"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • de arrepoñerse e arreporse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrestar.

    2. Pena de privación de liberdade dunha persoa durante un período breve de tempo, imposta polas autoridades civís ou militares.

    3. Pena prevista no Código Penal que consiste na privación de liberdade e o internamento en prisión, desde unha a vinte e catro fins de semana consecutivas, cunha duración de trinta e seis horas cada unha. Esta pena substitúe as penas de arresto maior e menor previstas no anterior Código Penal.

    4. Arresto menor que o reo cumpre no propio domicilio.

    5. Sanción administrativa, diferente da detención, que podía decretar o gobernador civil, o director xeral de seguridade ou o ministro da Gobernación en substitución do pagamento das multas. A Constitución Española, que non admite máis forma de privación da liberdade que a imposta polos xuíces ou polos tribunais, aboliu esa figura penal.

    6. Pena de reclusión aplicable á comisión de determinados delitos que pode durar dende un mes e un día ata seis meses. Esta pena prescribía aos cinco anos e xa non existe na actual lexislación penal española.

    7. Pena de carácter leve aplicable á comisión de determinadas faltas que pode durar dende un ata trinta días. O tribunal pode autorizar que o reo a cumpra no propio domicilio. Esta pena prescribía aos seis meses e xa non existe na actual lexislación penal española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: arrouto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Aos 12 anos realizou un ensaio de octeto, Nada y Mucho, e aos 14 anos, estreou en Bilbao a ópera Los esclavos felices. No ano 1822 marchou a París, onde mereceu a admiración de Cherubini. Ademais, entre outras obras, é autor de tres cuartetos para corda (1824), dunha sinfonía en re maior e de diversas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Soutomerille, concello de Castroverde, Lugo. Forma parte xunto coa Casa-torre de Abaixo da Casa-torre de Soutomerille. Foi reconstruída no ano 1590 por Bertomeu López Pallín e a súa dona Inés López da Barreira. Conserva tres saeteiras e ten acceso a través dun arco de medio punto. Foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento o 17 de outubro de 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetal sen raíces verdadeiras, como os protófitos, talófitos e briófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da forma lingüística que non se acentuada na raíz ou na base radical, pero si na vogal temática ou nas desinencias, en oposición ás formas con radical tónico ou rizotónicas. En calquera paradigma verbal do galego atópanse exemplos deste tipo de oposición: sobre a base radical cant- danse casos de formas arrizotónicas como cantaba (cant-a-ba), ou ben rizotónicas como canta (cant-a).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: andaboi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de arrotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: arroutada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de tornar ou tornarse rubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na filosofía de Leibniz, sistema dedutivo co que quería derivar, inventar e expresar conceptos complexos mediante símbolos alxebraicos e regras de combinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido arsénico. Coñécense tres tipos: M<H>I</H>H2AsO4, M<H>I</H>2HAsO4 e M<H>I</H>3AsO4 que son os sales mono-, di- e trimetálicos, que se obteñen por oxidación dos arsenitos. Todos os arseniatos son extremadamente tóxicos. Empréganse na industria, especialmente na estampación de tecidos, en medicina veterinaria e en agricultura como insecticidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido arsenioso. Coñécense deste os sales mono-, di- ou trimetálicos. O arsenito cúprico emprégase como pigmento co nome de verde de Scheele; o arsenito de cobre forma, co acetato do mesmo metal, o verde de Schweinfurt, empregado en pulverización como insecticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, actor, director e teórico teatral. Creador de diversas compañías de teatro de desigual fortuna, as súas achegas máis interesantes hai que situalas no eido da reflexión e das propostas de carácter teórico, sobre todo aquelas nas que enunciaba o Teatro da Crueldade, nas que reclamaba a recuperación dunha teatralidade renovada ou nas que mostraba a transcendencia doutras tradicións teatrais. Foi membro do grupo surrealista de Breton (1924), pero axiña rompeu con este para atacalo. Desta época son dous libros de poesías: L’ombilic des limbes (O embigo dos limbos, 1925) e Le Pèse-Nerfs (O Pesa-Nervios, 1927). Publicou L’art et la mort (A arte e a morte, 1929) e Le manifest du théâtre de la cruauté (O manifesto do teatro da crueldade, 1932), onde expuña a súa utopía dramática de influencia oriental. A única concreción das súas concepcións teóricas é Les Cenci, que foi un fracaso (1935). O seu libro El teatro y su doble, publicado orixinalmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto producido pola acción do home, en xeral os aparellos, as máquinas e outros dispositivos calquera.

      1. Calquera obxecto moble realizado, utilizado ou modificado polos seres humanos; neste sentido son artefactos os útiles líticos, a cerámica ou as pezas elaboradas en metal. Cando un obxecto só está utilizado, pero sen trasformar os seus atributos naturais, émpregase tamén o termo manuporte.

      2. artefacto-tipo

        Todo artefacto seleccionado para servir de estándar dunha mesma clase.

    2. Alteración producida nas preparacións microscópicas dun tecido natural por mor dos procesos preparatorios (inclusión, corte, tinxido, etc) previos á observación, polo que non ten significación patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección dun segmento arterial e do plexo simpático (rede de filamentos nerviosos) que o envolven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica practicada nunha arteria que se realiza para practicar unha sangría ou para introducir un catéter en caso de exploracións funcionais cardiolóxicas ou vasculares, ou de administración continuada de sangue, plasma ou líquidos terapéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO