"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Liñaxe galega inaugurada por Payo Méndez Sorrez de Soutomaior , asistente de Afonso VIII na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Despois de varias xeracións pasou a mans de Fernán Yáñez de Soutomaior e, á súa morte (1440), ao seu fillo Alvar Páez de Soutomaior . Morto sen descendencia, a Casa de Soutomaior pasou á súa tía, Mayor de Soutomaior , casada con Rui Sánchez de Moscoso, de quen descenderon os condes de Altamira. Desde 1472, Pedro Alvárez de Soutomaior , Pedro Madruga, herdou todos os bens da casa, que posteriormente pasaron aos seus descendentes ata Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , que desde 1703 inaugurou o ducado de Sotomayor. A liñaxe trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes, cargada cada unha dun cinguideiro de sable. Outro trae, en campo de prata, cinco faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Soutomaior. Datado no s XI, sufriu diversas ampliacións ata o s XV. Componse de dúas torres unidas por un corpo central que leva ao patio de armas e conta cunha torre de homenaxe e un foso sobre a ponte levadiza. Foi propiedade de Pedro Madruga e sufriu o asedio, en numerosas ocasións, durante as Guerras Irmandiñas. Durante o s XIX foi reconstruído por Antonio Aguilar, marqués de la Vega, e recibiu a visita de Afonso XII en tres ocasións. Foi declarado BIC en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Xornes (Ponteceso). Presenta planta rectangular, con muros de cantaría e cuberta a dúas augas. Destaca a galería, que sobresae do muro. Ten dúas portas enfrontadas que comunican dúas partes da propiedade. O conxunto está rodeado cunha muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arcade (Soutomaior). Ergueuse a finais do s XII, en estilo románico, pero reformouse posteriormente. De factura orixinal, consérvase a portada occidental, cun arco apuntado de transición cara ao estilo gótico e ábsida de planta rectangular, en que sobresae o arco de medio punto e a decoración dos capiteis e dos canzorros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Bola baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. De orixe prerrománica, foi restaurada en época barroca. Destaca a fiestra da ábsida, cuns barrotes verticais labrados en pedra e a fachada, barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Cibrao das Viñas. Orixinalmente, foi construída en estilo románico, do que só se conserva a decoración con canzorros do beiril. Sufriu varias modificacións en época barroca (ss XVII-XVIII), que afectaron especialmente á cabeceira do templo e á fachada, en que destaca especialmente a torre-campanario rodeada, nun dos seus corpos, por unha balconada. As molduras que rodean a portada, alintelada, recordan ao barroco de placas, e as cornixas curvas rematadas en volutas son de influencia portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suburbio do SO de Johannesburgo, República Sudafricana, formado por núcleos habitados por bantús (596.632 h [1991]). A mediados de 1976 producíronse grandes movementos de protesta pola obrigatoriedade do idioma afrikaans e despois pola política racista en xeral, que causaron 265 mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para a extracción continua dun sólido mediante un disolvente quente. Consiste nun depósito de vidro, dotado dun sistema para o baleirado automático e un brazo lateral para a circulación dos vapores que proveñen dun matraz fervedor que se encontra na parte inferior do aparato, no seu interior colócase un cartucho de papel poroso que contén o sólido que se quere extraer, de tal xeito que o líquido que se condensa no refrixerante que está na parte superior, pinga nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xaponés do estreito de La Pérouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josep de Ribera i Cucó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano de Split.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do extremo meridional de Calabria, Italia, situado na costa do Mar Xónico, nunha prolongación oriental do Aspromonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal británico publicado en Londres polos escritores J. Addison e R. Steele en 1711-1712. Integrado por ensaios sobre literatura e moral práctica, a miúdo en forma epistolar, o seu modelo foi moi imitado en toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto que nos instrumentos de corda produce o feito de facer saltar o arco varias veces sobre a corda coa mesma nota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. O seu pensamento estivo marcado polo problematicismo, que consiste a definir como ámbito xenuíno da filosofía á formulación de obxeccións ao saber xa establecido. Da súa obra destaca Il problematicismo (1976), Dal mito alla scienza (1966) e Dall’attuatismo al problematicismo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO