"Alvar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 336.

  • PERSOEIRO

    Industrial ceramista. Principiou a súa experiencia laboral na Alemaña onde fundou unha fábrica na que decoraba a louza que comercializaba posteriormente. No 1922 trasladouse a Vigo, onde montou un obradoiro de cerámica. No 1939 anovou a fábrica, introducindo métodos industriais. Na década dos cincuenta e sesenta, sucedeu a Manuel Álvarez Pérez na dirección do Grupo de Empresas Álvarez e chegou a controlar o 40% da produción de porcelana de España e o 70% da de louza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A súa obra está presente tanto en institucións como en coleccións particulares. Nos seus cadros, o xogo e o humor están presentes a partir de repertorios iconográficos familiares, cunha poética propia do mundo das tres dimensións, con series nas que hai variacións de esquemas no que se inspira a repetición dun motivo, xeralmente formas xeométricas e circulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador que traballa finais do século XIX. No ano 1898 encargouse de pintar o retablo colateral de Santa María de Vide (As Neves)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    É propietario e maître de Casa Alfredo (Mos), e o primeiro e actual presidente-fundador da Asociación Galega de Sumilleres. Paralelamente desenvolve un importante labor docente, impartindo dende 1997 cursos de sumiller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre dunha escola primaria en Santiago. Dirixiu nesta cidade o xornal El Eco del Magisterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizou estudios de Medicina na Universidade de Compostela e morreu ao pouco de rematalos. En 1875 foi galardoado nos Xogos Florais de Santiago polo poema “A romería”, publicado en El Heraldo Gallego e O Tío Marcos da Portela. En castelán escribiu o conto Unas memorias. Cuento original (1871), os poemarios Primeros ecos de una lira (1871), Mi tributo a Galicia (1871), Senda de abrojos (1874) e Baladas (1876). Obtivo un premio literario na Coruña pola composición “Al trabajo” e colaborou en El Diario, Alfar e El Alacrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estudou Filosofía, Teoloxía e é doutor en Ciencias da Información. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi delegado da Voz de Galicia en Santiago, director xeral de Cultura da Xunta e coordinador xeral das Xornadas do Cine en Ourense. Publicou traballos monográficos sobre comunicación e cultura, medios de comunicación e audiovisuais en Galicia. Durante a súa estadía á fronte da Dirección Xeral de Cultura promoveu a posta en marcha do Centro Dramático Galego en 1984 e consolidou as axudas para a produción e distribución de espectáculos teatrais. Tamén ocupa un lugar importante no cine galego desde os anos setenta. Coa organización das Xornadas de Cine en Ourense, en que colaborou de maneira moi especial de 1973 a 1978, contribuíu a impulsar a recuperación do cine galego. Durante o seu mandato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito e Xornalismo. Dirixiu diversos semanarios, revistas e xornais (El Mundo, Mundo Diario, Interviu e Periódico de Cataluña). Publicou obras de carácter xurídico, libros de colaboración e outros referidos a diversas temáticas como: Historia de la Falange (1969), Matesa, más allá del escándalo (1974) e Maldito mercado, Manifiesto contra el fundamentalismo neoliberal e Los 90 ministros de Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo castelán. Escribiu sempre en colaboración co seu irmán Serafín (Utrera, Sevilla 1873 - Madrid 1938) xunto a quen se iniciou no xornalismo. Escribiron duascentas obras, entre comedias e sainetes que recrean unha Andalucía na que a vida é idílica. Destacan: El patio (1900), El genio alegre (1906), Malvaloca (1912), La boda de Quinita Flores (1925), La pícara vida (1932) e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vencellado á Unión de Centro Democrático. Estivo presente na xuntanza o 10 de xaneiro de 1979 en Santiago no Pazo de Raxoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Ocupou un cargo na Jefatura Provincial de Educación e Descanso de Pontevedra. Literariamente foi máis coñecido co pseudónimo Manuel de Ventosela. Publicou moitos dos seus versos na revista viguesa Vida Gallega, recollidos case que todos no volume Lágrimas del corazón (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e