"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1243-1276), fillo de Estevo II de Serbia. Mantivo a paz cos países veciños, conseguiu a unidade da Igrexa e do Estado e conciliou as diversas relixións. Creou unha moeda serbia e desenvolveu a explotación das minas de prata, chumbo, cobre e ferro. Destronado polo seu fillo Estevo V Dragutin, retirouse co nome de Simón ao mosteiro de Sopoćani (Novi Pazar).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono e protomártir cristián. Acusado de blasfemia polos xudeus helenistas, foi condenado polo sanedrín e morreu apedrado. No libro dos Feitos dos Apóstolos reprodúcese un discurso apoloxético seu, fundamental para comprender a evolución misional do primitivo cristianismo. Represéntase como un mozo imberbe e vestido coa dalmática. A súa festividade celébrase o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de wáter-polo. Participou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000. Proclamouse campión olímpico en 1996 e subcampión en 1992. Nos campionatos do mundo conseguiu a medalla de ouro en Perth 1998, e a de prata en Roma 1994 e Perth 1991. Nos campionatos de Europa gañou a medalla de prata en Atenas 1991 e a de bronce en Roma 1983 e Sheffield 1993. Foi máximo goleador do torneo olímpico en 1980, 1984, 1988 e 1992, dos mundiais en Madrid 1986, Roma 1994 e Perth 1998, e dos campionatos de Europa de Roma 1983, Bonn 1989, Atenas 1991, Sheffield 1993 e Sevilla 1997. Gañou a Copa de Europa de clubs co C N Barcelona (1982) e co Pescara italiano (1988), 4 títulos da Supercopa de Europa, 3 da Recopa de Europa, 5 ligas españolas e 4 ligas italianas. Designado mellor xogador do mundo en sete ocasións, en setembro de 2000 foi escollido membro do Comité Olímpico Internacional. Recibiu a Gran Cruz de la Real Orden del Mérito Deportivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estimar.

    2. alor ou aprecio que se ten por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen estimula.

    2. Aplícase aos medicamentos que aumentan ou fan máis activa unha determinada función ou actividade fisiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que estipula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e compilador grego. Escribiu sobre filosofía natural, lóxica, moral, política e arte. Conservánse só dúas das súas obras, fundamentais para o coñecemento das obras non conservadas doutros autores: Iοαννου Στοβαιου Aντολογιων (Antoloxía de Iohannes Estobeo) e Eκλογαι ϕ ισικαι και ετικαι (Églogas físicas e éticas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

    2. Ascidia da orde dos estolidobranquios.

    3. Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos meridianos ben desenvolvidos que forman unhas costelas lonxitudinais e dividen a cavidade en subcámaras. Existen formas solitarias e coloniais. Dous dos xéneros máis comúns son o Styela e o Dendrodoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Estonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Estonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo estoniano.

      2. Individuo do pobo estoniano.

      3. Pobo da familia finougria, vinculado cultural e lingüisticamente cos fineses do N, que se estableceu na rexión oriental do Mar Báltico ao redor do 4000 a C.

    1. Lingua que pertence á familia lingüística finougria (grupo baltofinés) do phylum urálico, que se fala principalmente en Estonia e en diversas colonias establecidas ao leste do lago Peipus, en Crimea, na rexión de Samara (Rusia), no Cáucaso, Siberia, Letonia e nos EE UU. Tense documentación dispersa desde principios do s XIII, e o primeiro texto escrito totalmente en estoniano, un catecismo bilingüe alemán-estoniano, é do 1535. Os primeiros textos son relixiosos. En 1637 Pastor H. Stahl publicou a primeira gramática do estoniano, escrita en alemán e baseada no dialecto do norte, destinada ao uso relixioso. En 1648, Pater J. Gutslaff publicou a obra Observationes Grammaticae circa Linguam Esthonicam, que inclúe tamén un dicionario alemán-latín-estoniano, baseada no dialecto do sur. En 1739 traduciuse a Biblia. Ten dous dialectos bastante diferenciados: o setentrional e o meridional. O estoniano estándar, que triunfou no primeiro terzo do s XX, baséase na variante...

    2. Arte desenvolvida en Estonia. Caracterízase pola fusión de diferentes elementos, entre outros, alemáns, rusos, suecos e dinamarqueses. As primeiras construcións datan dos ss X-XII. A partir do s XIII a arte desenvolveuse seguindo os modelos occidentais. O centro histórico de Tallinn foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1997. En Tartu destacan as ruínas da catedral do s XIII e a igrexa de San Xoán (ss XIII-XIV); e en Pärnu, as casas tradicionais de madeira con dúas plantas e a Torre Vermella, que pertenceu ás murallas de s XV. Do s XIV cómpre destacar os castelos de Tallinn, Narva e Kingissep, e as fortificacións e a catedral de Tallinn. Da época renacentista destaca a fachada da casa dos Xefes Negros en Tallinn, obra de A. Passer (1597). No eido da escultura destacaron, entre outros, E. Thiele, autor de diversas obras na casa do concello de Tallinn (1674), e C. H. Ackermann, autor do altar da catedral de Tallinn (1696), segundo o deseño do sueco N. Tessin fillo. No s XVIII...

