"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • Acción militar (do 22 ao 28 de maio de 1938) de contraataque das forzas republicanas para reducir a cabeza de ponte establecida na beira esquerda do Segre polas forzas do xeneral Franco, que ocuparan Balaguer o 8 de maio, e situar a fronte na liña do Segre. A acción non tivo éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio deportivo vigués inaugurado o 30 de decembro de 1928. Construído pola Sociedade Anónima Stadium de Balaídos, é o escenario dos partidos que o Real Club Celta de Vigo disputa como local dende esa data. En 1945 o R. C. Celta adquiriuno por 950.000 pesetas. En 1946 cedeullo ao concello de Vigo. O estadio de Balaídos foi sede do Campionato do Mundo de fútbol de 1982; por isto, realizáronse obras de remodelación que permitiron a creación, baixo unha das bancadas (Río), de dúas pistas polideportivas e outras instalacións (canchas de squash, ximnasio, vestiarios, parque de bombeiros, etc). Nas proximidades do estadio construíronse pistas de atletismo en substitución das eliminadas no interior do recinto. Ademais, Balaídos ten sido escenario de varios encontros internacionais da selección española contra Portugal, Suecia, Brasil, etc. Nas súas instalacións acolle tamén os museos do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o antigo leito do río Lagares, hoxe atópase en seco nun soar urbano do concello de Vigo. Conta cun único van de pedra con arco de medio punto. Formaba parte do antigo camiño que conducía de Vigo a Baiona salvando o río Lagares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume granítico do Pireneo central, de 3.146 m de altitude, que marca a fronteira entre Aragón (España) e a Gascuña (Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Influenciado por Liszt, Glinka espertoulle o sentimento nacionalista musical. Formou parte do grupo dos 5 con Cui, Borodin, Musorgskij e Rimskij-Korsakov. Escribiu oberturas, sinfonías, poemas sinfónicos, concertos con orquestra e obras vocais e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate acontecido durante a Guerra de Crimea na cidade de Balaklava, porto ucraíno situado a 9 km ao SL de Sebastopol. As tropas rusas, que foron vencidas, atacaron aos ingleses, que ocupaban a cidade (25 de outubro de 1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Rusia, na oblast’ de Saratov (206.000 h [1995]). Fundada en 1762, experimentou un gran crecemento coa construción, entre 1967 e 1970, dunha gran presa e dunha central hidroeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, da familia dos laúdes, sen cordal (de corda pinzada), moi popular en Rusia. Está composta dunha caixa de resonancia triangular, cun mango longo e tres cordas (dúas cordas ao unísono e a outra unha cuarta por enriba), que se fai soar cos dedos ou utilizando un plectro. Hai conxuntos de ata corenta e cinco balalaicas de seis dimensións diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de toxos e abrollos que se emprega para cubrir os valos e muros e ao mesmo tempo serve como defensa ás hortas, viñedos e campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.

    2. Confrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.

    3. Comparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.

    4. Resultado dun feito ou dun asunto.

      1. Movemento de oscilación dunha aeronave ao redor do seu eixe lonxitudinal.

      2. adquirir balance

        Afastarse da posición de equilibrio.

      3. balance holandés

        Movemento de oscilación dunha aeronave, composto do balanceo da guinada e do escorregamento lateral.

      1. Documento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado. Ten por finalidade comprobar as anotacións realizadas, presentar a situación das finanzas, reflectir o conxunto de operacións dun grupo de valores ou de todos os dun patrimonio e xustificar aspectos parciais do control administrativo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de baile que o bailarín executa balanceándose sobre un e outro pé sen moverse do sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer inclinar algo ou alguén de xeito acompasado a un lado e a outro permanecendo nun punto fixo.

    2. Pór en equilibrio algunha cousa inestable, xeralmente unha balanza.

    3. Moverse oscilando a un lado e outro da posición de equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro de madeira que, situado sobre a mesa da cámara do buque, serve para evitar que os obxectos arrolen a causa do balanceo da propia embarcación. Tamén reciben o mesmo nome as táboas que, co mesmo obxectivo, se colocan aos lados das liteiras dos camarotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco que se balancea moito.

    2. Traveseiro onde van fixados os aneis nas máquinas continuas de fiar e retorcer, ou as bobinas, que co seu movemento alternativo de impulso e baixada distribúe o fío que se enrola nos tubos, os carretes ou as bobinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nas casas de moeda, persoa que se ocupa de pesar os metais antes e despois de amoedalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de orixe napolitana, dun ou dous paos, utilizada na pesca ou na cabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de balancear ou balancearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georgij Melitonovič Balančivadze.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra móbil dun motor que transforma en circular o movemento rectilíneo producido por unha forza aplicada sobre un pedal ou unha panca.

    2. Barra usada en exercicios acrobáticos para manter o equilibrio.

    3. Barra metálica con asentos nos extremos que se pode mover alternativamente arriba e abaixo apoiada sobre un pé central.

    4. Cadeira con brazos apoiada sobre dous arcos para poder abaneala adiante e atrás.

    5. Asento colgante provisto de toldo, usado en xardíns, terrazas, etc.

    6. Pao un pouco curvado que se leva nos ombros, de cada un dos lados cólgalle un caldeiro, usado para carrexar auga.

    7. Aparello para a pesca, empregado para a captura de especies de diferentes tipos. Conformado por un arco de ferro cun chumbo na súa metade, lugar onde se amarra a liña ou sedela que leva pendurados os anzois. Unha variante deste aparello consiste nunha dobre vara de ferro, o que permite separar as liñas á vontade. Nesta variante, o chumbo vai igualmente na metade do arco de ferro, pero pendurado dun fío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • eleiro dun só pau e velas de coitelo, con cuberta, que se empregaba antigamente tanto para o transporte de cabotaxe como para a pesca. Foi o tipo de iate máis estendido entre os de vela. Todas as balandras teñen foque; a que só ten un chámase sloop e a de dous ou máis, cutter. A balandra de liñas finas construída especialmente para regatas chámase balandro.

    VER O DETALLE DO TERMO