"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta un aspecto sucio ou descoidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   bandalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Continxente militar creado en xullo de 1936, organizado e dirixido polo comandante Barja de Quiroga. A pretensión deste continxente era a de alistar soldados na retagarda galega e, unha vez conformado o grupo, fornecer o exército sublevado que combatía a II República. En agosto do ano 1936 saíron para a fronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fala moito e sen tino. SIN: baballón, badueiro, bardalleiro, barallocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua de carácter esotérico empregada polos membros dun determinado grupo social, especialmente os compoñentes de determinados oficios e profesións ambulantes para a súa comunicación. Entre eles contamos os afiadores ou paraugueiros, os xabarreadores, viveleiros, xingreiros e follateiros ourensáns que utilizan o chamado barallete; a verba dos arxinas, ou latín dos canteiros, é o termo utilizado polos canteiros e picapedreiros pontevedreses, principalmente os de Cotobade para designar a súa xerga; o chamado verbo dos daordes é o empregado polos telleiros da Guarda (chamada xíriga polos telleiros e canteiros asturianos); o latín dos chafoutas é a xerga dos albaneis, a verba dos cesteiros de Mondariz e as súas parroquias lindantes; a jalleira dos telleiros de Tomiño; etc. O seu especial modo de vida que os fai traballar entre ou para xente allea, orixina unha desconfianza que tentan superar desenvolvendo unha lingua que só resulta comprensible entre a xente dese...

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘idioma español’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fala de xeito atropelado ou carente de sentido. SIN: badueiro, baralleiro, bardalleiro, barulleiro.

    2. Quen fala esaxerando os feitos. SIN: baballón, badueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, drenado polo río Ripoll (25.484 h [1996]. As industrias principais, que se atopan en gran parte na beira esquerda do río, adícanse aos metais, maquinaria, accesorios para automóbiles, electricidade, reloxerías, fiaduras, xéneros de punto, produtos químicos, mobles, plásticos, cartón e cerámica. A poboación, que no 1900 era de 780 h experimentou un rápido crecemento durante o s XX, baseado na chegada de inmigrantes procedentes especialmente das rexións sudoccidentais do estado español, Andalucía e Extremadura. A primeira referencia documental a Barberà del Vallès remóntase ao ano 985. Dentro do termo, á esquerda do Ripoll, convertido en casa rural, está o antigo castelo de Barberá, mencionado xa contra o ano 1005. O castelo foi centro dun señorío, despois marquesado de Santa María de Barberá. No seu recinto encóntrase a capela de Santa Coloma ou Sant Jaume del Castell. A cidade abrangue o núcleo xurdido ao longo da estrada de Barcelona...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen fala moito e de forma enleada. SIN: baballón, badueiro, baralleiro, barallocas, barballeiro, barulleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz norteamericana. Comezou en montaxes teatrais como The sound of music (O son da música), e acompañando a Bob Hope. Na televisión interpretou Living dolls (Bonecas vivas, 1990). Foi galardoada co Premio Image da NAACP pola súa interpretación na serie Queen (Raíña). Outros traballos seus son: The last boy scout (O último boy scout, 1991), The finstones (Os picapedra, 1994), Race the sun (A carreira do sol, 1996) e Girl 6 (Rapaza 6, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial aparecida en Santiago de Compostela no ano 1949. Tentaba, coa publicación de obras de temática variada, un coñecemento máis profundo de Galicia e a difusión do mundo das artes, da literatura, da historia e da etnografía. Participaron neste proxecto Sánchez Cantón, Filgueira Valverde, Ramón Cabanillas, Gaspar Massó e Antonio Rey Soto, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial creada no ano 1885 por Andrés Martínez Salazar, que se encargou da dirección e da administración da empresa, e por Juan Fernández Latorre, que se responsabilizou do labor de impresión, empregando os talleres de La Voz de Galicia, xornal do que era fundador e propietario. Manuel Murguía será o primeiro autor en saír do prelo co seu libro Los precursores (A Coruña, 1885). Esta colección avogou pola literatura galega en galego e por iso reeditou Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, publicou os tres tomos de El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, cando maioritariamente se falaba de “dialecto” para a lingua galega, e presentou obras moi diversas: Soaces dun vello, de Benito Losada, e Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal. Máis tarde impúxose un eclecticismo. Un polémico libro titulado La propiedad foral de Galicia de Eduardo Vincenti, situou a liña editorial próxima ao Monterismo que, unido á importancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Adscrito ao Modernismo, traballou na cidade da Coruña onde deseñou edificios na rúa Bailén 8, san Nicolás 11 e 13, santo Andrés e na Barreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada formada na desembocadura do río Tambre, no fondo da ría de Muros e Noia, situada entre as puntas do Requeixo, ao O, (no litoral da parroquia de Outeiro, concello de Outes) e Abruñeiras, ao SL (parroquia de Barro, concello de Noia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de 1955 pola Agrupación Fotográfica Gallega.   No seu número 30 (1958) inclúense as seccións “Galicia Fotográfica”, “Cine” e “Ecos Sociales”, entre outras. Conta coas colaboracións de Salvador Lorenzana e Carlos Espinosa. Inclúese amais información sobre asociacións, exposicións, mostras, cursos e certames relacionados co mundo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor foi fundada en Bos Aires o 5 de xaneiro de 1905. O boletín naceu con periodicidade mensual no mes de outubro de 1909 e existiu ata o seu número 307, correspondente a abril de 1935. O seu primeiro director foi V. Micuci e desde 1917 sería o presidente da Comisión de Propaganda o que tería esa responsabilidade. O contido habitual da publicación eran as noticias do Val Miñor e as viaxes e novidades da asociación, principalmente, aínda que tamén tiñan cabida nas súas páxinas artigos dedicados á pedagoxía e á educación, así como a efemérides de Galicia. A presenza do castelán era maioritaria e a literatura estaba pouco representada, cando aparecía era case sempre en castelán. Entre os colaboradores galegos destacan: Basilio Álvarez, Curros Enríquez, Julio Camba, Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, Armando Cotarelo, Manuel Murguía, Antón Villar Ponte, Correa Calderón, quen presentaron artigos en prosa; Guerra Junqueiro, Francisca Herrera, Barcia Caballero,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido arredor do ano 1967, que desapareceu en 1968. Foi unha publicación bilingüe de carácter sindicalista e reivindicativo. Na primeira páxina facía un balance da historia sindical da universidade, baseada segundo o propio boletín na discusión e no debate das diversas posturas, e a promoción das primeiras asembleas libres.

    VER O DETALLE DO TERMO