"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Alcohol primario, o segundo membro da serie dos alcohois alifáticos. É un líquido volátil, incoloro, de olor e sabor característicos, soluble en auga e tamén na maioría dos disolventes orgánicos. O etanol pódese obter sinteticamente a partir do acetilo ou a través do aldehído acético: CH3-CHO+H2 → CH3-CH2OH, ou a partir do etileno por hidratación catalítica ou por unha reacción de adición de ácido sulfúrico e posterior hidrólise a etanol. A obtención de etanol por síntese non desprazou a produción por fermentación de produtos naturais ricos en hidratos de carbono, incluso no dominio industrial. Emprégase moito nas bebidas alcohólicas, como disolvente, nas industrias e nos laboratorios, en perfumería, en farmacia como desinfectante e na fabricación de colorantes, cauchos e plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático. Cónsul en Veracruz, foi embaixador en Guatemala e México e ministro de Información, Propaganda e Arquivos de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Kent (560-616), fillo de Eormenrico. Converteuse ao cristianismo e protexeu a Igrexa anglosaxona. Recoñecido bretwalda, exerceu o seu dominio sobre os outros reinos de Inglaterra e elaborou o primeiro código de leis anglosaxonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo morboso de tomar éter como un estimulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á eteromanía.

    2. Que ou quen padece eteromanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • éter etílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Albert Camus publicada en 1942, considerada unha das obras máis destacadas do s XX. Trátase dun relato sobre a falta de paixón que, cun estilo directo, ritmo rápido e frases curtas, penetra na mente de Meursault, un oficinista que leva unha vida simple. Un día recibe a nova da morte da súa nai no asilo en que estaba internada. Asiste ao funeral sen demostrar dor ningunha pola perda e ao día seguinte fai amizade con Raymond e inicia unha relación con Marie, unha compañeira da oficina. A amizade con Raymond lévao a asasinar impulsivamente a un árabe, feito polo que é encarcerado e xulgado pola falta de sentimentos que amosa. O autor adiantouse á súa época ao ofrecer a deprimente imaxe dun home a quen a liberdade que exercita non o engrandece nin moral nin culturalmente, senón que máis ben o desespiritualiza e priva de solidariedade, entusiasmo e ambición, volvéndoo pasivo, rutineiro e instintivo nun grao case animal. Describe a carencia de valores da sociedade contemporánea como consecuencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, na Merindad de Pamplona, 40 km ao NO da capital (2.372 h [1996]). A industria, na que destaca a fabricación de pequenos electrodomésticos, é o principal sector de actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destaca Escuararen hatsapenac e un dicionario en catro linguas (eúscaro, latín, francés e castelán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Buruchkak (1910) e Beribilez (1931). Foi membro da Euskaltzaindia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á flor simple.

    2. Teoría botánica que defende que a flor das anxiospermas procede dun estróbilo simple de esporofilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Licenciouse en Belas Artes na Universidad del País Vasco (1985). Dende 1994 reside en San Francisco. A súa traxectoria pictórica evolucionou dende o expresionismo dos anos oitenta ata as propostas de carácter dixital. No ano 2000 realizou obras de grande e pequeno formato, entre as que destacan as series Guadalupana. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras mostras colectivas, en ARCO (1988, 1993, 1998-2001) e San Francisco Art Fair (San Francisco, 2000). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio (1985) e o primeiro premio de debuxo (1987) no Certamen de Artes Plásticas de Euskadi e o primeiro premio no IX Premio Internacional de Pintura Festivales de Navarra (Pamplona, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Euclides ou ás súas teorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (888-898) e conde de París. Tras ser recoñecido por Carlos III o Gordo como dux francorum venceu os normandos en Mountfacon (885) e foi coroado rei en Compiège (888). No ano 893 Carlos III o Simple obrigouno a compartir a coroa e recoñecelo como sucesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santo (Ri, Normandie 14.11.1601 - Caen 19.8.1680) Eclesiástico francés. Ordenouse sacerdote en 1625 e dedicouse a predicar entre as clases populares. Fundou a congregación feminina da Nosa Señora da Caridade do Refuxio (1641) para ofrecer ás mulleres desamparadas un lugar de acollida. Tamén fundou a congregación de Xesús e María (1643) para a formación de seminaristas. Foi o primeiro en facer unha elaboración teolóxica da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e tamén ao Corazón de María. Foi canonizado en 1925. A súa festa celébrase o 19 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristiá. Filla dun senador de Calcedonia, foi decapitada baixo Diocleciano (303-304?). Esta santa ten unha longa tradición en Galicia, por iso nove das máis antigas parroquias téñena como titular. Na iconografía viste túnica e manto de patricia romana, e leva como atributos unha espada cravada no peito ou na gorxa, unha roda dentada, un óso aos seus pés ou dous leóns. A súa festividade celébrase o 16 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que produce euforia, aplicado a unha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor grego. Activo en Atenas, das súas obras só se conserva unha estatua de Apolo (370? a C). Realizou, entre outras obras, dúas esculturas de bronce de Filipo de Macedonia e Alexandre o Grande, dúas estatuas colosais de Grecia e A virtude e o Combate de cabalería. Decorou o pórtico do Zeus Eleuteiro en Cerámico. Atribúeselle a redacción dun tratado sobre a proporción e a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Hispania. Segundo o Misal Romano de Galicia foi bispo de Illiturgi, vila na que sufriu martirio. No s VII o Rei Sisebuto levantou sobre o seu sartego un templo. En tempos da persecución sarracena trasladouse o seu corpo ao Val do Mao (O Incio), onde se venera dende aquela. A súa festividade celébrase o 18 de maio no Val do Mao, aínda que no Misal Romano de Galicia figura o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo euganeo.

    2. Individuo do pobo euganeo.

    3. Pobo umbro que habitou as costas do Mar Adriático. Durante o s VIII a C enfrontouse a vénetos e lígures nas chairas do Po. Trala conquista romana do seu territorio, os seus habitantes convertéronse en cidadáns romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO