"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Célula onde se forman espermacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que espesa.

      1. Aditivo alimentario do grupo dos estabilizadores que se emprega para manter ou aumentar a consistencia ou a viscosidade dun produto, como poden ser bebidas, prebes, sopas ou caldos. As substancias espesantes máis utilizadas son, entre outras, as gomas, o ágar-ágar, os alxinatos, os carraxenatos, as pectinas, a xelatina, o amidón, a celulosa e derivados.

      2. Substancia de elevado peso molecular que, ao incorporarse a unha solución, absorbe unha gran cantidade de disolvente, incha e pasa a disolución coloidal. Emprégase para aumentar a viscosidade das pastas de estampaxe téxtil, na fabricación de cosméticos, etc.

      3. Substancia que se engade a unha pintura ou un verniz para aumentar a súa viscosidade e darlle corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover a terra coa picaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Pegas Construción situada en Sandiás, erixida no s XVIII. A planta adopta a forma de escuadro ao estar formada por dous corpos de dúas alturas. Conserva unha escaleira exterior de pedra cara ao patio e unha capela exenta dedicada a santa María Madanela. Na porta de entrada conserva brasóns alusivos, entre outros, aos Armada, Araúxo, Puga e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Adscrito ás tendencias vangardistas, publicou ensaios e críticas literarias en diversos xornais e dirixiu Nueva España. Da súa produción destacan os ensaios Lo cómico contemporáneo (1928), El nuevo diantre (1930); as poesías Umbrales (1918) e Signario (1923); as narracións Pájaro pinto (1927) e Luna de copas (1929); e a biografía Luis Candelas (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de seu pai, Gregorio Espinal (Sevilla? - 1746) e de Domingo Martínez. A súa obra caracterizouse pola pincelada lixeira e por unha estética achegada ao rococó. Entre as súas obras destacan Santas Justa y Rufina (1759) e a cúpula da igrexa de San Francisco de Utrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. As súas creacións apareceron en diversas publicacións como Atlántico Express, Mancomún, Cuadernos de Psicoloxía e Artesonado. Cómpre destacar a súa participación nas seguintes mostras colectivas: I Fotobienal de Vigo (1984), I Bienal Lucense de Fotografía (1985), exposición Ollares no Tempo (A Coruña, 1985); mostra Foco de fotografía contemporánea (Madrid, 1985); exhibición Cuatro por Veinte (Lugo, 1988); II Mostra Fotográfica de Lugo (1989); e mostra do Outono Fotográfico (Ourense, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor uruguaio. En 1940 recibiu unha bolsa do Círculo de Bellas Artes de Montevideo pola obra Circo al mediodía (1938). Alí, formouse con G. Laborde e J. Cúneo. Foi un dos fundadores do grupo Carlos Federico Sáez. Traballou con diferentes técnicas e realizou retratos, escenografías, deseños gráficos e intervencións urbanas. Na súa obra, que evolucionou dende o neoimpresionismo á pintura matérica, está presente a figuración. Foi asesor plástico da presidencia da República de Uruguay (1985) e proxectou, entre outras, a decoración da residencia presidencial. Participou, entre outras mostras, nas bienais de Venecia e de São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, diversas medallas no Salón Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor peruano. Coñecido polo pseudónimo de El Lunarejo, seguiu a tendencia culteranista. Da súa produción destaca Apologético en favor de don Luis de Góngora, príncipe de los poetas líricos españoles (1662) e uns comentarios a Os Lusiadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Madrid entre 1645 e 1677. Especializouse na arte do bodegón. Entre as súas obras destacan Bodegón con uvas y manzanas e Bodegón con flores y frutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Toledo e Madrid entre 1612 e 1626. Cultivou o retrato, a pintura relixiosa e o bodegón. Entre as súas obras destacan Bodegón con bandejas de plata (1624) e Santiago el Mayor (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Espiñoso (Cartelle). De estilo barroco, construíuse en 1749 e ampliouse en 1780. No seu interior destaca a ábsida cuberta con bóveda de crucería, o retablo maior neoclásico e os retablos laterais, un con elementos aproveitados dunha obra anterior do s XVIII e outro de finais do s XIX. Na fachada sobresaen os capiteis vexetais das pilastras que flanquean a porta, a espadana e o escudo de armas dos Zúñiga e Biedma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador venezolano. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas Arturo Michelena de Valencia (1953) e na Escuela de Artes Aplicadas Cristóbal Rojas de Caracas (1955-1957), e ampliou estudios en Berlín, París e Roma. Foi director do movemento El Círculo del Pez Dorado e pertenceu ao Centro de Enseñanza Gráfica (CEGRA) e ao Taller de Artistas Gráficos Asociados (TAGA). Participou en 1967 na creación da Galería de Arte Nacional e no proxecto de creación da Escuela de Artes Plásticas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fricativo.

    2. Aplícase ás articulacións que teñen un grao menor de estreitamento da canle supraglótica, de tal maneira que deixa de percibirse claramente o ruído de fricción que caracteriza as fricativas. Só é audible un sopro, que constitúe o criterio de clasificación destas realizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do SL do Brasil, situado nos contrafortes orientais da Serra dos Aimorés (46.184 km2; 2.802.707 h [estim 1996]). A capital é Vitória. Está drenado por numerosos ríos, entre os que destacan o São Mateus e o Doce. O clima, cálido e húmido, favorece a existencia dun denso bosque tropical con madeiras preciosas, como a do loureiro negro, da que é o primeiro exportador nacional. A poboación é máis densa cara ao S, con terras máis fértiles. A principal actividade económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de café, no val do río Doce, o cacao, a cana de azucre, o arroz e o millo. A aplicación de novas técnicas de cultivo situaron este estado entre os primeiros produtores de café do país. En canto ás industrias, existen pequenas fábricas do sector téxtil e alimentario, principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde suprema de cabalería do Reino de Francia, fundada por Enrique III en 1578 coa divisa Duce et aspide. Composta orixinalmente por cen cabaleiros escollidos polo monarca, que tiña o rango de gran mestre, dividíase en tres clases de individuos: grandes oficiais comendadores, oficiais e cabaleiros. Para formar parte dela esixíanse probas de nobreza. Suprimiuse en 1789 pero, trala Revolución Francesa, Luís XVIII confirmouna. Desapareceu despois da Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico escolar aparecido na vila do Carballiño en 1935. Editárono os alumnos da escola graduada da localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da República de Vanuato, no Océano Pacífico, a máis grande do arquipélago, cunha superficie de 5.000 km2. De orixe volcánica, a maior parte da illa está cuberta por bosques e só o 9% da súa superficie está cultivada. A principal actividade económica é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘víscera’.

    VER O DETALLE DO TERMO