    3. As primeiras mostras de cantos populares estonianos publicounas Robert Fählmann antes de 1850. Posteriormente, cómpre destacar a epopea nacional Kalevipoeg (Fillo de Kalevi), da autoría de F. R. Kreutzwald. Entre 1905 e 1915 desenvolveuse o movemento Noor Eesti, burgués e nacionalista, adherido ao decadentismo e ao simbolismo (Gustav Suits, F. Tuglas, Ernst Enno). En 1917 fundouse a revista Siuru, aberta ás vangardas e ás cuestións sociais, que contou con colaboracións de Marie Under e Artur Adson; en 1921 creouse o grupo expresionista Tarapita, que coexistiu co realismo, representado especialmente pola obra de Anton Tammsaare; e a partir de 1930 sobresaíu Mait Metsanurk. Despois da Segunda Guerra Mundial, algúns intelectuais emigraron, sobre todo a Suecia e Canadá (Bernard Kangro). Na poesía destacaron Lydia Koidula, Johann Liiv e, en xeracións posteriores, Juhan Smuul e Debora Vaarandi. Así mesmo, cómpre salientar a obra de Osvald Müür, Ilmar Sikemäe e Paul Viiding.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor francés, barón de Estournelles de Constant de Rebecque. Foi conselleiro da embaixada de Francia en Londres (1892-1894), deputado (1895) e senador (1904-1924) en Francia. Como representante do seu país acudiu ás dúas primeiras conferencias da Haia (1899, 1907). Escribiu, entre outras obras, La Politique française en Tunisie: Le Protectorat et ses origines, 1854-1891 (1891), Woman and the cause of the peace (1911) e Pour la Société des Nations (1921). En 1891 gañou o premio Thérouanne da Academia Francesa e en 1909 recibiu, xunto a Auguste Beernaert, o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guatemalteco. Avogado, foi ministro de Gobernación no gabinete de J. M. Reyna Barrios. Á súa morte, asumiu a presidencia do país o 9 de febreiro de 1898. Durante o seu mandato producíronse crimes políticos e aplicou a lei de fugas. Fundou a primeira universidade de obreiros en Guatemala. Tralos tiroteos producidos durante unha manifestación popular o 11 de marzo de 1920, aumentou a oposición ao seu goberno e restrinxíronlle os seus dereitos ao declarar que tiña as súas facultades mentais alteradas. Renunciou ao poder o 14 de abril de 1920 e foi encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Opúxose en 1880 ás reformas liberais e encabezou, xunto co seu irmán Santiago Estrada, a reacción dos católicos. Defendeu a través da revista Argentina as súas ideas en materia de educación relixiosa. Entre as súas obras destacan Génesis de nuestra raza (1861), El catolicismo y la democracia (1862), Ensayo histórico sobre la revolución de los comuneros en el Paraguay en el s XVIII (1865) e La política liberal bajo la tiranía de Rosas (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Gobernador da costa atlántica, sublevouse contra o presidente J. Santos Celaya (1909). Coa axuda dos banqueiros estadounidenses conseguiu ser proclamado presidente da República (1910). Un ano máis tarde, foi substituído por Adolfo Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A súa orixe está na igrexa da Praza, que se erixiu en 1859 tralo incendio da igrexa de Figueiroa (1855) e que se dedicou a san Paio. O templo que se conserva construíuse a comezos do s XX e despois dunha longa interrupción reanudáronse as obras en 1936. Trátase dun exemplo da arquitectura neomedieval que conxuga elementos románicos e góticos coas técnicas construtivas contemporáneas. No seu exterior destacan os contrafortes e a fachada principal, cun corpo central rematado nunha torre de planta cadrada aberta polos catro lados por un dobre arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pena restritiva da liberdade que consiste na expulsión do condenado do territorio nacional durante o tempo que dura a condena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desterrar a un país estranxeiro.

    2. Encontrar estraña algunha cousa, especialmente cando é nova.

    3. Sentir a ausencia de alguén.

    4. Provocar estrañeza algo ou alguén.

    5. Sentir estrañeza por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto causado por unha cousa estraña que produce sorpresa ou asombro.

    2. Cousa rara e extraordinaria.

    3. Propiedade de certas partículas elementais postulada como número cuántico, chamado número de estrañeza, e que equivale á hipercarga menos o número bariónico. As partículas normais, como o protón, presentan un número de estrañeza 0, e as partículas chamadas estrañas teñen valores enteiros de estrañeza. A estrañeza consérvase en interaccións fortes e electromagnéticas, pero non nas febles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar algo en mal estado ou inservible rompendo ou separando as súas partes.

    2. Tirar algo esparexéndoo de xeito desorganizado e desordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO