"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de actualizar.
-
Expresar unha certa cantidade monetaria do pasado en termos adquisitivos actuais tendo en conta a desvalorización sufrida.
-
Conxunto de instrucións de programación coas que se mellora algún aspecto dunha aplicación informática ou se corrixen erros que aquela puidese conter ou ben se evita que os poida provocar.
-
Posta ao día dunha páxina web na Internet.
-
Elementos funcionais nun poema que supoñen unha ruptura da estrutura métrica e introducen algún cambio na norma rítmica.
-
-
-
Proceso de muda ou troco cultural. A palabra aculturación emprégase para indicar que determinadas estruturas culturais foron introducidas nunha formación social da que non son propias a través do seu contacto. O proceso e feito de aculturación denomínase empréstito cultural. A aculturación é un dos obxectos de estudo prioritarios da denominada historia cultural, que estudia a estrutura dunha cultura histórica considerada funcionalmente. En todo estudo de aculturación aparecen sempre dous elementos históricos estruturalmente dinámicos: a cultura doadora e a cultura receptora; en ambas, o proceso de aculturación implica un readaptamento cultural. O fenómeno foi estudado sobre todo en sociedades primitivas que sufriron modificacións substanciais na súa estrutura cultural como consecuencia do seu contacto con culturas máis complexificadas. O estudo dun proceso de aculturación comporta o establecemento do estado previo de cada sistema cultural, das condicións do seu contacto,...
-
Proceso de modificación do sistema lingüístico como resultado da interacción con outro.
-
-
-
Acción e efecto de acumular ou de acumularse.
-
Proceso de transformación dunha parte da plusvalía en capital, que constitúe a forza motriz do desenvolvemento capitalista. O proceso de acumulación así entendido é un dos eixos da investigación marxista en teoría económica. A competencia entre as empresas no mercado capitalista fai absolutamente preciso o progreso técnico, ou as innovacións como di J. A. Schumpeter. Polo tanto, a técnica do proceso de produción está sometida a constantes transformacións. Esta demanda de innovacións, que constitúe unha verdadeira necesidade social, esixe a acumulación de capitais. A orixe da acumulación radica na produción de plusvalía. Unha parte da plusvalía chega a ser capital adicional, acumulado para ampliar a produción mediante melloras tecnolóxicas. Todo aquilo que contribúe a aumentar a plusvalía favorece a acumulación, pero non toda a plusvalía é acumulada porque aí hai unha parte dedicada ao fondo de consumo persoal. O proceso de acumulación ten toda unha serie de consecuencias: posibilita o aumento...
-
Fenómeno caracterizado pola persistencia no organismo dos efectos de determinados medicamentos, por mor da súa lenta eliminación. Esta acumulación pode ser tóxica.
-
Depósito de materiais sedimentosos producidos pola erosión.
-
Exercicio nun mesmo proceso, por unha ou máis persoas, de diversas accións contra unha ou algunhas persoas. En determinados casos cómpre, para que acumulación sexa admisible, que as accións que son acumuladas deriven dun mesmo título ou sexan fundamentadas na mesma razón.
-
Reunión de dous ou máis procesos xa incoados que teñen entre eles un vencello xurídico substancial para constituír un só e ser resoltos na mesma sentencia. Xustifícase por motivos de economía procesal e para evitar decisións contraditorias.
-
Reunión de dous ou máis expedientes administrativos intimamente relacionados para conformar un só e seguir unha única tramitación.
-
Acumulación do capital, non fundamentada nas relacións de produción capitalistas, é dicir, que non ten a súa orixe na produción de plusvalía -que é un concepto e produto da orde económica capitalista. Marx denominouna primitiva ou orixinaria e Adam Smith previa. A acumulación primitiva é condición necesaria para o desenvolvemento do capitalismo.
-
Proceso de transformación do excedente económico planificado en fondos de investimento dunha sociedade capitalista. É a diferenza entre o produto social formulado e o volume de consumo elixido.
-
Punto non illado que pertence á adherencia dun conxunto de puntos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cuñar, especialmente moeda.
-
-
Acción de acusar ou acusarse.
-
Inculpación realizada contra unha persoa por ter o convencemento de que cometeu un delito.
-
-
Exercicio dunha acción penal. A acusación dos delitos públicos é encomendada pola lei ao ministerio fiscal, pero tamén poden exercela os particulares; a acusación dos delitos só poden exercela as persoas que a lei determina.
-
Parte ou órgano do ministerio fiscal que se encarga de exercer esa tarefa.
-
Comunicado oral ou escrito que contén a narración dos denunciantes.
-
acusación falsa
Delito que consiste en imputar dolosamente a algunha persoa a comisión de feitos que, de ser certos, constituirían un delito ou unha falta perseguible de oficio. Realizada a imputación perante un funcionario, este, por razón do seu cargo, está na obriga de promover a pescuda e o castigo dos feitos imputados.
-
-
Declaración de culpabilidade falsa ou inxustificada contra un terceiro formulada por individuos mentalmente desequilibrados, como mitómanos, paranoicos, afectados de delirios crónicos ou dementes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción, chamada tamén reacción de Hopkins-Cole, que permite poñer de manifesto a presenza de triptófano nas proteínas.
-
-
Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.
-
O concepto de adaptación pode empregarse para o artellamento de explicacións funcionais ou finalistas ao explicar antecedente por consecuente, ben que, mercede precisamente ao concepto de adaptación, as formulacións finalistas poidan formularse en termos non finalistas.
-
-
Conxunto e resultado das reaccións por medio das que un individuo responde harmonicamente ás diferentes condicións que lle presenta un determinado ambiente, modificándose a si mesmo, ou ben modificando a realidade segundo os propios esquemas.
-
adaptación sensitiva
Redución progresiva das sensacións a pesar de persistiro estímulo.
-
-
Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven, ás veces, modificándoo. O medio social ao que a un se adapta consiste noutros individuos, grupos, institucións, relacións sociais de produción, ideoloxías, aparatos do estado, etc. O principal proceso adaptativo é a integración social (incorporación ou inclusión social das minorías étnicas e as comunidades de inmigrantes en condicións de igualdade de dereitos e obrigas sen ter que perder os seus sinais de identidade). Robert K. Merton sinala cinco modos de adaptación individual ás circunstancias: o retiro, a rebelión, a innovación, o ritualismo e a conformidade. A adaptación dos individuos ao seu medio social depende, en gran medida, da lóxica da situación.
-
Concepto empregado para a explicación das distintas secuencias evolutivas das culturas.
-
Conxunto de modificacións hereditarias (morfolóxicas, fisiolóxicas, metabólicas e etolóxicas) que permiten a un organismo ou unha especie adecuarse de xeito manifesto ás condicións bióticas e abióticas do medio. O punto de vista actual sobre a adaptación é que os organismos necesitan resolver de xeito beneficioso (determinado polo éxito reprodutivo) as variacións ou modificacións ambientais. Daquela xorde un paradoxo, pois segundo ese concepto a adaptación semellaría precisar dun mundo preexistente que xera un problema (p ex un cambio climático) que a propia adaptación resolvería; deste xeito, elimínase a dialéctica establecida polo proceso evolutivo entre o individuo e o seu medio. Un exemplo clásico da adaptación son os peteiros dos pinzós das Galápagos, descritos por Darwin, e a variabilidade da especie Biston betularia [bolboreta nocturna que vive nos bidueiros das Illas Británicas]. Recoñécense cinco tipos diferentes de peteiros nos pinzóns (de pico grande, de face ampla,...
-
Transformación dun texto non dramático (narración, guión, artigos xornalísticos) nun texto espectacular. Dende Bertolt Brecht, desígnase así á reescritura teatral dos textos clásicos ou á tradución dun texto estranxeiro. Comunmente, emprégase este termo para designar a reeleboración dunha obra literaria noutra lingua, xénero ou medio expresivo. De feito, as adaptacións de obras literarias ao cine son moi abundantes.
-
-
...
-
-
-
-
Partidario ou favorable á adaptación.
-
Proxecto de investigación destinado a clarexar o significado adaptativo das estruturas e das condutas.
-
-
-
Acción de adecuar ou de adecuarse.
-
Adaptación a un sistema ou a un lugar.
-
Correspondencia e identidade entre termos que están presentes nunha relación morfolóxica ou sintáctica.
-
eficacia biolóxica.
-
-
-
Tendencia, inclinación forte, a algunha cousa.
-
Dependencia psicolóxica e fisiolóxica cara ao consumo de drogas creadoras de hábito ou contra unha práctica fóra do control voluntario.
-
Inclinación moi forte ao emprego continuo de certas aplicacións informáticas, á navegación por Internet, ou á utilización do ordenador, creándose en todos os casos unha forte dependencia física e psíquica, negativa para a saúde.
-
-
-
Acción de engadir, de agregar.
-
Cousa engadida a outra.
-
Operación consistente en facer corresponder a cada parella de elementos dun determinado conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Nos números naturais, se A ten dous elementos, A = {a, b}, e B ten tres elementos, B = {c, d, e}, a reunión A∪B = {a, b, c, d, e} ten cinco elementos, 2+3 = 5. Nos números reais, o resultado da adición obtense sumando ou restando os valores absolutos dos sumandos segundo estes teñan o mesmo signo ou signo contrario. O signo da suma é + se os sumandos son positivos, e - se son negativos; se son de signo diferente, atribúeselle á suma o signo do sumando de valor absoluto máis alto. A adición ten sempre as propiedades conmutativa e asociativa.
-
Título da propiedade industrial que acredita as melloras introducidas nas patentes xa rexistradas.
-
Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da tal estrutura.
-
Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar, con todos os seus átomos compoñentes, unha molécula única.
-
Nome xenérico das reaccións orgánicas nas que os elementos dunha molécula en xeral simple (sumando), adiciónanse sobre outra molécula que contén un enlace dobre ou tripla (substrato), fixándose sobre os átomos nos que o enlace múltiple existía. As reaccións de adición constitúen un dos tres grandes grupos nos que as reaccións orgánicas se poden dividir. Caracterízanse pola desaparición no substrato dun enlace mínimo e a formación de cando menos dous novos enlaces con outros tantos átomos ou grupos, que poden provir da escisión homolítica ou heterolítica do sumando, ou poden ter previamente unha existencia autónoma, no caso da adición de ións. As reaccións de adición comprenden reaccións tan correntes e importantes como as reaccións de hidroxenación, adición de alquenos ou alquinos, as adicións de halóxenos, as de hidroaloxenación, adición de haluros de hidróxeno, as de hidración, adición de auga, etc. Os estratos susceptibles de sufrir adicións son, en xeral, as substancias...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode adicionar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se engadiu, que constitúe unha adición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer a adición ou suma de calquera elemento.
-
-
Acción de adiviñar, de predicir o futuro.
-
Semella que os pobos celtas situaban o comezo do ano contra o primeiro de novembro, festa de Todos os Santos ou Samahin, momento no que se tentaba o coñecemento do porvir no ano entrante. Perdura dalgún xeito na tradición galega que asegura que segundo o tempo que vaia nos doce primeiros días de xaneiro corresponderá respectivamente ao dos doce meses do ano, por mor do principio fundamental da maxia que mantén que o semellante produce o semellante. A noite de san Xoán é outro momento axeitado para o adiviñamento, se se deixa unha xema de ovo mergullada nunha cunca con auga para logo analizar e interpretar a forma que tomou ao longo da noite; por exemplo, sendo cadrada, cal un cadaleito, indica proximidade dunha morte na familia. A aeromancia (adiviñación a través da observación do aire), apantomancia (adiviñación a través da observación das flores), coscinomancia (adiviñación a través da observación do comportamento de certos obxectos como as tesoiras), litomancia...
-
-
-
Acción de administrar.
-
O servizo de administración, os administradores.
-
Local onde se instala o servicio de administración.
-
Xestión xeral do patrimonio dunha empresa. Consiste en dirixir e harmonizar todas e cada unha das funcións particulares dunha empresa mediante criterios selectivos de eficacia técnica conforme á lei capitalista de obtención do máximo beneficio co mínimo esforzo investido.
-
Acto de conservación e de explotación dun patrimonio universal ou de bens concretos, realizado de acordo coa natureza dos bens e coa lei ou cos poderes outorgados. Os actos de administración ou administración ordinaria, son normalmente actos prudentes destinados esencialmente ao mantemento, conservación e uso da cousa ou patrimonio, incluída a súa explotación normal.
-
-
Organización dos tribunais e xulgados para exerceren a potestade xurisdicional, xulgando e facendo executar o que xulgaron.
-
administración de xustiza
Acción dos xulgados e tribunais que exercen a potestade de aplicar as leis.
-
-
-
Conxunto de atribucións que teñen legalmente asignadas. Actividade que realizan as entidades públicas e os órganos que constitúen a administración pública, no exercicio das facultades e das competencias que se lle outorgan.
-
...
-
-
-
-
Emoción producida pola vista, a contemplación, a consideración, dunha persoa ou cousa extraordinaria, marabillosa, dunha gran beleza; sentimento de pracer e aprobación provocado por unha persoa ou cousa que posúe algunha calidade extraordinaria, excelente.
-
Obxecto de admiración, recoñecemento e aprecio.
-
Impresión positiva ou negativa que se produce na persoa por algo que non se agarda.
-
Signo ortográfico colocado ao final (...!), por exemplo no inglés e no portugués, ou ben ao principio e ao final (....!), como no caso do galego e do castelán, dunha proposición exclamativa ou dunha interxección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amoestación e advertencia ante un erro ou mal cometido por unha persoa.
-
-
Acción e efecto de adoptar.
-
Aceptación dunha moda ou corrente que, xeralmente, vén de fóra.
-
Institución xurídica que consiste en tomar como fillo a quen non o é por xeración, e que establece relacións idénticas ás da filiación por natureza. A adopción baséase nos principios de integración familiar e de beneficio do adoptado, supoñendo polo tanto unha ruptura completa do vínculo xurídico que o adoptado mantiña coa familia anterior. De acordo cos consellos do Convenio Europeo en materia de adopción (1967), esíxese en case todos os casos un período de proba (acollemento preadoptivo). Para poder adoptar requírese estar en pleno exercicio dos dereitos civís e, polo menos un dos adoptantes, ser maior de vinte e cinco anos e exceder como mínimo en catorce anos a idade do adoptado. Só poden ser adoptados os menores non emancipados que se encontren en situación de acollemento preadoptivo, con excepción de casos concretos enumerados pola lei. A adopción constitúese por resolución xudicial. Deben dar o seu consentimento diante do xuíz, ou os adoptantes e o adoptado maior de doce anos, co...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que ensina que Xesucristo, en tanto que home, é fillo de Deus só por adopción. Os precedentes da doutrina encóntranse xa en Teodoto en Roma contra o 190 e nos monarquianos.