"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
-
-
Citación para obrigar a unha persoa a que execute unha cousa.
-
Persoa que fai a citación.
-
-
Persoa que se asombra por calquera cousa ou queda sen reaccionar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de romper unha célula, xa sexa por parte doutra célula (célula citotóxica) ou dun composto químico (citotoxina), como a afanastatina, un limonoide presente na Aphanamixis grandifolia. A citotoxicidade deixa un camiño aberto para combater selectivamente as células tumorais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta citotoxicidade, especialmente as substancias que inhiben a división celular e os linfocitos T que poden destruír as células infectadas por virus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación e desenvolvemento dunha célula.
-
-
Parte da xenética que estudia o comportamento dos cromosomas dentro da célula, especialmente nos procesos mitóticos e meióticos.
-
Conxunto de procedementos empregados nas análises cromosómicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citoxenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que orixina células ou induce á súa formación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinal ou aboladura que se fai sobre algunha cousa ou na man dunha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldehido líquido moi oloroso que constitúe entre o 75% e o 85% do aceite do lemon grass; tamen se dá en pouca cantidade nos aceites esenciais da verbena, do limón e da laranxa, en todos eles en forma de mestura das dúas formas xeométricas isoméricas xeranial (citral-α) e noral (citral-β). Emprégase na síntese da vitamina A e en perfumería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oz que se emprega como complemento ou contraposición a fulano e mengano indicando unha persoa indeterminada. Ex: Preguntoume con quén fora e respondinlle que con fulano, mengano e citrano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido cítrico.
-
-
Relativo ou pertencente aos cítricos. Ex: A produción cítrica do Mediterráneo está entre as primeiras do mundo.
-
-
Designación que recibe cada unha das pequenas árbores e arbustos da familia das rutáceas, concretamente do xénero Citrus. Tamén inclúe algún outro xénero moi afín, de froito en hesperidio, grande e comestible, de polpa (compartimentada en cuarteirón) con moito zume, aceda e rica en vitamina C, e de pel rugosa, coriácea e grosa, provista de numerosas glándulas oleíferas. Os cítricos máis importantes son as laranxeiras, os mandarineiros e os limoeiros, e tamén as cidreiras, as bergamotas e os pomelos, dos que se coñecen numerosas variedades e híbridos. Cultívanse, fundamentalmente, en moitos países subtropicais, nas zonas próximas ao mar ou de terra baixa, sobre solos ben drenados. Os cítricos non se comezaron a estender como cultivo comercial ata o final do s XVIII por algunhas rexións de Europa, especialmente na Comunitat Valenciana, e ata o final do s XIX por América do Norte. As plantacións de Asia, onde se orixinou o cultivo, continuaron coa súa forma tradicional e non teñen...
-
Froito dun cítrico. Ex: Podemos considerar o limón como o cítrico por excelencia.
-
-
Ácido tricarboxílico amplamente distribuído en tecidos e líquidos orgánicos. Obtense do zume do limón e doutras plantas da familia dos cítricos, da piña americana e por fermentación fúnxica de melazas co fungo da especie Aspergillus niger. Emprégase para a elaboración de sales efervescentes, xaropes, bebidas aciduladas, etc. Úsase como regulador do pH, como antioxidante e antiespumante, e como reactivo analítico para a determinación de albumina, glicosa e pigmentos biliares.
-
Ciclo de Krebs.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de cultivo dos cítricos. As variedades máis cultivadas son a laranxeira (coas variedades do grupo navel), a laranxeira mandarina (coas variedades do grupo satsuma e clementina), o limoeiro e o pomelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de cuarzo de cor amarela e transparente. Moitas das citrinas son, en realidade, ametistas que sufriron un tratamento térmico. As pedras talladas véndense a miúdo como topacios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor do limón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas, da familia das enterobacteriáceas, que fixan o nitróxeno e degradan a lactosa. Poden ocasionar patoloxías no aparato dixestivo humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca de vehículos comerciais do grupo francés PSA Peugeot Citroën, formado en 1976 trala fusión das empresas Citroën (fundada en 1913) e Peugeot (fundada en 1815) e cunha factoría en Vigo (instalada en 1958). A marca, presente en 70 mercados, apostou dende un principio pola innovación, tanto no estilo como na tecnoloxía (suspensión hidráulica, telemática de embarcación, etc). Algúns dos modelos da gama son: Saxo, Xsara, Xsara Picasso, Xantia, XM, Evasión, Jumper, Jumpy, Berlingo, e C5.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial. Dedicado inicialmente á fabricación de engrenaxes de dentes angulares, en 1908 pasou a dirixir a fábrica de automóbiles Mors. Rematada a Primeira Guerra Mundial, decidiu transformar a súa fábrica con vistas á produción en serie dun automóbil popular. En 1919 fundou a Société Anonyme André Citroën e lanzou o primeiro modelo de 10 CV, tipo A. Foi o primeiro en aplicar en Europa os métodos de traballo en cadea e dotou o automóbil da posta en marcha eléctrica, da carrocería monopraza e de tracción dianteira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e fotógrafo alemán. Destacou polas súas fotomontaxes e fotocolaxes urbanas. En 1919 uniuse ao círculo Dada de Berlín e colaborou co fotógrafo holandés Erwin Blumenfeld, de quen adoptou o procedemento de colaxes de fotografías e postais. Os seus traballos defínense pola estética urbana, tal e como amosou na variación Metrópole (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea do xénero Cymbopogon da familia das poáceas. Presenta un pequeno bulbo do que se extrae un aceite que contén citral, elemento empregado en perfumería e como saborizante alimentario, con propiedades carminativas e sedantes. As especies C. citratus e C. nardus, orixinarias de Asia tropical, cultívanse en áreas tropicais de África, Australia e no S de Norteamérica.