"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • frei (A Gudiña 1502 - ?) Emigrou a México en 1533, onde introduciu os primeiros vehículos rodados de América. Ingresou posteriormente na orde franciscana. Foi beatificado no ano 1600.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de cámara de Fernando VII (1815). Foi discípulo de Jacques-Louis David, pero a súa estética é máis ben prerromántica. Sobresaíu polo tratamento dos temas históricos nas súas obras, das que destacan El combate de san Marcial e El hambre en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafaela Díaz Valiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Víctor María Aparicio Abundancia. Pintor, músico e cantante. A súa actividade artística céntrase no campo da plástica -exposición na galería Ad Hoc de Vigo (1998)-, da música -é cantante do grupo Los coyotes- e da poesía. En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Achegouse tamén ao público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou diversos temas. O seu tema "Jaguarundi" foi o escollido por Televisón Española como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995. Ten no mercado diversos CDs: Lucha de migajas (2000), ¿A qué viene ahora silbar? (2004), Dos años...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de aparecer.

    2. Manifestación visible dun ser de características sobrenaturais. Entre as aparicións máis comúns que en Galicia acontecen están: as almiñas, que polo xeral veñen reclamar algo aos vivos, a miúdo causándolles medo, para podérense redimir e salvarse; as do urco, que aparece en forma de can grande, negro e de ollos brillantes; as do trasno, en forma de cabrito e argallando falcatruadas para asustar os que frecuentan lugares solitarios; e o demo, que fai tremer a quen o ten diante. A noite é o momento preferente das aparicións, e as corredoiras e lugares afastados e solitarios os espacios elixidos maioritariamente. Antano nos velorios ou en calquera outra ciscunstancia oportuna para o relato non era estraño escoitar historias vencelladas con aparicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enumeración que consiste na mención sucesiva das partes dun todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xentilicio documentado na inscrición dunha lápida sepulcral que se encontrou en Guitiriz, semella designar unha comunidade prerromana do convento xurídico lucense da Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa de entendimento curto, pouco espilida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remover unha galiña a terra en busca de vermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apartar ou apartarse.

    2. Separación do descendente da súa participación na herdanza que lle fora entregada por seus pais en vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a permanecer apartado.

    2. Quen é pouco sociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apartar.

    2. Que está a moita distancia, lonxe.

    3. Cada un dos fragmentos ou partes en que se divide unha cousa.

    4. Parágrafo dunha lei ou decreto.

    5. Modalidade do servizo de correos que permite que a correspondencia non se reparta a domicilio senón que se reserve na oficina de correos. A correspondencia localízase asignándoselle un número identificativo do destinatario, e deposítase nunha caixa na que permanece a disposición do usuario que ten contratado este servicio. A contratación dos apartados de correos renóvase anualmente. OBS: Tamén é frecuente que se denomine só co termo apartado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio que se deixa nos camiños estreitos para que os carros poidan apartarse e deixar pasar aos que veñen no outro sentido.

    2. Nunha estrada moi estreita, ancheamento que, disposto de tramo en tramo, permite o paso dos vehículos que circulan en sentido contrario.

    3. Apartadoiro constituído por unha vía de circulación, de gran lonxitude, paralela á xeral, á que pode ser desviado un tren lento, continuando a súa marcha normal mentres outro máis rápido o adianta pola vía principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ivenda nunha casa moderna que xeralmente está composta por un, dous ou tres cuartos e os correspondentes servicios de hixiene e cociña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desprazar un obxecto para un lugar determinado co gallo de deixar paso libre.

    2. Colocar algo ou alguén a moita distancia, moi lonxe.

    3. Axudar a unha persoa a que abandone unha actividade determinada que, en xeral, resulta nociva ou negativa para si mesma.

    4. Ocasionar o abandono ou a deixadez nunha persoa.

    5. Establecer diferencias de carácter ideolóxico, afectivo ou de calquera outro tipo entre dúas persoas máis ou menos próximas.

    6. Favorecer que dúas ou máis persoas deixen a discusión ou a pelexa.

    7. Colocar algo ou alguén á parte.

    8. Desprazar ou desprazarse para un lugar determinado, tentando deixar un espazo ou paso libre.

    9. Situar ou situarse máis lonxe ca o punto que tomamos como referencia.

    10. Perder ou perderse a proximidade e contacto entre dúas ou máis persoas.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de segregación das poboacións non brancas instituído de xeito oficial na República de Sudáfrica entre 1948 e 1991. A lexislación do apartheid clasificaba a poboación en tres grupos raciais: brancos, bantús ou negros e de cor ou mestizos, e posteriormente engadíronse os indios e paquistanís como unha cuarta categoría. Teoricamente destinado a provocar o “desenvolvemento por separado” das distintas comunidades raciais, traduciuse en leis discriminatorias para a maioría non branca: separación de razas, prohibición de matrimonios mixtos establecemento de zonas de residencia segundo razas ( Bantustan), organizando a xerarquía dos dereitos de cada grupo racial. O poder político pertencía á minoría branca, podendo asiáticos e mestizos exercer certos postos intermedios da administración. A poboación negra, que incluso tiña que presentar salvocondutos para circular por territorio branco, apenas gozaba de dereitos, e estaba obrigada a desempeñar postos subalternos; o ensino seguía...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aparvar.

    2. Que presenta as facultades mentais pouco desenvolvidas.

    3. Sorprendido por algún acto ou suceso inesperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda a súa capacidade de reaccionar ou discorrer.

    2. olverse parvo ou coas facultades mentais diminuídas.

    VER O DETALLE DO TERMO