"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Constante fundamental da Física, de grande importancia en mecánica estatística. É o resultado do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro N<J>A</J>:k = R/N<J>A</J>, e o seu valor é k = 1,380662·10-23 J·K-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación do transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que relaciona a entropía S dun sistema (magnitude macroscópica) e o número de estados microscópicos accesibles polo sistema, W (magnitude microscópica): S=k·1nW, onde k é a constante de Boltzmann. No cero absoluto (T=0K) todas as partículas do sistema están no estado fundamental e S=0, o que está de acordo co terceiro principio da termodinámica (ou teorema de Nernst).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei de Stefan-Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Desenvolveu, xunto con J. W. Gibbs e J. C. Maxwell, a Mecánica Estatística. Foi profesor de Física en Graz, Múnic, Leipzig e Viena desde 1895 ata o seu suicidio, en 1906. Inspirado polos traballos de Maxwell, interpretou as leis da Termodinámica a partir da Mecánica das moléculas e con métodos estatísticos. O seu teorema H (1877) permitiu explicar o segundo principio da Termodinámica. Enunciou o principio da equipartición da enerxía e demostrou teoricamente a lei experimental de Stefan, que pasou a chamarse lei de Stefan-Boltzmann, a partir do ciclo de Carnot (1884). Entre as súas obras cómpre salientar Leccións sobre a teoría electromagnética de Maxwell, Teoría cinética dos gases (1895-99) e Leccións sobre os principios da Mecánica (1904)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, situada na rexión da Costa do Mar Negro (10.575 km2; 537.300 h [1990]). A capital é Bolu (60.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao bolxevismo.

    2. Partidario do bolxevismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia. No segundo congreso do partido, celebrado en Bruxelas e en Londres (xullo-agosto de 1903), enfrontáronse dúas concepcións contrapostas: Lenin quería un partido reducido e disciplinado de revolucionarios profesionais (a vangarda do proletariado); Martov e Pavel Aksel’rod avogaban por un partido de base ampla segundo o modelo dos partidos socialdemócratas europeos. Lenin foi o derrotado no referente aos estatutos. O seu grupo, sen embargo, obtivo a maioría na designación dos cargos do partido. De aquí vén o nome de bolxeviques (maioritarios) para os partidarios de Lenin e o nome de menxeviques (minoritarios) para os de Martov. Os dous grupos separáronse na Conferencia de Praga (1912). En 1914 pronunciáronse contra a Primeira Guerra mundial. Os bolxeviques constituíronse en partido independente e, en maio, publicaron o seu periódico Pravda....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrónomo e escritor húngaro. Calculou as órbitas de varios cometas, traballou nas bases da Xeometría e publicou no 1832 Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras). No eido da literatura publicou Öt szmorújáték (Cinco traxedias, 1817) e Párisi per (Proceso en París, 1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático húngaro. Fillo de F. W. Bolyai, foi un dos fundadores da Xeometría non euclidiana. Publicou o seu primeiro traballo como apéndice da obra do seu pai Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras, 1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano de Bozen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, teólogo e matemático. Sacerdote católico, estudiou e foi profesor na Universidade de Praga ata que tivo que abandonala en 1819 polas súas ideas pacifistas. Oposto ao idealismo kantiano, desenvolveu unha filosofía científica coa súa concepción da Lóxica como estudo das Sätze an sich (‘proposicións como tales’) en tanto que algo obxectivo, e coa súa contribución á fundamentación das Matemáticas. Descubriu e levou a cabo estudios sobre os paradoxos do infinito formulados clasicamente por G. Cantor. As súas obras máis importantes son Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837) e Paradoxien des Unendlichen (Paradoxos do infinito, 1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado [a,b] da recta real e nos extremos colle os valores y(a) e y(b), de signos opostos, como mínimo anúlase nun punto interior de [a,b].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que a función y(x) é converxente en xDη se, e soamente se, para cada número

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema empregado no estudo de máximos e mínimos. Afirma que para unha función y(x) continua no intervalo pechado [a,b] da recta, hai un valor que é máximo absoluto e outro que é mínimo absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema referido á existencia de series de funcións. Afirma que todo conxunto real pechado, cun número infinito de puntos, ten como mínimo un punto de acumulación; isto é, que se pode extraer unha sucesión de puntos converxente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de danza da Academia Oficial de Ballet e de Ópera. Foi fundada en Moscova no 1776 e entre os anos 1820 e 1830 desenvolveu un papel determinante na creación do ballet nacional ruso. Despois da revolución de 1917 conservou o seu carácter oficial e ampliou a súa proxección internacional. Debido á disolución da Unión Soviética e á fuxida dos seus mellores artistas cara a Occidente, atravesa unha crise importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República Democrática do Congo, situada na desembocadura do río Congo (135.284 h [1994]). Centro comercial e activo porto exportador do seu hinterland, na época colonial (de 1884 a 1927 foi a capital do Congo Belga) era o punto onde se embarcaban a maior parte dos produtos das plantacións congolesas (café, cacao e bananas, principalmente).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artefacto de ferro ou doutro material resistente, de forma xeralmente esférica ou cilíndrica, cheo de pólvora ou doutro explosivo, provisto de mecha ou espoleta. O termo aplícase especialmente ao artefacto metálico e esférico que se disparaba cos morteiros e coas bombardas. En Europa comezáronse a utilizar estas bombas no s XV. Co tempo, o termo pasou a designar sobre todo os artefactos lanzados desde os avións e os lanzados ou colocados a man.

    2. bomba atómica ou nuclear

      Bomba cargada de materiais susceptibles de liberar dun xeito incontrolado a enerxía de fisión (bomba A ou atómica) ou de fusión (bomba H, de hidróxeno ou termonuclear) de determinados núcleos atómicos. O principio de funcionamento da bomba A é semellante ao dun reactor nuclear, no que a masa do combustible (normalmente uranio 235 ou plutonio 239) é amplamente superior á masa crítica; inicialmente, o combustible está fragmentado; a explosión prodúcese ao achegar os fragmentos entre si bruscamente. Para aumentar o rendemento e a eficacia dunha bomba A cómpre empregar combustibles practicamente puros; os utilizados normalmente son o uranio 235 e o plutonio 239. A obtención do primeiro é difícil e cara, porque non é posible separalo quimicamente do uranio natural e hai que recorrer a procedementos físicos como a difusión gasosa; o segundo, que aparece como subproduto nos reactores de uranio natural, pódese illar por procedementos químicos clásicos. Na bomba H, a fusión dos núcleos de átomos...

    3. bomba bacteriolóxica

      Bomba cargada de microorganismos patóxenos susceptibles de ser espallados ao rebentar a carcasa do artefacto.

    4. bomba de cobalto

      Bomba nuclear na que o aceiro que habitualmente constitúe o corpo se substitue por cobalto sometido a un intenso bombardeo de neutróns. Este bombardeo fai que o cobalto se transforme en núcleo radioactivo de vida media longa (5 anos). Experimentada en 1953, está considerada como unha arma de guerra radioactiva de efecto nocivo extremo, debido a que a permanencia da radioactividade imposibilita a existencia posterior de vida.

    5. bomba de hidróxeno/bomba H

      Bomba nuclear baseada na fusión de núcleos atómicos.

    6. bomba de napalm

      Bomba incendiaria que contén unha substancia inflamable composta de gasolina e xabróns de aluminio; esta mestura transforma o combustible nunha xelatina denominada napalm.

    7. bomba de neutróns/bomba neutrónica

      Bomba de hidróxeno na que os compoñentes están dispostos de xeito que a penetración da radiación neutrónica é maior ca a producida pola explosión nuclear común. A explosión destrúe os seres vivos, pero deixa intacta unha boa parte da materia inorgánica da superficie afectada. A súa orixe data de 1957, aínda que non foi probada ata 1977.

    8. bomba explosiva

      Bomba provista de carga explosiva. Pódense distinguir diversos tipos: as bombas fragmentadoras basean a súa acción na metralla producida ao esnaquizarse a carcasa; as bombas demoledoras teñen un efecto que é consecuencia da onda de choque producida pola explosión da carga; as chamadas bombas perforantes van provistas de cascos perforadores de blindaxes. Ás veces as bombas explosivas teñen espoletas que permiten prefixar o momento da explosión: son as chamadas bombas de retardo.

    9. bomba foguete

      Bomba de aviación, autopropulsada grazas á enerxía que produce a combustión dun carburante.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aparello destinado a provocar o movemento dun fluído ao longo dun conduto, nun sentido determinado, mediante unha achega de enerxía mecánica que se transforma nun aumento de altura de carga. Distínguense dous tipos de bombas: as turbobombas e as bombas volumétricas. As primeiras (a miúdo chamadas bombas centrífugas) están baseadas no incremento de enerxía cinética comunicado á masa fluída pola rotación dunha roda de paletas e na transformación subseguinte desta enerxía cinética en enerxía de presión. As segundas fundaméntanse na variación de capacidade dun espacio comprendido entre unhas pezas móbiles e unhas pezas fixas, que aumenta cando se comunica co lado de aspiración e diminúe cando o fai co de impulsión, de xeito que en cada ciclo se transporta un mesmo volume de fluído. Se é preciso que a bomba sexa autocebada, son máis apropiadas as bombas volumétricas ca as turbobombas. Debido á cavitación, o caudal máximo queda limitado a un valor crítico....

      2. bomba de aceite

        Bomba que subministra o aceite necesario para a lubrificación dun motor de explosión accionada polo xeral polo mesmo motor mediante a árbore de levas.

      3. bomba de auga

        Bomba que nun automóbil forza a circulación da auga de refrixeración entre o bloque motor e o radiador.

      4. bomba de baleiro

        Bomba que se utiliza para eliminar o aire ou outros gases dun recipiente ou recinto, para diminuír a presión.

      5. bomba de gasolina

        Bomba que, ao ser accionada pola árbore de levas, aspira a gasolina do depósito e faina chegar ao carburador dun motor de explosión.

      6. bomba de inxección

        Bomba de inxección.

    1. Aparello para inflar globos e outras cámaras de aire.

    2. Segmento de tubo en forma de U que se empalma a algúns instrumentos musicais de metal e que se pode sacar máis ou menos para modificar a súa afinación.

    3. calorímetro de bomba.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO