"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
DUCADOS
Título da Casa Real Escocesa empregado polos fillos segundoxénitos dos reis. Foi creado no 1398 polo Príncipe rexente Roberto, fillo do Rei Roberto II. Ostentárono, entre outros, o duque Xoán Stuart (ou Estuardo), Enrique Stuart (ou Estuardo), os futuros Reis Xaime VI (Xaime I de Inglaterra), Carlos I e Xaime VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título outorgado por Napoleón a favor do Mariscal francés Louis Gabriel Suchet por tomar València (9.1.1812). Suchet conquistou o lago, que conservou ata a retirada dos franceses de València (1813). O título foi confirmado no ano 1819. Morto o Mariscal Suchet (1826), o seu fillo Napoleón Suchet (1813-1877) foi o segundo duque da Albufera, título que conservan os seus descendentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título de Castela que no 1373 lle foi concedido como condado a Sancho de Castela, irmán de Enrique ll, a quen sucedeu a súa filla Leonor de Alburquerque, dona de Fernando de Antequera. O terceiro conde foi o seu fillo Enrique de Aragón a quen lle confiscaron o título no 1445, incorporándoo de novo á Coroa de Castela. No 1464, foi outorgado novamente como ducado ao Gran Privado Beltrán de la Cueva y Afonso de Mercado. O sétimo duque, Francisco Fernández de la Cueva y de la Cueva, foi lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Sicilia. O título pasou no 1830 aos Osorio, marqueses de Alcañices.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas dous enlaces dobres. Cando estes enlaces están separados polo menos por un carbono saturado, as propiedades dos alcadienos son as xerais da serie olefínica. Teñen propiedades especiais os alcadienos cos dous enlaces dobres partindo dun mesmo carbono (alenos), e aqueles onde os ditos enlaces parten de carbonos contiguos (dienos conxugados).
-
DUCADOS
Título concedido no 1558 a Pedro Afán de Rivera (morto no 1571). Lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Nápoles. O título pasou aos duques de Medinaceli.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Xurisdición feudal que comprendía parte dos actuais departamentos do Orne e do Sarthe. O condado foi creado en 1082 e unido á Coroa de Francia por Filipe II Augusto no 1219. O último duque de Alençon foi o príncipe Fernando (morto en 1910), fillo do duque de Nemours e neto do Rei Luís Filipe I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición dos xefes da igrexa copta e melquita católicas, e cotpa e bizantina ortodoxa (residente no Cairo dende o s XI). A orixe do Cristianismo en Alexandría atribúese a san Marcos segundo unha tradición moi antiga; a relación deste con san Pedro e a importancia civil e cultural da cidade déronlle ao Bispo de Alexandría un lugar preeminente na estruturación eclesiástica de Oriente, recoñecido polo Concilio de Nicea (325), que aceptou a súa autoridade sobre Exipto, Libia e Pentápole. Durante a controversia monofisita e despois do Concilio de Calcedonia (451) o patriarcado foi dividido entre monofisitas e ortodoxos, que recibiron o nome de melquitas; esta división e a ocupación da cidade polos árabes (642) contribuíu a facer minguar o prestixio e a autoridade da sé alexandrina. Durante o dominio árabe a situación dos cristiáns de Alexandría oscilou entre a persecución e a tolerancia.
-
-
-
En Marrocos, enténdese como autoridade subalterna na cidade; nas tribos do campo ten ao seu cargo unha das partes nas que se divide esta.
-
Sarxento do exército marroquí.
-
-
Na milicia antiga, xefe militar ou capitán que ordenaba as tropas de infantería.
-
Cabo que mandaba dez ou doce homes a cabalo na capitanía de Ceuta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘metedor’.
-
-
Que obra sen reflexionar, sen saber o que fai.
-
Que presenta un carácter pouco serio e informal.
-
Persoa que sempre vai ás présas.
-
-
-
Acción de discutir dun xeito violento, incluso cunha pequena rifa.
-
Trámite de diálogo entre os avogados ou representantes das partes en litixio nos procesos e nas causas criminais.
-
Na Idade Media, cuestión ou reclamación, tanto en contenda como extraxudicialmente.
-
-
-
de amazocar.
-
Compacto ou denso de máis, especialmente cando nos referimos ao pan, ao biscoito ou a outra masa cocida.
-
-
-
de amoucar.
-
Que se amouca.
-
Presentar o ceo ou o tempo, en xeral, un aspecto triste e gris.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
amosegadura.
-
-
Que ou que amplifica.
-
Dispositivo utilizado para aumentar o valor dunha magnitude eléctrica. Todo amplificador necesita un abastecemento exterior de enerxía ( alimentador), polo xeral en forma de corrente continua, que procede da fonte de alimentación. Segundo o tipo de sinal eléctrico que hai que amplificar, os amplificadores poden ser de corrente continua ou alterna. Este segundo caso, máis frecuente, ten numerosas aplicacións prácticas, especialmente en telecomunicacións e electroacústica. Proxéctanse os amplificadores para traballar cunha gamma de frecuencias determinada, fóra dela as desviacións no seu comportamento resultan inaceptables a causa da distorsión que se introduce. Segundo cal sexa esta gamma ou banda de frecuencias, cómpre distinguir entre: amplificadores de radiofrecuencia, utilizados nos aparellos receptores de radio e televisión; amplificadores de vídeo, que amplifican o sinal de imaxe en televisión; e amplificadores de audio, que amplifican o son, denominados...
-
Aparello destinado a amplificar sinais eléctricos que teñen unha frecuencia que pertence ao espectro audible. Os amplificadores poden estar destinados a sonorizacións públicas e a sonorizacións domésticas ou privadas. Os primeiros están destinados a reproducir, basicamente, a palabra falada e, en ocasións, a música; neste caso non se esixe unha gran calidade. Son aparellos de mediana ou gran potencia (de 100 a 10.000 W); adoitan ter unha entrada para o sinal procedente do micrófono e unha ou máis entradas auxiliares (outros micrófonos, tocadiscos, radio e outros aparellos) cada un co seu atenuador independente. Ás veces teñen un control de mestura que permite, ao mesmo tempo, atenuar o sinal presente nunha das entradas e amplificar o que hai noutra. Os amplificadores para sonorizacións privadas están destinados basicamente á reprodución musical cun mínimo de calidade (superior á que pode proporcionar un aparello de radio con AM). Son aparellos de pequena ou mediana potencia (20 a 200 W)....
-
Aparello empregado para facer maior a intensidade de algo, en particular, a das oscilacións eléctricas.
-
Dispositivo utilizado para aumentar o valor dunha magnitude física.
-
Sistema ópticoelectrónico que fai máis luminosa a observación dunha escena que carece de iluminación. Utilízase, sobre todo, en radioscopia e nas observacións astronómicas.
-
Amplificador de presión, sen partes móbiles, que utiliza a acción de correntes de fluídos para producir variacións de presión e de caudal. O efecto destas variacións utilízase para comandar sistemas lóxicos ( fluídica).
-
Amplificador de sinais eléctricos que funciona segundo un principio electromagnético. Adoitan ser de tipo estático, pero hainos tamén rotativos. O amplificador magnético rotativo é unha máquina eléctrica de corrente continua proxectada especialmente para amplificar sinais eléctricos. Os máis utilizados son: a amplidina, o rototrol e o magnicón. O amplificador magneticoestático é un dispositivo sen elementos móbiles capaces de dar unha resposta de potencia superior á da excitación e baséase nun fenómeno esencialmente magnético. Diferéncianse dous tipos: o de indutancia saturable e o de autosaturación. O amplificador magnético estático de indutancia saturable consiste nunha bobina de indutancia variable intercalada nun circuíto de potencia de corrente alterna; as variacións da indutancia da bobina conséguense por medio dunha corrente continua de control que fai variar o grao de saturación do ferro. O amplificador magnético estático de autosaturación ten...
-
Amplificador destinado a efectuar unha operación matemática determinada cos sinais de entrada como, por exemplo, suma, resta, multiplicación, división, integración e outras. Son circuítos integrados lineais dunhas características moi salientables: impedancia de entrada moi elevada e de saída moi baixa, beneficio moi elevado (superior a 10.000), banda pasante moi ampla (desde 0 ata uns cantos MHz), etc. Polo xeral, son amplificadores diferenciais de corrente continua. Teñen aplicacións moi diversas como adaptadores de impedancia, xeradores de sinais, amplificadores lineais e filtros.
-
Tipo de amplificador de microondas, formado por un tubo electrónico ou un dispositivo semicondutor que ten unha reactancia variable segundo o sinal que hai que amplificar.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicado á besta de carga que ten as ancas grosas.
-
DUCADOS
Título concedido no Reino de Nápoles no ano 1507 a Gonzalo Fernández de Córdoba o Gran Capitán. No 1740 foille adxudicada a Grandeza de España ao undécimo duque, Ettore Carafa, morto en 1764.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de aniscar.
-
DUCADOS
Título dado por Xoán II de Francia en 1384 sobre o antigo condado de Anjou ao seu fillo Luís, Rei de Nápoles (1382-1384) e fundador da terceira dinastía anxevina. O ducado foi propiedade dos reis de Nápoles ata 1480, cando á morte de Renato II pasou definitivamente á coroa de Francia baixo o reinado de Luís XI (1481). A partir dese momento, case sempre levaron ese título, de xeito honorífico, os membros da casa real francesa: Francisco Hércules, duque de Alençon e fillo de Enrique II de Francia, Enrique III de Francia, Filipe V de España e, entre outros, Luís XVIII de Francia. Logo da morte do conde de Chambord (1883), algúns dos pretendentes carlistas españois atribuíronse ese título. Dende 1946, o infante Xaime, fillo de Afonso XIII de España, fixo valer os seus dereitos sobre o ducado.
VER O DETALLE DO TERMO