"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
PERSOEIRO
Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa Apolonia, que foi integrada na de Xava despois de 1887.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khindasvinto.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar Exeo formado por vinte e catro illas maiores e unhas duascentas menores, que constitúe un nomós de Grecia (2.572 km2; 94.005 h [1991]). Destacan as illas de Siros, Delos, Andros, Melos, Tinos, Santorini, Naxos, Paros, Amorgós e Míkonos. A capital é Hermoúpolis, na illa de Siros (13.877 h [1981]). Os seus recursos principais, ademais do turismo, son a agricultura e a pesca. Estas illas poboáronse dende o Neolítico, no que destacou a denominada cultura cicládica que exerceu unha importante influencia artística sobre outros centros do Mar Exeo e que foi absorbida pola cultura micénica durante a Idade do Bronce. Incorporáronse á Liga de Delos (478-477 a C) e permaneceron baixo a influencia ateniense ata a Guerra Social (357-355 a C), cando se rebelaron. Sometidas a Macedonia e a Exipto de xeito alternativo, foron conquistadas no 88 a C por Mitrídates VI Eupátor, rei do Ponto, e posteriormente pasaron ao dominio de Roma. Na Idade Media estiveron baixo o...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do extremo setentrional da illa de Monteagudo ou do Norte, no arquipélago e parroquia das Cíes (concello de Vigo). O seu cumio acada os 188 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo das Seis Nacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Pontevedra na praza Roxelio Lois, tamén chamada das Cinco Rúas, por onde pasa o Camiño de Santiago Portugués. Trátase dun cruceiro e dun peto de ánimas datados en 1733, segundo reza a inscrición situada no fuste. A súa construción debeuse á doazón que fixeron Antonio Gomes e Leonia Domínguez por motivos probablemente devocionais. Nel mestúrase a súa función como esmoleiro, hoxe desaparecida, a decoración tradicional dos petos de ánimas, a imaxinería relativa ao pecado orixinal, nunha escena de Adán e Eva na parte baixa do fuste, e a representación de símbolos que fan referencia á paixón de Cristo. A cruz que se erixe sobre o capitel decórase cunha figura de Cristo e con outra da Virxe acompañada de dous anxos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptaron as Xornadas do Cine en Ourense na súa última edición, no ano 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas cinematográficas que tiveron a súa orixe nos anos 1970 e 1971 coa creación do Cine-Club Padre Feijoo. Luís Álvarez Pousa e Xosé Paz foron os principais impulsores desta actividade, que chegou a concretarse coa inauguración da “I Semán do Cine en Ourense” no mes de xaneiro de 1973. Estas xornadas foron decisivas na consolidación do cine en Galicia durante a década de 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lugo o 29 de agosto de 1855 co nome de Círculo-Recreo de Artistas, Comerciantes e Curiales. O 2 de setembro do mesmo ano tomou o nome de Círculo das Artes. O seu primeiro presidente foi Pedro López Escariz e, dende 1988, ocupa a presidencia José Carlos Sánchez del Valle Fernández. A sociedade, instalada nun principio no nº 13 de Praza Maior, trasladouse definitivamente en 1898 a un novo edificio proxectado polo arquitecto Bellido. Entre os proxectos futuros da sociedade figuran a construción en San Pedro de Labio dun novo local social e de instalacións deportivas e recreativas, e a rehabilitación de dous edificios adxacentes á actual sede social para a ampliación da mesma. Os fins da sociedade son a promoción e o desenvolvemento da cultura, das artes e do deporte, co que se realiza un labor educativo recoñecido coa declaración de sociedade de utilidade pública (1980). O programa de actos culturais abrangue exposicións, concertos, representacións teatrais, conferencias...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leituga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Sorrizo (concello de Arteixo), ten planta en forma de L con dous corpos rectangulares. No exterior destaca un balcón en ángulo. A portada principal está formada por un arco de medio punto no que se conservan dous escudos. Un deles, da época fundacional da casa, presenta as armas dos Rioboo, Villardefrancos, Castro e Figueroa, pois na segunda metade do s XVI pertenceu a Pedro Rioboo Villardefrancos e a Leonor Varela de Andrade. O segundo escudo pertence á época barroca e amosa as armas dos Bermúdez de Castro, Lobera, Caamaño, Andrade, Rioboo, Villardefrancos e Varela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte posterior da estrutura do casco que conforma o final da quilla, e que regularmente leva as ferraxes do temón. Nos barcos ou nas embarcacións a motor, ten unha abertura pola que pasa un tubo, coñecido como bocina, que contén e garda o eixe da hélice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de todas as normas xurídicas que regulan a vida das igrexas orientais católicas. Foi promulgado por Xoán Paulo II en 1990 para as vinte e unha igrexas orientais en comuñón con Roma e correspondentes a cinco ritos diferentes: o alexandrino (igrexas copta e etíope), o de Antioquía (igrexas malankar, maronita e siríaca) o bizantino (igrexas albanesa, bielorrusa, búlgara, eslovaca, grega, húngara, italo-albanesa, iugoslava, melquita, romana, rusa, rutena e ucraína) o armenio (igrexa armenia) e o caldeo (igrexas caldea e malabar).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro fundado en Coimbra (1548) baixo a iniciativa de Xoán III. Pertenceu á Universidade de Coimbra e funcionou como escola menor de latín e filosofía, onde se preparaban os alumnos que accedían despois ás escolas maiores de teoloxía, canons, leis ou medicina. André de Gouveia, o primeiro director, reuniu nese centro a humanistas que difundiron as ideas renacentistas en Portugal. Durante a época na que pertenceu aos xesuítas (1555-1759), o colexio decantouse cara a unha liña máis ortodoxa, sobre todo despois de 1564, ao seren promulgadas en Portugal as decisións do Concilio de Trento. Trala expulsión dos xesuítas, foi facultade da Universidade de Coimbra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatua de bronce de 32 m de altura feita por Cares de Lindos (290-280 a C). Foi unha das sete marabillas do mundo. Situada no porto de Rodas, coas pernas abertas apoiadas nas ribeiras, representaba o deus Helios como unha figura masculina cunha tea na man. Conmemoraba a vitoria da cidade sobre Demetrio Poliorceta no 305 a C. Destruída por un terremoto no 225? a C, os árabes derrubárona no 653 a C e venderon as súas pezas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de varias empresas mercantís creadas en Europa occidental durante os ss XVII e XVIII para a explotación do comercio coas Indias Orientais. Tiñan apoio gobernamental e autorización para adquirir territorios e exercer neles funcións de goberno, como lexislar, emitir moeda, declarar guerras, negociar tratados ou administrar xustiza. As principais foron: a Compañía Inglesa das Indias Orientais, con monopolio comercial en Asia, África e América, que estableceu as súas primeiras factorías na India (Madras, Bombai e Calcuta); e a Compañía Holandesa das Indias Orientais, fundada con privilexio dos Estados Xerais holandeses en 1602, que tiña o monopolio do comercio co Océano Índico e que colaborou na Guerra da Independencia contra Castela. A invasión francesa de 1795 cortou a comunicación da Compañía cos seus establecementos coloniais e provocou a súa fin (1798). A Compañía Francesa, constituída en 1664 por Jean Baptiste Colbert, mantivo o monopolio do comercio nos océanos Pacífico e Índico....