líder agrarista. Estudiou o bacharelato en Ourense. Posteriormente ingresou no Seminario Conciliar de San Fernando, onde foi ordenado sacerdote. Pouco despois principiou unha intensa actividade pública, colaborando en múltiples xornais como La Nueva Época, El Eco de Orense ou La Galerna. Foi alentador do ourensán Círculo Católico de Obreiros. Exerceu por primeira vez como abade rural en Parada de Laviote (O Irixo) onde no 1904 escribiu o seu primeiro folleto independente El cura rural. No 1907 marchou a Madrid para se establecer como capelán do marqués de Urquijo. Alí vencellouse aos círculos galeguistas, colaborando nas actividades do Centro Galego e coa revista Galicia, que dirixiu a partir do 1908. Publicou unha colección de contos titulados Por los agros celtas (1907). Xunto con Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, Luís Antón de Olmet, Prudencio Canitrot e outros fundou o movemento Acción Gallega, que dende 1910...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colaborador habitual da prensa de finais do XIX con versos costumistas. Acadou unha mención de honra pola súa poesía “O trasno” nos Xogos Florais da Coruña, celebrados en agosto de 1884, publicada posteriormente en Galicia Humorística. Aparece no “Apéndice” antolóxico da Literatura Gallega, de Carré Aldao co poema “Aos estudiantes portugueses”, de 1902. Entre 1882 e 1888 publicou na Coruña varias composicións en castelán tituladas Apropósitos de Carnaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou a súa memoria de licenciatura en 1986 sobre a lingua de Rosalía de Castro. Ten publicados estudios de crítica literaria no Anuario de Estudios Literarios Galegos e en Grial. Participou nos volumes colectivos Carles Riba e Galicia (1993), Comentarios de textos populares e de masas (1994) ou Luís Seoane. Día das Letras Galegas (1994). Fixo tamén as edicións Rosalía de Castro para nenos (1988), O catecismo do labrego e outros textos en prosa (1992), de Valentín Lamas Carvajal e Entrevistas con E. Blanco-Amor (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador. Publicou dous relatos en senllos volumes colectivos, “RATP”, premiado no VI Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo en 1980 e publicado en 1981, e “O tesouro de Petro Xesto”, accésit na VII edición do mesmo premio, editado en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta especializado en carreiras de fondo. Entre os seus maiores logros salientan a participación en tres finais dos Xogos Olímpicos: en México 1968 nos 3000 m obstáculos (11º clasificado) e en Múnic 1972 nos 5.000 e 10.000 m lisos (10º e 12ª clasificado respectivamente). Proclamouse campión mundial militar dos 3.000 m obstáculos en 1964. Acadou nos Campionatos de Europa en Pista Cuberta do ano 1969 a medalla de prata e a de bronce no 1970, ambas as dúas nos 3.000 m lisos. Nos Xogos do Mediterráneo gañou as medallas de ouro nos 3.000 m obstáculos en 1967 e nos 5.000 e 10.000 m lisos en 1971. En nove ocasións foi campión de España (5 de 5000 m lisos, 2 de 3.000 m obstáculos e outras 2 de 30 km ruta). Conseguiu 15 plusmarcas estatais; en 2.000 m lisos, 3.000 m lisos e obstáculos, 5.000 e 10.000 m lisos. Recibiu a insignia de ouro e brillantes do seu club, o Real Club Celta de Vigo. Militante do PS de G-PSOE, entre 1983 e 1995 foi concelleiro de deportes na corporación municipal viguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Exerceu ao longo do século XVIII como docente de Humanidades no lugar de Fefiñáns, preto de Cambados. Escribiu varias obras gramaticais como Método para la formación de los tiempos, así de las cuatro conjugaciones regulares como de todos los verbos deponentes, con la explicación de oraciones, la razón de ellas e sus principios, y otras importantes curiosidades a la clase mínimos y menores (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Padre da Compañía de Xesús dende 1862. Ensinou Gramática e Humanidades en Monterrei e Santiago de Compostela. É autor de varias obras inéditas sobre Galicia como a Historia general del Reino de Galicia, repartida en cinco libros..., obra interrompida que se conserva na Real Academia de Historia. Parece ser que tamén escribiu Epílogo de Santa Eufemia, Epílogo de la vida y martirio de Santa Marina de Aguas Santas e Predicación y viaje de Santiago a España, hoxe perdidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO