"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Xurista e historiador austríaco. Especializado en historia do dereito xermánico, escribiu Deutsche Rechtsgeschichte (Historia do dereito xermánico, 1887-1892) e Grundzüge der deutschen Reshtsgeschichte (Elementos de historia do dereito xermánico, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico suízo. Foi profesor de anatomía en Heidelberg, é autor de importantes traballos sobre as estruturas dixestivas. Describiu as glándulas da mucosa do duodeno, que levan o seu nome (glándulas de Brunner), e do páncreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do abruñeiro. É unha pequena drupa de coloración azul escura, de forma redonda ou ovalada, pruinosa, de sabor acedo e áspero a causa do seu contido en taninos, que madura ao final do verán. Emprégase na elaboración de xaropes astrinxentes e do pacharán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino de orixe xermánica que procede, ben de brünne ‘coiraza’, primeiro elemento de moitos nomes xermanos que dá orixe ao hipocorístico Bruno, ou ben do adxectivo brûn ‘moreno, castaño’. A festividade de san Bruno (1030-1111), fundador da orde dos cartuxos, celébrase o 6 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da centola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Viveiro. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Brou. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, un bruño ou cría de centola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial de ámbito estatal aparecida en 1898 que posúe unha delegación territorial na Coruña. Está dirixida por Francisco Fernández Cilleruelo, David García García e José Ramírez del Hoyo. Especializada nas publicacións e nos materiais educativos complementarios para uso escolar, tenta potenciar o desenvolvemento das diferentes linguas do estado a través das súas coleccións de libros de texto e literatura. Dentro desta liña, en lingua galega cómpre destacar as edicións dirixidas á Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, amais dun apartado dedicado á Literatura Infantil e Xuvenil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, abandonou a súa orde no ano 1576 e viaxou por case toda Europa, en conflito constante cos calvinistas e cos católicos. Acusado de herexía, foi apresado pola Inquisición en Venecia en 1593 e, tras un longo proceso, morreu na fogueira. Influído polo neoplatonismo, o sensualismo, o panteísmo, certas prácticas máxicas e, sobre todo, pola filosofía de Nicolao de Cusa e a nova astronomía de Nicolao Copérnico, desenvolveu unha nova concepción do mundo que rebatía as teorías que o interpretaban como unha totalidade ordenada xerarquicamente, xirando ao redor dun centro fixo. Postulaba que o sistema solar formaba parte doutro máis amplo, este, á súa vez, doutro, e así ata o infinito. Este mundo infinito, no que todos os puntos son centro, non se identificaba simplemente cunha manifestación divina, como defendía Nicolao de Cusa, senón co propio Deus. Ao mesmo tempo, insistiu nunha nova concepción do home pola que, trascendéndose a si mesmo, expandíndose...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santo fundador da orde dos cartuxos. Foi cóengo na catedral de Colonia e profesor na de Reims. Retirouse despois con outros seis compañeiros aos Alpes do Delfinado, fundando en Grenoble o mosteiro da Grand Chartreuse, casa matriz da súa orde. Fundou tamén a Cartuxa de Roma e da Calabria, onde rexeitou o arcebispado de Reggio Calabria. Na iconografía represéntase imberbe e coa cabeza rapada, vestido co hábito branco dos cartuxos, levando como atributos persoais, ás veces, unha estrela no peito (lembranza da visión estelar de santo Hugo, bispo de Grenoble, avisado por sete estrelas da chegada dos sete primeiros cartuxos), outras coa mitra aos seus pés (por rexeitar un bispado), unha caveira sobre a que medita, un crucifixo arborescente, unha ponla de oliveira, etc. Ás veces aparece tamén cun dedo nos beizos recomendando o silencio imposto pola regra. A súa festa celébrase o 6 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Profesor na Sorbonne e estudoso da evolución do francés, publicou, entre outras obras, Histoire de la langue française des origines à 1900 (Historia da lingua francesa dende as súas orixes ata o 1900) e La pensée et la langue (O pensamento e a lingua, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Île-de-France, Francia, no departamento de Essonne (24.468 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Estudiou na École Normale Supérieure e na Sorbonne, onde foi profesor. Manifestou un intelectualismo criticista e matemático, ampliado por unha análise das condicións do espírito, que o levou a definir a realidade espiritual como a realidade creadora, nun intento de superación do espiritualismo acrítico, o empirismo e o positivismo. Entre as súas obras destacan Les étapes de la philosophie mathèmatique (As etapas da filosofía matemática, 1913), L’expérience humaine et la causalité physique (A experiencia humana e a causalidade física, 1922), Le progrès de la conscience dans la philosophie occidentale (O progreso da conciencia na filosofía occidental, 1927), De la connaissance de soi (Sobre o coñecemento dun mesmo, 1931) e Les ages de l’intelligence (As idades da intelixencia, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia principesca alemá da liñaxe dos güelfos, fundada por Otón I o Infante, quen recibiu o ducado de Braunschweig no ano 1235. Foron ramas principais as dúas de Brunswick-Lüneburg (1252-1388 e 1429-1705), das cales a segunda deu lugar en 1692 á rama electoral e despois, en 1714, á real de Hannover; a de Brunswick-Grubenhagen (1279-1596), a de Brunswick-Göttingen (1286-1437) e a de Brunswick-WolfenBüttel (1318-1806). Os membros máis salientables da familia foron: Otón de Brunswick (1175-1219), emperador xermánico entre 1209 e 1218. Alberte I o León (1236-1279), que entregou Lüneburg ao seu irmán Xoán en 1267. Fernando de Brunswick (1721-1792), lugartenente de Federico II durante a Guerra dos Sete Anos. Carlos Guillerme Fernando de Brunswick (1735-1806), comandante dos exércitos austro-prusianos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama asinada en Coblenza o 25 de xullo de 1792 polo duque Carlos Guillerme Fernando de Brunswick, comandante do exército austro-prusiano, en nome das potencias coligadas. Este manifesto, que ameazaba coa destrución total de París se a familia real francesa padecía a mínima aldraxe, provocou o efecto contrario: o derrocamento da monarquía o 10 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero da familia dos brúquidos.

    2. Familia de coleópteros que na fase adulta son grosos, de ata 5 mm de lonxitude, de cabeza alongada e co extremo do abdome non cuberto polos élitros. A femia deposita o ovo enriba dos froitos das fabáceas; a larva, que presenta patas ben desenvolvidas, penetra no bagullo para logo mudar e dar lugar a unha larva ápoda. A especie Bruchus pisorum aliméntase de ervellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curvatura transversal convexa da cuberta dun barco para facela máis sólida e facilitar o desaugue.

    2. Ramaxe que se aplica ardendo ao fondo exterior da embarcación para enxugar a madeira e carenala.

    3. Pintura que se quenta antes de aplicar para darlle maior consistencia á embarcación.

    4. silbarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demostra falta de suavidade ou falta de paciencia tanto nos seus ditos como nos seus feitos.

    2. Que sucede repentinamente, sen fases ou graos intermedios, e supón un salto ou diferenza notable con respecto a algo anterior ou a aquelas cousas que se están a tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e libreiro. Establecido en Barcelona, durante a invasión napoleónica editou a Gaceta Militar y Política del Principado de Cataluña. En 1814 concedéuselle a edición do Diario de Barcelona. En Palma de Mallorca publicou o Diario Mercantil de Palma. Introduciu industrialmente a litografía no estado español (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral do exército ruso. Participou na campaña dos Balcáns (1877-1878) ao mando dunha división de cabalería. En 1914 participou na Batalla de Galitzia, encabezando ao ano seguinte unha ofensiva contra as forzas alemanas en Mackensen. En 1916 comandou a ofensiva contra o exército dos imperios centrais en Bucovina. Foi nomeado comandante supremo do exército en maio de 1917, despois do cesamento de Nicolao II, pero logo o substituíu Kornilov ante a súa incapacidade para dominar as tropas. Colaborou co goberno soviético, que o nomeou membro do consello consultivo militar en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO