Código dos canons das igrexas orientais
Código dos canons das igrexas orientais
[DER]
Recompilación de todas as normas xurídicas que regulan a vida das igrexas orientais católicas. Foi promulgado por Xoán Paulo II en 1990 para as vinte e unha igrexas orientais en comuñón con Roma e correspondentes a cinco ritos diferentes: o alexandrino (igrexas copta e etíope), o de Antioquía (igrexas malankar, maronita e siríaca) o bizantino (igrexas albanesa, bielorrusa, búlgara, eslovaca, grega, húngara, italo-albanesa, iugoslava, melquita, romana, rusa, rutena e ucraína) o armenio (igrexa armenia) e o caldeo (igrexas caldea e malabar).