"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Comunidade de organismos errantes que habitan na interfase auga-aire, de dimensións máis grandes ca os organismos do neuston, e representados por cormófitos flotantes, como os dos xéneros Lemna e Azolla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Director de policía (1881-1884) e ministro do Interior (1902-1904), perseguiu duramente o movemento revolucionario. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Loveč, Bulgaria, situada na chaira do Danubio (122.149 h [2001]). É un centro comercial e industrial, e a cabeceira dunha importante comarca vinícola. Antiga cidade romana, foi conquistada polos húngaros en 1266 e polos turcos a finais do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de plexo ou de rede. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimetacrilato de metilo que se emprega como substituto do vidro na fabricación de obxectos e en decoración. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dun plexo raquídeo, con parálise fláccida e trastornos da sensibilidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rede de filamentos nerviosos ou vasculares.

    2. Plexo nervioso simpático que está situado preto da aorta.

    3. Plexo que dá troncos nerviosos para a innervación do membro superior, o pescozo e parte do peito e do ombreiro.

    4. Cordón vascular que a piamáter forma ao introducirse nos ventrículos laterais do cerebro.

    5. Plexo de fibras nerviosas que está situado entre as túnicas do estómago e do intestino delgado. OBS: Tamén se denomina plexo submucoso de Meissner.

    6. Plexo nervioso simpático, situado diante da aorta e do sacro, con moitas ramas que acompañan as arterias, que innervan esta rexión.

    7. Plexo de fibras nerviosas simpáticas que está situado entre as capas musculares do intestino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Influído polos pintores flamengos, especialmente por Roger van der Weyden, traballou en Cracovia e sobre todo en Nuremberg, onde a súa escola tivo continuidade. Da súa obra destaca Retrato de Georg von Lövenstein e as escenas da infancia de Xesús Cristo no retablo maior da igrexa de Santa Elisabeth en Breslau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de J. Haydn, ampliou os seus coñecementos musicais en Italia con D. Cimarosa e G. Paisiello. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo (1783). Establecido en París, converteuse en editor musical e fabricante de pianos. Compuxo obras de ton patriótico durante a Revolución Francesa, ademais de sinfonías, música de cámara e concertos, elegantes e refinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobre ou prego pechado e selado, que contén documentación que non pode ser lida nin publicada ata unha data determinada. Se contén un testamento ten que constar o lugar, a data, a filiación do testador, a presenza do notario e a manifestación do testador sobre o contido, coa sinatura do testador, das testemuñas e do notario.

    2. Aglutinación dos cabelos debida á sucidade, que forman un feltro onde se localizan parasitos, po e graxa.

    3. Figura da notación pneumática, conservada na proporcional da Idade Media, que indica a lonxitude e a ascendencia ou descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma específica que se orixina no interior dun terreo pola acción do xeo. Trátase a miúdo dunha acumulación de bloques dispostos nunha serie de pequenas ondulacións. É característica do sistema de erosión periglacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en formar pregaduras na parede dun órgano co obxectivo de reducir o seu volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia, situado preto do pantano de La Cierva e drenado polo río homónimo (3.413 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago Apóstol, declarada BIC en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio e idade do Lías, situado sobre o Sunemuriano e baixo o Toarciano. Algúns autores considérano un superestadio, e divídeno en Carixiano (Pliensbaquiano Inferior) e Domeriano (Pliensbaquiano Superior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Pliensbaquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Radical, denunciou o militarismo alemán en Des Kaisers Kulis (Os escravos do emperador, 1929) e Der Kaiser ging, die Generale blieben (O emperador foise, os xenerais quedaron, 1932), e foi un dos primeiros autores en analizar de forma crítica o papel de Alemaña durante a contenda. Publicou una triloxía sobre a guerra soviético-alemá, Stalingrad (1945), Moskau (1952) e Berlin (1954), que acadou un grande éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño e fillo adoptivo de Plinio o Vello. Coñecido como Plinio o Mozo, formouse con Quintiliano, exerceu como avogado e ocupou diversos cargos civís e militares. Autor do Panegyricus Traiano ditus, protexeu a algúns literatos da época e os cristiáns, que previamente condenara ao suplicio. Amigo de Tácito, estimou a elocuencia e proclamouse seguidor de Cicerón e Demóstenes, pero a súa oratoria foi artificial, como tamén as súas máis de 350 Epistulae, ordenadas en dez libros, que constitúen a parte máis importante da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caio Plinio Cecilio Segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caio Plinio Segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Coñecido co nome de Plinio o Vello, autor segundo o seu sobriño de obras históricas e gramaticais, cun estilo máis científico ca literario. Membro da clase dos equitas, cando subiu ao poder Vespasiano recibiu cargos de confianza. Redactou entón unha historia de Roma, hoxe perdida, e a Naturalis Historia, dedicada a Tito e publicada no ano 77, a súa única obra conservada, en que constan moitos datos. Conselleiro de Tito, estaba considerado un dos homes máis eruditos da Roma da época. Partiu o 24 de agosto do ano 79 para tomar notas da erupción do Vesubio e morreu nesta empresa, sepultado pola corrente volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO