"Aman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Al-Bu ḥ ayra, Exipto, na parte occidental do delta do Nilo, ao SL de Alexandría (222.000 h [1992]). É un importante centro comercial de produtos agrícolas e un núcleo industrial (sector téxtil).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desamañar ou desamañarse.

    2. Que presenta un aspecto descoidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desordenar ou desorganizar algo que está ordenado.

    2. Facer que algo deixe de funcionar ben.

    3. Alterarse a orde ou a colocación de algo.

    4. Deixar de funcionar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de orde.

    2. Ausencia de coidado no aspecto persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a alguén a roupa de abrigo coa que se cobre.

    2. Sacar a roupa coa que se cobre ou abriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario francés. Defensor da escola romántica, fundou -xunto con Victor Hugo, Alexandre Soumet, Alexandre Guiraud, Alfred de Vigny, Saint-Valry e Desjardins- a revista La Muse française (1823-1824), órgano da doutrina romántica. Da súa produción destaca Études françaises et étrangères (Estudios franceses e estranxeiros, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por María Xosé Queizán en 1993 comprometido coa causa feminista, no que desenvolve unha reflexión sobre o poder da palabra e tenta construír un eu lírico feminino a partir da rebelión e da ruptura coas formas e valores establecidos polo home. A primeira parte, titulada “Despertar das amantes”, está formada por poemas amorosos dirixidos a outra muller. Son os máis intimistas, anecdóticos e reveladores da vivencia persoal. A medida que avanzan os poemas, o encontro erótico entre dous corpos femininos vai perdendo a súa condición de experiencia individual para converterse nun discurso máis abstracto e xeneralizador. Así, as dúas amantes que espertan xuntas pola mañá son dúas mulleres concretas que comezan xuntas un novo día. O despertar é tamén un acto simbólico: a muller libérase dos valores impostos tradicionalmente polo home e revélase como creadora dunha nova realidade solidaria. A segunda parte, “Escrita”, constitúe unha poética ao redor do xogo erótico que implica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foguete francés de tres etapas que se empregou para pór en órbita o D-1A, o primeiro satélite artificial lanzado por Francia. Medía 17 m e pesaba aproximadamente 17 tm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de diamantar.

    2. Que está cuberto de diamantes.

    3. Que posúe as calidades do diamante, especialmente o brillo ou a dureza.

    4. Que contén po de diamante na súa composición.

    5. Aplícase á peza ou figura do escudo que leva na súa parte central un diamante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a algo o brillo do diamante.

    2. Rectificar o perfil dunha moa de afiar por medio dun diamante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.

      1. ariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. Os átomos de carbono están unidos por enlaces covalentes fortes que dan lugar a tetraedros moi compactos e próximos uns doutros; isto determina tanto a súa dureza -de valor 10, máxima na escala de Mohs, polo que raia todas as demais substancias e non pode ser raiado por ningunha-, como o seu elevado punto de fusión (3750 °C). Ten un peso específico de 3,51. Nun principio mantíñanse sen tallar pero a partir da Idade Media empezáronse a traballar de xeito que os raios luminosos que a el chegan sofren unha refracción que os leva cara ao centro da pedra e reflicte a gama completa das cores do arco da vella, polo que é moi apreciado en xoiería como pedra preciosa. A talla máis usual dá lugar a 58 caras no diamante. A maioría dos diamantes terrestres fórmanse no manto en condicións de alta temperatura e presión, logo soben ata a superficie arrastrados por correntes de magma que penetran...

      2. Instrumento cunha punta de diamante industrial que se emprega para cortar o vidro.

      3. Anaco de diamante, colocado no extremo dunha peza que funciona como soporte, empregado para afiar ferramentas ou para rectificalas.

      1. Calquera cousa que comparte co diamante algunha característica.

      2. Parte do terreo de xogo do béisbol que ten forma de rombo. Os seus ángulos unen as bases primeira, segunda e terceira coa base de meta.

      3. Antigo carácter de imprenta de dous puntos e medio creado por Didot.

      4. Na baralla francesa, un dos catro paos que se caracteriza polos rombos que leva debuxados.

      5. ...

      5. Na baralla francesa, cada unha das cartas que constitúen o pau de diamantes.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén diamantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil, situado ao NL de Belo Horizonte, drenado polo río Jequitinhonha (43.000 h [2000]). Destaca na súa economía o turismo e a extracción de diamantes, realizada polos garimpeiros de forma tradicional. O principal cultivo agrario é o algodón, que abastece varias fábricas de tecidos. O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao diamante.

    2. Que posúe as calidades do diamante, especialmente o brillo ou a dureza.

    3. Que é duro e inquebrantable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego ἀ δάμας -αντος ‘aceiro, diamante’, substantivo derivado do verbo δαμάζω ‘domear, vencer’. Introduciuse no galego a través do latín vulgar *diamas, -antis. Presenta o hipocorístico Tino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a tallar ou vender diamantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999 coa tese Problemas de aprendizaje en la interpretación de observaciones de estruturas biológicas con el microscopio. Profesor de didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Santiago de Compostela, é subdirector da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do departamento de didáctica das ciencias da USC dende o 2001. Foi membro do consello de redacción da revista ADAXE. Revista de estudos e experiencias educativas (1984-1997) e, desde 1994, membro do consello asesor de ALAMBIQUE. Didáctica de las ciencias experimentales. É autor de investigacións no campo da didáctica das ciencias experimentais sobre as ideas dos estudiantes e os problemas da aprendizaxe da bioloxía, en que destacan os seus traballos “El concepto de ser vivo en los diferentes niveles educativos: ideas de los alumnos de EGB, BUP y Magisterio” (Adaxe, 1992)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa...

    VER O DETALLE DO TERMO