"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Caíno, é autodidacta. Comezou a súa traxectoria artística en Londres (1970-1972). Traballa o óleo, a acuarela e o debuxo e colabora na ilustración de libros e en diversos xornais. Realizou paisaxes do seu redor, tanto de interior como mariñeiros, e centrouse fundamentalmente na figura humana. Nas súas obras combinou elementos cubistas e expresionistas, aínda que evolucionou cara a unha liberdade de estilos. Destacan A noite do cometa, Muller roxa, Nenos xogando, Esmorga e Maternidade gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista alemán. Foi profesor en Wittenberg, descubriu os corpúsculos táctiles que despois foron estudados por Pacini e estudou a ampola hepatopancreática (ampola de Vater).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vigo. Inaugurado en 2003 e dedicado a aqueles ámbitos que estivesen relacionados coa comunicación humana, o edificio foi proxectado por César Portela, con catro plantas unificadas por unha caixa de luz que as atravesa. O deseño expositivo organizouse en 29 cubos, con 81 módulos ou unidades informativas que desenvolveron as diferentes temáticas, que se agrupan en catro disciplinas xerais: linguaxe, ciencias, literatura e tecnoloxía. Ten un andar reservado á exposición permanente e outros espazos dedicados a mostras temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das pezas óseas que envolven ou substitúen a notocorda dos vertebrados e forman, en conxunto, un eixe óseo, denominado columna vertebral. Cada vértebra consta dun corpo vertebral, un par de proxeccións dorsais que se unen posteriormente para formar un arco neural, por onde pasa a medula espiñal, unha apófise espiñosa e un par de proxeccións ventrais. Nos vertebrados inferiores, peixes e anfibios, e na cola dos réptiles e dos mamíferos, as proxeccións ventrais únense para formar o arco hemal, por onde pasan os vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está provisto de columna vertebral.

      1. Relativo ou pertencente aos vertebrados.

      2. Cordado do subfilo dos vertebrados.

      3. Subfilo de cordados en que a notocorda se substitúe por unha columna vertebral, que está constituída por cartílagos cun cranio no extremo anterior. Comprenden as clases dos condritios, osteíctios, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

    2. Que está organizado ou estruturado segundo algún criterio determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás vértebras.

    2. columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dotar algunha cousa de estrutura ou cohesión interna ao organizar as súas distintas partes ou elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vibrar.

    2. Movemento suave de vaivén que se produce nun corpo que vibra.

    3. Movemento periódico dos puntos materiais que compoñen un sistema físico, orixinado por unha fonte de enerxía mecánica que provoca deformacións elásticas e a aparición de forzas externas ou internas que manteñen ou frean o movemento. Matematicamente unha vibración é unha combinación lineal de funcións sinusoidais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vibra ou que produce vibracións.

      1. Aparato que produce vibracións.

      2. Aparato que produce estimulación sexual, dotado dun movemento vibratorio regulable.

      3. Aparato ou dispositivo que produce vibracións mecánicas, que poden ser aplicadas a diferentes pezas ou corpos, con finalidades moi diversas.

      4. Dispositivo que, xunto cunha bobina de indución, produce vibracións nunha pequena lámina flexible. Ten aplicacións nos timbres e outros avisadores acústicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de percusión de láminas de aceiro, análogo ao xilófono, que se percute con diversos materiais. Un pedal expresivo regula a intensidade do son. A súa extensión é de tres oitavas, de fa2 ao fa5. Creouse na década de 1930 no ámbito do jazz e da música lixeira e posteriormente foi incorporado á orquestra sinfónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que, en forma de clorhidrato, se presenta en forma de pos cristalinos, amarelos e solubles en auga. É máis estable ca as tetraciclinas e emprégase nos mesmos casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que vibra.

      2. Aplícase á emisión fonemática que presenta un movemento orgánico, xeralmente lingual, moi breve, que interrompe e libera, sucesivamente, a corrente de aire aspirado. Articulatoriamente pódense distinguir en galego dúas variantes: a vibrante múltiple [r] grafada con r en posición inicial absoluta, en posición final ou cando segue a consoante nasal n (ramo, amor, enriquecer), e con rr en posición intervocálica (carro, arroz); e a vibrante simple [ɾ], que só se pode dar en posición intervocálica e grafada sempre con r (caro, cariño). Nas linguas románicas, hai dúas modalidades básicas de realizacións vibrantes: unha apical, típica do galego, o castelán, o catalán, o occitano, o italiano, o romanés e o portugués peninsular, e outra velar, normal en francés e en portugués brasileiro.

    1. Que fai vibrar de emoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moverse algo con movementos rápidos e repetidos dun lado a outro ou de arriba a abaixo.

    2. Manifestarse a voz dunha forma trémula e entrecortada.

    3. Estar alguén afectado por unha emoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vibra ou que pode vibrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lixeira vibración do son nos instrumentos de corda, obtida, cunha finalidade expresiva, por medio dun movemento de oscilación ou de tremor da man esquerda. Nos instrumentos de vento obtense mediante unha lixeira apertura ou trancamento dun orificio ou ben grazas a unha técnica especial de insuflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vibra.

    2. Que está constituído por vibracións.

    3. Que se acompaña de vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilanova de Arousa. Construíuse en 1947 en estilo neoclásico. Ten planta rectangular de nave única con capelas laterais. A fachada principal está organizada en dous corpos: no inferior atópase a porta cun frontón partido e, o superior, remata nun frontón triangular. A torre lateral ten catro corpos, o último octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Priluki, Ucraína 22.7.1888 - Hyannis, Massachusetts 16.8.1973) Microbiólogo ucraíno. Naturalizado estadounidense, estudou os microorganismos do solo e descubriu estreptomicina, substancia extraída do Streptomyces griseus, eficaz contra o bacilo de Koch e tratamento fundamental da tuberculose. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Cluj 31.10.1902 - Travancore 13.12.1950) Matemático húngaro. Creou a teoría da decisión estatística (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO