"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Contracción involuntaria, intensa e dolorosa, que afecta transitoriamente a un músculo ou grupo muscular de fibra estriada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser cambiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica ao cambio de diñeiro ou de valores.

    2. Persoa que se dedicaba a cambiar moedas por outras de valor equivalente, á vez que podía ter cartos en depósito, facer operacións de préstamo e negociar letras de cambio. Orixinariamente só se ocupaba do cambio de moedas, operación que tiña lugar sobre unha mesa de cambio. A finais do s XIII os clientes acostumáronse a deixar en depósito aos cambiadores parte do seu capital, pola facilidade con que podían ordenar os pagamentos pola súa conta a outro cliente. Non obstante, os cambiadores tamén utilizaban os depósitos para realizar operacións de préstamo, baixo o seu risco ou actuando como mediadores; estes cambiadores podían crebar e por iso se lles esixía unha gran garantía para posuír mesa de cambio. Tamén podían, mediante unha letra de cambio, ordenar pagamentos noutro lugar e noutra moeda a favor dunha terceira persoa, a conta da que encargaba a operación. Isto esixía un coñecemento especulativo das variacións do valor das diversas moedas no comercio internacional e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cámbium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tendencia a cambiar.

    2. ariación de cores realizada en representacións pitóricas de roupa ou vestidos, que se consegue pintando os tons escuros coa cor complementaria dos tons claros; obtéñense, deste xeito, gamas cromáticas de ampla variedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar unha persoa ou cousa e recibir outra a cambio.

      2. Dar unha cantidade de diñeiro nun tipo de moeda e recibir o equivalente noutra distinta ou ben en moedas de menos valor.

      3. Dirixirse dúas ou máis persoas saúdos, olladas ou palabras. OBS: Nesta acepción leva o suxeito en plural.

    1. Retirar ou deixar unha cousa ou unha persoa no lugar doutra. OBS: Pode ir seguido dun complemento introducido pola preposición de.

      1. Facer que algo ou alguén adquira características ou situacións diferentes ás que tiña.

      2. Facer que unha cousa se transforme naquilo que se expresa.

    2. Quitar unha cousa ou unha persoa do lugar onde estaba para colocalo noutro distinto.

    3. Quitar a alguén ou quitarse un mesmo a roupa que leva posta para pór outra.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de seu pai Giovanni Cambiaso (Cambiaso, Xénova 1495 - 1577?), formouse nun certo rafaelismo a través das ensinanzas de Perin del Vaga e de Pordenone. Traballou en Xénova, onde decorou ao fresco lugares sagrados como a catedral de San Lorenzo (1559-1562) e algúns palacios. En 1583 Filipe II chamouno a El Escorial, onde pintou as bóvedas do presbiterio e do coro. Con curiosidade propia do manierismo, ensaiou a cuadratura ou descomposición dos volumes pitóricos en poliedros e o contraste entre a luz e a sombra, polo que se converteu nun dos precursores do tenebrismo. Entre as súas obras destacan Adoración de los pastores e Cristo ante Caifás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e tradutora. Foi profesora na Universidad de Río Piedras de Puerto Rico dende 1952. Esposa de Juan Ramón Jiménez, exerceu sobre el unha notable influencia no proceso de renovación estética que culminou co Diario de un poeta recién casado (1917). Serviulle de guía nas súas lecturas de poetas ingleses e norteamericanos e interveu activamente na edición da súa obra, en particular, na elaboración da Tercera antolojía poética (1957), xunto con Eugenio Florit. Traduciu ao castelán a obra de Rabindranāth Tagore a partir da súa versión inglesa e escribiu un Diario (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o concello da Vila de Cruces dende a súa constitución en decembro de 1836 ata outubro de 1944. O cambio de denominación foi consecuencia do traslado na década de 1920 da capital municipal dende o lugar de Abealla, na parroquia de Carbia, a Vila de Cruces, na parroquia das Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede da raíz prerromana *carb- ‘pedra, planta nacida entre as pedras’, da que proceden voces como carballo. Adoita grafarse cun -v- non etimolóxico (Carvia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Señorío fundado en febreiro de 1535 por García de Caamaño o Alto, membro da casa de Castro Caamaño de Noia e señor de Vilagarcía, de Rubiáns, de Vista Alegre e de Barrantes. Dous séculos máis tarde, en febreiro de 1761, o Rei Carlos III concedeulle ao VII señor de Rubiáns, Rodrigo Antonio de Mendoza Caamaño Barrionuevo e Monroy, o título de grande de España. A finais do s XVIII, ao morrer sen descendencia a IX señora de Rubiáns, Clara de Oca Mendoza e Caamaño, este señorío pasou xunto cos de Vilagarcía, Vista Alegre e Barrantes á casa da familia Ozores na persoa de Juan Ozores y Valderrama. As armas do señorío de Rubiáns son similares ás armas dos Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coleóptero de forma arredondada e de élitros vermellos como algunhas especies das familias dos coccinélidos e dos crisomélidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cashubios .

    2. Individuo do pobo eslavo dos cashubios.

    3. Pobo eslavo da Pomerania Oriental, actual Polonia, establecido ao O de Gdańsk e constituído por unhas 200.000 persoas (1960).

    4. Lingua do grupo eslavo occidental, falada polos cashubios. Conta con 200.000 falantes e esténdese pola esquerda do lago Vistula. Tamén a empregan, como segunda lingua, ao redor de 20.000 falantes en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada no SL do golfo de Nápoles, ao pé do monte Sant Angelo (66.345 h [1997]). A súa economía baséase na industria estaleira e no sector turístico. Próxima á antiga Stabiae, destruída pola erupción do Vesubio no ano 79 d C, formouse ao redor dun castelo erixido por Federico II no s XIII e ampliado por Carlos de Anjou. Nela tivo lugar en 1284 a batalla naval de Castellammare na que foi derrotado Carlos de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenvolve unha arquitectura marcada polas composicións sinxelas, os volumes claros e as liñas horizontais. Realizou, entre outras obras, as vivendas de protección oficial de Lugo (1995), o pavillón de Navia de Suarna (1996), a Biblioteca Intercentros e os servicios centrais do campus de Lugo (1998), e o polideportivo de Noia (2000). Rehabilitou a igrexa de San Eufrasio (O Incio, 1996), a Praza de Abastos de Lugo (1997) e as Cocheiras do Pazo de Castrelos (Vigo, 2000), ampliación do Museo Municipal Quiñones de León. Recibiu diversas mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987, 1990 e 1992) e, como debuxante, unha mención no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vive en augas con pouca materia orgánica e moito osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos estríldidos ao que pertence o diamante de Gould.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Puebla, México, ao L do volcán Popocatépetl (26.625 h). A economía baséase na agricultura (millo e trigo) e na gandería. Da época precolombina quedan as ruínas dunha pirámide monumental (62 m), actualmente convertida nun outeiro artificial onde se sitúa a igrexa de Los Remedios (s XIX). Probablemente coroaba un templo en Quetzalcoatl, destruído en 1519 por Hernán Cortés durante a acción de Cholula, na que tivo lugar unha cruel matanza de indíxenas. Destaca tamén a cerámica, polícroma e pulimentada, e a ourivería. Da época colonial consérvanse numerosas igrexas, entre as que sobresaen o mosteiro de San Gabriel coa Capilla Real que posúe pequenas cúpulas, San Pedrito Colomoxco e a cercana San Francisco Acatepec.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno mental caracterizado pola aparición de medo ou angustia cando un individuo se atopa en lugares pechados. Ex: Non podo subir nos ascensores, prodúcenme claustrofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO