (ss V-VI), introduciuse na igrexa latina (ss VI-VII) como rito de admisión do clero, distinto das ordes menores. Foi suprimida pola reforma do Concilio Vaticano II.
-
Maneira de levar cortados os cabelos os que recibiron a tonsura relixiosa. Entre as formas coñecidas, están a dos monxes budistas, que levan todo o cabelo rapado, a que deixaba só unha franxa de cabelo á maneira de aro (conservada ata hai pouco pola maioría das ordes relixiosas católicas) e a que levan sacerdotes e clérigos latinos reducida á coroa da cabeza, chamada por iso mesmo coroa.
-
-
Alegar carácter clerical para librarse da xurisdición ordinaria ou para obter mitigación ou modificación dunha pena. Está en vigor en países cun concordato coa Santa Sé ou nos que hai un privilexio de inmunidade eclesiástica.
-
Beneficio eclesiástico que se podía gozar en canto se recibira a tonsura, sen necesidade de ningunha orde sagrada.
-
-
-
de tonsurar.
-
Que ou quen recibiu a tonsura clerical.
-
-
-
Facer a tonsura a alguén.
-
Conceder a condición de clérigo por medio do rito da tonsura.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu a Visión delectable de la filosofía y artes liberales, metafísica y filosofía moral (1480), enciclopedia científica da época de carácter alegórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-Montanari, en Boloña, a fachada da igrexa de Sant’Agostino, en Reggio de l´Emilia, e o Palazzo degli Studi, en Mantua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo colexiado encargado de administrar o mecanismo de defensa e garantía da Constitución que resolve os problemas que presenta o cumprimento das normas. Foi creado en 1979, con xurisdición sobre todo o territorio español e formado por 12 membros nomeados polo rei a proposta do Congreso de los Diputados (4), do Senado (4), do goberno (2) e do Consejo General del Poder Judicial (2) entre maxistrados e fiscais, profesores universitarios, funcionarios públicos e avogados, todos eles xuristas de recoñecida competencia con máis de 15 anos de exercicio profesional. O seu mandato dura 9 anos e renóvase cada dous terzos. Ten a súa orixe no Tribunal de Garantías Constitucionales da Segunda República Española. Ten competencia exclusiva para coñecer dos recursos de inconstitucionalidade contra leis e normas xurídicas con rango de lei, dos de amparo por violación de dereitos e liberdades fundamentais e dos conflitos de competencia entre o estado e as comunidades autónomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado pola Constitución de 1931 da Segunda República Española para o control da constitucionalidade das leis e que entendía dos recursos de inconstitucionalidade destes. Estaba formado por un presidente, que nomeaba as Cortes, o presidente do alto corpo consultivo da República, o presidente do Tribunal de Contas, dous deputados elixidos polas Cortes, dous avogados e catro profesores de dereito.
-
ENTRADA LARGA
Período da historia de España (marzo de 1820-setembro de 1823) en que estivo vixente un goberno constitucional, establecido tras a aprobación da Constitución de 1812 por Rafael del Riego en Cabezas de San Juan, o 1 de xaneiro de 1820. O 9 de marzo, o Rei Fernando VII tivo que xurar a Constitución e axiña se formou o goberno Pérez de Castro-Argüelles e se reuniron as Cortes, formándose ademais dous partidos: o dos moderados, e o dos exaltados, partidarios da radicalización da revolta de 1820. As primeiras medidas tomadas foron orientadas cara á desamortización e a reforma das ordes monásticas, a supresión de morgados e vinculacións ou a formación de concellos constitucionais. O 1 de marzo de 1821 reuniuse a segunda lexislatura, da que xurdiu o ministerio Bardagí-Feliu, que se reorganizou ao final daquel ano como consecuencia da axitación provocada polo asasinato do capelán absolutista Matías Vinuesa y López de Alfaro. Logo dun intento de golpe de estado da garda real, en 1822 Evaristo San...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión de trinta cidadáns oligarcas, chamados tamén os Trinta e os Trinta Tiranos, instituída en Atenas tras a derrota ante Esparta (404 a C). Levaron a cabo feroces persecucións dos partidarios da democracia e despois dun ano de dominio foron depostos nunha revolta, na que participou decisivamente Trasibulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das sete estrelas visibles de cada unha das dúas Osas, a Osa Maior e a Osa Menor.
-
PERSOEIRO
Industrial e escritor. Colaborou nas publicacións La Meta, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes, Ideal Gallego, Triunfo e Semana, e foi correspondente de Radio Popular de Vigo e de La Voz de Galicia, e das axencias EFE e CIFRA. Publicou La Guardia, El Rosal y Oya (1979) e Santa María de Oia. Real e Imperial (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Dedicouse á paisaxe, e entrou en contacto cos pintores da escola de Barbizon. Logo dunha viaxe aos Países Baixos, en 1845, onde coñeceu as obras de P. Potter e A. Cuyp, introduciu animais nas súas paisaxes. Destaca Berger et son troupeau sur un chemin forestier.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Coñecido como Truman Capote, tivo un grande éxito coa súa primeira novela Other Voices, Other Rooms (1948), onde presentou un mundo adolescente entre a realidade e a fantasía. Tamén destacan The Grass Harp (1951), Breakfast at Tiffa-ny’s (1958), levado ao cine en 1961 e In Cool Blood (1966), coa que iniciou a modalidade narrativa da non-fition, baseada na reconstrución novelística de feitos documentados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego. Foi gobernador xeral de Creta (1920-1932). Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos xefes da resistencia grega. Xefe do partido populista, foi presidente do goberno (1946-1947) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1946-1950). Coa chegada ao goberno do mariscal Papagós, pasou á oposición.
VER O DETALLE DO TERMO