"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Dolique, Siria 379?) Bispo de Samosata. Adversario dos arianos, aos que apoiaba o Emperador Valente, foi desterrado por este a Tracia (374). Á morte do emperador retomou o seu cargo (378), ata o seu asasinato por un ariano. A súa festa celébrase o 21 de xuño.
-
PERSOEIRO
Bispo de Vercelli (340-368), no Piemonte. Contrario ao arianismo, foi desterrado polo Emperador Constancio, primeiro a Escitópolis (355) e despois a Capadocia. Trala morte do emperador regresou a Vercelli, onde se dedicou á instrución e formación de sacerdotes. A petición do Emperador Xuliano asistiu ao concilio convocado por Atanasio en Alexandría, que lles concedeu o perdón aos bispos arianos a condición de que volvesen ao estado de leigos. Honrado como mártir, foi o primeiro bispo de Occidente que introduciu a vida monacal para o clero. Escribiu unha serie de cartas apostólicas con eloxios da vida monacal. A súa festa celébrase o 2 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (309-311). De orixe grega, foi desterrado de Roma a Sicilia polo Emperador Maxencio. Defendeu o perdón para os lapsi (cristiáns que renegaron da súa relixión). A súa festa celébrase o día 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos fentos que teñen os esporanxios coa parede constituída por máis dun estrato de células.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto bizantino. Cuestor e magister officiorum durante o reinado do Emperador Basilio II, foi o autor das sentencias que se recollen no manual de dereito Peira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Antioquía e bispo de Berea. Contrario ao arianismo enfrontouse durante o Concilio de Nicea (325) ao Emperador Constantino polo que foi deposto e desterrado. Escribiu un tratado contra Oríxenes e varias obras das que só se conservan fragmentos. A súa festa celébrase o 16 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma s II) Mártir cristián. Nun principio foi un xeneral romano, baixo Vespasiano e Tito, que loitou activamente contra os xudeus. Afeccionado á caza, conta a lenda que un día, perseguindo un cervo, viu que o animal lucía unha cruz entre a corna, e unha voz sobrenatural incitouno á conversión, polo que decidiu bautizarse xunto coa súa familia. De contado sucedéronlle unha serie de desgracias, quedou sen facenda e tivo que emigrar. Cando o Imperio entrou en crise, o Emperador Adriano fíxoo volver e seica obtivo grandes vitorias militares; pero, por terse negado a facer sacrificios ante os deuses, condenouno ao martirio. Comparte en Galicia o padroado dos cazadores con san Humberto e san Xián. Na iconografía viste a clámide dos militares romanos e leva como atributos persoais, un cervo cunha cruz entre a corna -ou só a cabeza ou a cornamenta do cervo-, amais dunha espada ou outros instrumentos de caza. A súa festividade celebrábase o 20 de setembro pero a reforma litúrxica...
-
-
Morte natural sen agonía.
-
Conxúnto de métodos que teñen como finalidade provocar unha morte sen sufrimento a enfermos terminais, ben por pedimento destes, ben por consideracións externas a eles contempladas dentro das diferentes lexislacións. Contémplanse dous tipos de eutanasia, a activa, onde a morte se provoca por acción, empregando determinados medios, xeralmente drogas, que aceleren ou produzan a morte; e a pasiva, provocada por omisión, ao non administrar, ou deixar de administrar, os medios necesarios que impidan a morte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á eutanasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papa (175-189). De orixe grega ou búlgara, foi martirizado polos arianos.
-
PERSOEIRO
Monxe grego. Sacerdote desde os dezanove anos, retirouse á vida monástica no ano 405. Tras residir en varios mosteiros armenios trasladouse ao de Pharan e desde alí á gruta de Dabor, desde onde evanxelizou os habitantes da ribeira do río Xordán. Unificou a igrexa oriental no Concilio de Caledonia. A súa festa celébrase o 20 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Sades. Enfrontouse ao Emperador Nicéforo pola defensa das imaxes no culto relixioso, polo que foi condenado ao desterro e posteriormente martirizado. A súa festa celébrase o 11 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Luni 220 - Roma 7.12.183) Papa (275-283). Estableceu que os mártires fosen cubertos coa dalmática e instituíu a bendición da colleita dos campos. A súa festa celébrase o 8 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido da 1,7-dihidroxixantona con ácido glucurónico. Denomínase tamén amarelo da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante do amarelo da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se esvaece aos poucos.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo, etnógrafo e xornalista inglés, fillo de sir John Evans. Formouse en Harrow, Oxford e Göttingen e foi correspondente do Manchester Guardian en Dubrovnik, antes de ser nomeado director do Ashmolean Museum de Oxford (1884). Formou parte da comisión do comité balcánico londinense que visitou Macedonia trala Gran Insurrección (1903). Realizou escavacións en Escandinavia, Dalmacia e os Balcáns antes de trasladarse a Creta en 1894, coa intención de iniciar as escavacións no outeiro de Kefala, pero a situación política da illa fíxoo desistir ata 1899. Entre 1899 e 1935, axudado polo arqueólogo escocés Duncan Mackenzie, escavou o palacio de Knossos e cuñou o termo minoico para referirse á cultura que se desenvolveu na illa de Creta durante a Idade do Bronce. Entre 1921 e 1936 realizou unha discutida restauración e reconstrución do palacio de Knossos. Entre as súas obras destacan The Slavs and European civilisation (Os eslavos e a civilización europea,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Traballou primeiramente como empregado de banca antes de abrir en 1880 unha librería na capital inglesa. Neses anos coñeceu a Aubrey Beardsley e a partir de 1898 dedicouse por completo á fotografía. A principios da década de 1890 realizou numerosas fotografías de catedrais medievais inglesas e francesas e doutros edificios de gran beleza arquitectónica. Seis anos despois da súa mostra titulada At Home Portraits (1891), expuxo parte da súa obra no Architectural Club de Boston, que completou en 1900 nunha mostra individual na Royal Photographic Society e no salón The Linked Ring Brotherhood. Neses anos, publicou artigos e fotografías nas revistas Camera Work, Amateur Photographer e Country Life. Participou tamén nunha mostra nas galerías do grupo Photo-Secession de Nova York e na Exposición Internacional sobre fotografía pictorialista de Buffalo (Nova York). Entre os seus recoñecementos, cómpre salientar unha medalla da Royal Photographic Society (1887),...
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Profesor de filosofía da mente na University of Oxford, desenvolveu a súa teoría seguindo a liña da tradición kantiana, baseada na idea de que o pensar ten o seu fundamento nas capacidades e habilidades corporais. Afirmou tamén, que os pensamentos sobre obxectos individuais son formas de inmersión no contorno. Entre as súas obras destacan Thruth and meaning: essays in semantics (Verdade e significado: ensaios sobre semántica, 1976), The varieties of reference (As variedades de referencia, 1982) e Collected papers (Traballos escollidos, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político galés. Licenciado en Dereito en Aberyswith, foi líder do partido nacionalista galés Plaid Cymri entre 1941 e 1981. Entre as súas obras destacan Cyfle olaf y Gymraeg (1962), Aros Mae (1971), Diwedd Preidendod (1981), Darlith goffa Dewi-Prys Thomas: Cymro, pesaer, athro (1987) e Fight for Welsh freedom (Loitar pola liberdade dos galeses, 2000). Recibiu o título doutor honoris causa pola Universidade de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO