"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • PERSOEIRO

    Actriz. Cofundadora do Teatro do Antroido, participou nos espectáculos Amor e crimes de Xan Panteira (1975), de Blanco-Amor, Bailadela da morte ditosa (1980), de Euloxio Ruibal, e, co Centro Dramático Galego, en Woyzeck (1985), de G. Büchner. Ademais de desenvolver diversos proxectos para televisión desde a década de 1980, nas pantallas cinematográficas protagonizou, en 1989, un dos episodios que compoñen a longametraxe Urxa (C. A. López Piñeiro e A. García Pinal). En 1991 participou en Martes de Carnaval (Pedro Carvajal e Fernando Bauluz), en 1997 en A noiva de medianoite (Antonio F. Simón), en 2000 na curtametraxe O río ten mans (B. del Monte), en 2004 na longametraxe León y Olvido, entre 2004-2005 interpretou a Maruxa en 4º sen ascensor. No 2008 destaca o seu papel de Dorinda en Os Atlánticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Caraño en Barcia de Mera (Covelo). Datada no s XVIII, realizouse en pedra e ten un só van, un arco de medio punto lixeiramente alombado. Está situada no antigo camiño de Ponte Caldelas a Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de pór os membros e o corpo unha persoa ou un animal.

    2. Maneira de actuar ou punto de vista dunha persoa.

    3. Prezo que un comprador ofrece por unha cousa, especialmente nunha poxa ou almoeda.

    4. Dor nunha parte do corpo debida a unha mala colocación do corpo.

    5. Acción de poñerse o Sol.

      1. Acción de poñer os ovos un animal, especialmente as aves.

      2. Conxunto de ovos que pon un animal, especialmente unha ave, dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de cubrir algo cunha capa de prata. Pode realizarse por aplicación dunha lámina de prata, por metalización ao baleiro, por deposición de metal reducido quimicamente (sen corrente eléctrica) ou por electrodeposición. No primeiro destes métodos o obxecto, unha vez que se lle colocou unha lámina moi fina de prata, quéntase co fin de formar unha aliaxe que asegure a adherencia. A metalización ao baleiro emprégase principalmente para obxectos non metálicos. A prateadura de metais por redución química realízase, ben por inmersión do metal máis electropositivo que a prata (especialmente cobre ou latón) nunha solución de sal de prata, ou ben fretándoo cunha pasta a base de sales de prata. A prateadura química, a partir de sales de prata e redutores, adoita servir de base condutora para a electrodeposición sobre superficies non condutoras (vidro ou plástico). O método máis importante é a electrodeposición, que se aplica especialmente sobre cobre e aliaxes. Os baños son a base de dicianoarxentato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da agricultura que se dedica ao cultivo, estudo e mellora dos prados e dos pastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dignidade e cargo de prefecto.

      2. Época e duración do goberno dun prefecto.

      3. Conxunto de prefectos dun país.

      1. Edificio onde o prefecto reside ou exerce o seu cargo.

      2. Conxunto de edificios, na Roma imperial, constituído polos arquivos, a oficina do prefecto ou secretarium e as salas onde se comunicaban as súas decisións ou tribunalia.

      1. Territorio do Imperio Romano gobernado por un prefecto. Coa administración de Diocleciano, formáronse as catro prefecturas das Galias, Iliria, Roma e Oriente. Roma e Constantinopla formaron sempre unha prefectura independente. Subdividíanse en dioceses.

      2. División administrativa de España, creada, en número de 38, por decreto de Xosé Bonaparte o 17 de abril de 1810. Á súa fronte estaba un prefecto. Galicia organizouse en catro prefecturas e doce subprefecturas: a da Coruña, co subprefecturas na Coruña, Santiago de Compostela e Corcubión; a de Lugo, con subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro; a de Ourense, con subprefecturas en Ourense, Monterrei e Monforte; e a de Vigo, con subprefecturas en Vigo, Pontevedra e Tui.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de prefigurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar por anticipado unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dobra ou engurra que se fai sobre unha tea, un papel ou outro material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade e oficio do prelado.

    2. Organización de presbíteros, ou de presbíteros e laicos, que se rexe polos estatutos dados pola Santa Sé. O seu goberno confíaselle a un prelado como ordinario propio, para unha mellor distribución de presbíteros ou para levar a cabo obras peculiares misionais ou pastorais. Creación do novo dereito canónico, a primeira prelatura persoal erixida foi a do Opus Dei en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado e concedido anualmente polo Ministerio de Educación co obxecto de recoñecer o labor daqueles escritores destacados no campo da literatura infantil e xuvenil. Creado en 1978, con este premio preténdese estimular a produción literaria de calidade que poida axudar a fomentar os hábitos de lectura entre rapaces. A primeira gañadora foi Montserrat Amo, con El Nudo (1978). Os autores galegos galardoados foron Paco Martín, con Das cousas de Ramón Lamote (1986), Xabier Docampo, con Cando petan na porta pola noite (1995), e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos de Lúa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de prensar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade ou cargo de prepósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do campamento romano comprendida entre a via principalis e a porta pretoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece fóra do que é natural ou conforme ao curso natural das cousas, sen ser realmente sobrenatural.

    2. Aplícase aos dons outorgados por Deus ao home no seu estado orixinal, que perdeu por causa do pecado e, a diferenza dos dons sobrenaturais, non volveu recuperar a pesar da redención. Entre estes destacan a inmortalidade, a ausencia de sufrimento e o dominio das paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou dignidade de pretor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de primoxénito.

    2. Conxunto de dereitos do primoxénito. No Antigo Testamento, o primoxénito do pai tiña dereito a unha parte dobre dos bens paternos e a ser o cabeza de familia, e o da nai tiña que ser consagrado a Iavé. Na Idade Media, pola lei sálica, o feudo era indivisible, inalienable e transferible ao primoxénito home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de buscar algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado con que se trata ou manexa un negocio.

    2. Exacción que os prelados cobraban ás parroquias na Idade Media, como retribución polas visitas que lles facían.

    3. Poder que alguén dá lexitimamente a outra persoa para que obre no seu nome.

    4. Cargo ou oficio de procurador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que obra en representación e por poder legal doutra.

    2. Persoa encargada dos asuntos económicos, en certas comunidades e congregacións relixiosas.

    3. Representante das vilas na corte real de Castela e León durante a Baixa Idade Media. As cartas de procuración especificaban a súa actuación en asesoría e participación en asuntos extraordinarios, tratados de paz e votación de subsidios extraordinarios.

    4. Crego que efectúa as funcións civís ante o Tribunal da Rota Romana.

    5. Persoa designada por quenda e nomeada polo Ilustre Colexio de Procuradores, que representa nos xuízos civís os litigantes e nas causas penais os querelantes que obtiveron ou simplemente solicitaron o recoñecemento do dereito de xustiza gratuíta ou acusados que non empregaron o dereito a designar procurador.

    6. Persoa que, por oficio, representa nos tribunais a unha das partes, en virtude do poder legal recibido dela, facendo as peticións e outras dilixencias necesarias para a súa defensa.

    7. Deputado nas Cortes no Estado español, a partir do Estatuto Real de 1834 e, durante o Franquismo, a través da Lei de Cortes de 1942, ata a Lei para a Reforma Política de 1977, para representar as distintas rexións españolas.

      1. Representante do monarca en todos os seus negocios. Durante o s XIII nomeábase un para cada un dos seus estados. Desde s XIV o cargo tendeu a vincularse con membros da familia real que reunían todas as procuradorías xerais, asistidos por un asesor e varios oficiais.

      2. Representante do señor nos grandes territorios señoriais. No seu nome exercía a xurisdición baronial e a representación dos dereitos de carácter económico. Desde o s XVI tomou o nome de gobernador xeral.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO