"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no Ferrol en 1891 que contiña poemas en castelán e contos populares en galego recollidos por Lisardo R. Barreiro na sección “Doce Contos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación xurdida en Bos Aires no ano 1909, dirixida por Fortunato Cruces, quen introducía varios relatos narrativos. Reproducíase algún poema de Rosalía e un cadro de costumes dialogado de Laureano Guitián Rubinos titulado Unha noite na casa do tío Farruco do Penedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa do SL da Comunidad Autónoma de Andalucía (8.774 km2; 455.496 h [1991]). A capital é Almería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.
-
PERSOEIRO
Pintora. Representa nos seus cadros escenas e tipos populares cargados cunha mirada amable. Exhibe desde mediados dos anos setenta e tamén traballa como ilustradora de libros (Apuntes para una historia). Dirixe a Agrupación Arco Iris de pintores mozos da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e biólogo. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa formación académica de pintor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago, partipando con posterioridade nos Talleres de Arte Actual con Josep Guinovart e Bruce Melean no Círculo de Belas Artes de Madrid, sendo ademais bolseiro da Deputación de Pontevedra e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada. Comeza a súa andaina no mundo da pintura nos anos oitenta, obtendo innumerables premios, entre outros o premio Adquisición para o Centro de Arte Contemporánea de Galicia. A súa pintura hai que clasificala dentro dun certo expresionismo, que se move un pouco a cabalo entre a ordenación xeométrica e o xesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alicia Martínez del Hoyo.
-
-
Ausencia de pel ou de cabelos nas rexións que normalmente os teñen. Pode ter a súa orixe en causas moi diversas: enfermidades infecciosas ou parasitarias, enfermidades do coiro cabeludo, efectos das radiacións, acción de diversas substancias medicamentosas de aplicación local ou non, traumas psíquicos, cicatrizacións dunha ferida, etc. A clase máis habitual de alopecia é a alopecia seborreica ou calvicie. Tamén é corrente a alopecia areata, ocasionada posiblemente por trastornos neurotróficos.
-
Ausencia parcial ou total de pel, la ou plumas. Pode aparecer sen lesións manifestas da pel e constitúe a alopecia esencial, moi rara. A alopecia secundaria sobrevén, principalmente, como consecuencia dalgunhas enfermidades contaxiosas: pneumonía contaxiosa do cabalo, caquexia e distomatose do ovino.
-
-
REXIÓNS
Rexión do extremo NL de Francia, que comprende os departamentos do Alto Rin e do Baixo Rin (8.280 km2; 1.689.707 h [estim 1995]). A capital é Estrasburgo, cidade sede do Consello de Europa. É unha chaira alongada duns 200 m, de altitude media, que desde a Antigüidade serviu de paso entre o N e o S de Europa. Xeomorfoloxicamente forma parte da fosa renana. Hai tres grandes tipos de paisaxe: as montañas dos Vosgos, a chaira e os outeiros subvosguianos. A vertente alsaciana dos Vosgos comprende un macizo de gres ao N e un cristalino ao S, máis elevado e tallado en vales profundos, que acaba nunhas fallas graduadas. A chaira, percorrida polo Rin, está cuberta con depósitos eólicos. Os solos aluviais menos fértiles, formados durante o Cuaternario foron transformados por unha lixeira erosión en terrazas. Ao S o Rin formou unha rexión de outeiros baixos: o Sundgau. Protexida das influencias oceánicas polos Vosgos, o clima é continental. A paisaxe agrícola está moi dividida: o policultivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal lateral do Rin que vai desde Kembs ata Estrasburgo (Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do territorio formado por Alsacia -agás o territorio de Belfort- e unha parte de Lorena, pertencente a Alemaña nos períodos 1871-1918 e 1940-1944. Foi cedido por Francia a Alemaña na Paz de Frankfurt (1871), que puxo fin á Guerra franco-prusiana, pertencendo ao Imperio Alemán ata 1918, que volta a Francia logo da Primeira Guerra Mundial. O territorio comprende unha grande maioría de poboación de lingua xermanica, agás a zona de Metz, de fala francesa. As súas dúas partes constitutivas xamais tiveron unha historia común. Foi erixido en Reichsland, directamente dependente do Reich, pero sen chegar a constituír un estado federado. O territorio obtén a institución dunha Dieta bicameral e tres votos no Bundesrat no 1911. A vitoria aliada do 1918 prodúcese nunha etapa de incompleta asimilación a Alemaña de Alsacia-Lorena. A reincorporación a Francia comporta dificultades, malia aos sentimentos favorables da maior parte da poboación, debido ao contraste entre o proceso de...
-
-
Relativo ou pertencente a Alsacia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Alsacia.
-
Nome que toma o dialecto alamánico falado en Alsacia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Dominicana (2.851 km2; 115.685 h [1993]). A capital é Salvaleón de Higüei (33.501 h [1981]).
-
-
Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.
-
-
División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.
-
alternancia irregular Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.
-
alternancia libre Alternancia practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa. Propia das explotacións moi intensivas.
-
-
-
Disposición de cada unha das pezas (follas, pétalos, estames, etc) dun verticilo nos espacios existentes entre as pezas do verticilo inmediato; por exemplo, disposición en ángulo recto das dúas follas opostas dun nó en relación coas do nó seguinte.
-
lei de alternancia Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles, é dicir, que entre cada dúas estruturas dun verticilo vén situarse outra do verticilo inmediato.
-
-
alternancia de xeracións
-
Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente. O flysch é un exemplo típico.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
grandilocuencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de altisonante.
-
PERSOEIRO
Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e animador teatral coñecido como Paco Mivida, é célebre polas súas letras para as comparsas do Entroido, polos seus propósitos, cos que ten recibido diversos premios, e polas súas aparicións en diversos programas da Televisión de Galicia, como O mellor.
VER O DETALLE DO TERMO -