"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Nas súas novelas, de inspiración naturalista, describiu a sociedade rusa do seu tempo. Destacan Kitay-Gorod (1882) e Vasilij T’orkin (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico. Trátase do principal representante do cine experimental en Hungría. A súa primeira longametraxe, Amerikai anzix (Torso americano, 1975) foi galardoada no festival cinematográfico de Mannheim.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Denominación común dos insectos da orde dos lepidópteros, referida especialmente á fase adulta das especies de hábitos diurnos. No ciclo reprodutor das bolboretas, das que se teñen descrito máis de 100.000 especies, distínguense claramente catro fases: adulto, ovo, eiruga e pupa. Os adultos poden ser de tamaños diversos, dende os poucos milímetros dos microlepidópteros ata os 30 cm de envergadura da especie americana Thysania agrippina, e caracterízanse por presentar normalmente dous pares de ás recubertas de escamas imbricadas que se orixinaron a partir de pelos modificados. Os pigmentos e as pequenas arestas que cobren a superficie da escama son os responsables da cor e da iridiscencia do animal; cada especie ten un deseño distinto que permite que se recoñezan no momento da reprodución. Algunhas especies, sen embargo, non presentan esta cuberta de xeito que as súas ás teñen un aspecto transparente; isto axúdalles a pasar inadvertidas ou a ser confundidas con grandes avespas perigosas....
-
bolboreta da seda
Nome que reciben as bolboretas do xénero Bombyx.
-
-
Estilo de natación que consiste en nadar en posición ventral. Os brazos fan un movemento circular que produce tracción cando están baixo a auga e que é de recuperación cando están fóra, movendo as pernas de forma simultánea.
-
Obturador, polo xeral de forma elíptica, que pode xirar ao redor do diámetro menor e estrangular máis ou menos o paso do conduto onde está situado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boliña que se forma nun líquido cando calla ou cando recibe calquera materia sólida de difícil disolución, sobre todo cando é fariña ou algo semellante.
-
PERSOEIRO
Físico e químico. Desde 1910 foi profesor de Física e Química na Universidade de Yale, onde descubriu o ionio isótopo do torio e produto da desintegración do uranio. En 1907, e grazas a unha suxerencia feita por Rutherford, conseguiu calcular a idade dos minerais segundo o seu contido de chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo do xigante Buri e home da xigante Bestla, da que tivo tres fillos: Odín, Vili e Ve, os tres deuses escandinavos máis antigos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxa cisterciense de Nimbschen (1515). Influída polas ideas da Reforma, deixou o mosteiro e trasladouse a Wittemberg (1523), onde casou con Lutero (1525).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de boro, nitróxeno e hidróxeno, cíclico, hexagonal, no que os átomos de boro se alternan cos de nitróxeno. É un híbrido de resonancia moi estable, moi similar en características físicas e químicas ao benceno. Algunhas boracinas resultan aptas como combustible para foguetes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Borato e cloruro de magnesio, Mg3B7O13Cl. Mineral dimorfo, cúbico e rómbico. Preséntase en masas brancas ou en cristais translúcidos, incoloros ou azulados. Ten dureza 7-7,5 e peso específico 2,9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos hidruros de boro.
-
CIDADES
Cidade do län de Älsborg, Suecia, á beira do Viskan, na rexión histórica de Västergötland (96.214 h [1998]). É un gran núcleo téxtil, favorecido pola proximidade do porto de Göteborg. A cidade foi fundada en 1622 polo Rei Gustavo Adolfo II, e a súa industria actual desenvolveuse a partir do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está impregnado de bórax ou ácido bórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido bórico, especialmente dos ácidos metabóricos e tetrabóricos. Están constituídos por unidades estruturais de BO3. Os boratos dos metais non alcalinos son insolubles, propiedade responsable da acción abrandadora que exercen sobre a auga dura. A industria dos esmaltes cerámicos é o principal consumidor de boratos, seguida da do vidro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo. En solución acuosa ten propiedades antisépticas. Emprégase na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes, así como en soldadura, polo seu poder disolvente dos óxidos metálicos. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
-
Relativo ou pertencente ás boraxináceas.
-
Planta da familia das boraxináceas.
-
Familia de plantas, xeralmente herbas e máis rara vez arbustos ou árbores, da orde das lamiais, integrada por un cento de xéneros e preto de 2.000 especies. Teñen unha distribución subcosmopolita con dous centros de biodiversidade na rexión mediterránea e no sudoeste de América do Norte. Presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, e flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada que, polinizadas, principalmente por insectos, dan lugar a froitos en drupa. En Galicia están presentes os xéneros Anchusa, Borago, Echium, Heliotropium, Lithodora, Myosotis, Omphalodes e Pentaglottis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca rexistrada do cristal artificial de nitruro de boro de estrutura cúbica. Obtense a partir de mesturas de boro e nitróxeno ou de nitruro de boro hexagonal baixo unha presión de 85 atm e unha temperatura de 1.800 °C, e en presenza de catalizadores como litio, calcio, magnesio ou os seus nitruros. Ten unha dureza similar á do diamante e, pola súa condición de semicondutor, emprégase na Electrónica.
-
-
Líquido viscoso parecido á clara do ovo.
-
Tripallada de peixe, polo xeral de sardiña, que se emprega para capturar robaliza ou para fertilizar as terras.
-
-
RIOS
Río afluente do Tea pola dereita, na conca do Miño. Nace na parroquia de Borbén (concello de Pazos de Borbén), da confluencia de varios regos que baixan da divisoria de augas entre as concas do Lérez, ao N, e o Miño, ao S. O seu curso adopta unha dirección meridiana (N-S) encaixado nunha fractura que logo seguirá o Tea ata a súa desembocadura, tras capturar as súas augas. Ao deixar a parroquia de Borbén, penetra na de Padróns, do concello de Ponteareas, que drena e na que desemboca, no lugar do Chan das Gándaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO