"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Escritor chileno. Preocupouse pola renovación da linguaxe e incorporou experiencias persoais. Dos seus libros cómpre destacar El entusiasmo (1967), Tiro libre (1973), La insurrección (1981), en que trata a loita política en Nicaragua; El cartero de Neruda (1985), levada ao cine en 1995; Ardiente paciencia (1986) e El baile de la vitoria (Premio Planeta 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Deporte de xeo, creado en 1901, en que os corredores baixan unha pista peraltada de menos dunha milla de lonxitude, deitados cara a abaixo, sobre un artefacto monopraza que descansa sobre dous patíns de aceiro que esvaran por riba do xeo.
-
Artefacto con que se practica este deporte.
-
-
PERSOEIRO
Poeta inglés. Foi un destacado humanista, e Erasmo proclamouno o Homero británico. Escribiu The Bowge of the Courte (1504), Colin Cloute (1522), Why Come Not to the Court? (1522), Philip Sparrow Book e The Garlande of Laurell (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, teórico e crítico literario ruso. Foi o principal representante da escola formalista rusa, próxima ás correntes de vangarda. Publicou numerosos estudos sobre teoría literaria, como Voskresěenije slova (A resurrección da palabra, 1914) e Tristan Šendi Sterna i teorija romana (Tristan Šendi Sterna e a teoría da novela, 1921). Durante a década de 1930 adoptou os elementos da crítica oficial con obxecto de continuar a investigación formalista. Destacan Pamjatnik naučnoj osibke (Monumento a un erro científico, 1930), Tetiva. O neskhodstve skhodnogo (A corda do arco. A desemellanza do semellante, 1970) e Lev Tolstoj (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Estudou a natureza dos planetas e das nebulosas, por medio de métodos espectroscópicos, e descubriu en 1914, independentemente de Max Wolf, a rotación das nebulosas. As súas investigacións deron lugar á teoría da expansión do Universo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial creada en Madrid en 1951 por un grupo de profesores marianistas. En 1977 intregouse na Fundación Santa María, da Compañía de María. Mantén dúas liñas editoriais: unha de material escolar e outra de publicacións centradas na literatura infantil e xuvenil. Nesta última liña centráronse as súas coleccións El Barco de Vapor, Gran Angular e SM Saber, así como os premios, do mesmo nome, que convocan anualmente.
-
PERSOEIRO
Político lituano. Despois da Primeira Guerra Mundial foi presidente do Consello Nacional (1917) que proclamou a independencia de Lituania. Nomeado presidente da República Lituana (1919-1920), deu un golpe de estado (1926) e implantou un goberno autocrático. Ao producirse a anexión de Lituania a Rusia (1940) fuxiu a Alemaña e despois a EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo. Estudou medicina nas universidades de Illinois, California e Johns Hopkins, e foi profesor das universidades de Michigan e Johns Hopkins. En 1978 recibiu, xunto W. Arber e D. Nathans, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos traballos sobre os enzimas de restrición e as súas aplicacións nos problemas de xenética molecular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Fundador da Acción Socialista Portuguesa (1968), foi elixido deputado en 1969. Exiliado en Francia desde 1970 e vinculado á Segunda Internacional Socialista, fundou o PSP (1972), do cal foi secretario xeral. Volveu a Lisboa en abril de 1974 e foi ministro de Asuntos Exteriores aos primeiros gobernos provisionais despois da revolución. Primeiro ministro (1976-1978, 1983-1985), abandonou a dirección do goberno e a secretaría xeral do PSP para aspirar á presidencia da república, que obtivo en 1986 e renovou en 1991. En 1996, esgotado o termo legal de dous mandatos, abandonou o cargo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei). De planta rectangular, ten dependencias auxiliares e alpendres unidos aos laterais da fachada de acceso. Nun extremo atópase a antiga torre de planta cadrada realizada en cachotaría, con reforzos de granito nos vans. Foi propiedade das familias Ribadeneira, Aguiar e Maseda de Andrade. Sufriu varias reformas.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte. Foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela e fundador da Asociación de Amigos da Arte de Ortigueira. Despois dunha primeira etapa figurativa, centrouse na representación de paisaxes e ambientes caracterizados polo tratamento impresionista e a desestruturación. A luz representa o papel protagonista nas súas obras e o seu efecto sobre as cores, -fundamentalmente verdes, azuis, violetas e brancos, que incrementan a súa intensidade cara aos extremos- conseguiu dar aos seus cadros unha aparencia de irrealidade, especialmente nas representacións de ceos e de masas de auga. Destacan, entre outros, Palleiros de Ouro (1980) e Mar-silencio (2002). Recibiu o Primeiro Premio nos XI Certame Xuvenil de Arte da Coruña (1969) e no II Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Santiago de Compostela (1970), así como a Medalla de Ouro do IV Salón de Arte da Coruña (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que xa se mencionou con anterioridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feitos ocorridos no lugar de Sobredo, en Guillarei (Tui) en 1922, que tiveron como resultado a morte de tres labregos. Os antecedentes estiveron na extensión da idea da abolición da renda foral que, despois do Congreso Agrario de 1922, se convertera nun tema fundamental dos mitins políticos. En Tui, o cacique local e ministro de Gobernación, Mariano Ordóñez, tentou evitar a xeneralización destas ideas e ordenou numerosas detencións. Basilio Álvarez presentouse na cidade para xestionar as liberacións e o 16 de novembro, a Federación Provincial Agraria de Pontevedra, declarou a folga. O gobernador ilegalizou as Sociedades Agrarias de Areas, Malvas, Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns, Páramos, Baldráns, Caldelas e Guillarei. Cando o 28 de novembro de 1922 se presentou o xuíz de Tui coa Garda Civil en Sobredo para embargar a un veciño por non pagar o foro, tivo lugar o enfrontamento co pobo, no que morreron tres persoas. O feito provocou unha nova folga que se iniciou o 4 de decembro. No lugar...
-
-
de sobreexpoñer ou sobreexpor.
-
Que foi exposto con anterioridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie inferior dunha pedra picada que descansa sobre a cara superior da que está debaixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
puerperio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de sobrepoñer ou sobrepor.
-
-
Quentamento dun vapor por riba da súa temperatura de ebulición. Algunhas máquinas térmicas traballan con vapor de auga a unha temperatura bastante superior a 100°C, é dicir, con vapor de auga sobrequentada.
-
Quentamento excesivo dun metal que produce unha alteración da súa resistencia mecánica e, no caso do aceiro, aumenta a fraxilidade a causa do desenvolvemento de determinantes grans por absorción dos grans contiguos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do ánimo que pode provocar movementos reflexos inconscientes producida por unha sensación súbita de perigo.