"EAC" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 135.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor británico. Creou a fotografía narrativa, xunto con Oscar G. Rejlander, na que ofrecía especial atención ás poses, aos vestidos e aos decorados. Dedicouse aos retratos (1857) e deulle ás súas fotografías un carácter poético, para o que empregou a composición de negativos e as montaxes. Pioneiro do pictorialismo (1880), fundou The Linked Ring (1892) para defender esa estética, tras abandonar a Sociedade Fotográfica (1862-1891). Publicou Pitorial Effect in Photograpy (1869), Picture making by Photography (1884) e Art of Photographic (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción, introducida no ano 1918, que permite a redución de cloruros de hidróxeno a aldehidos mediante a hidroxenolise do enlace carbono-cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocloruro de rosanilina disolto en auga e descolorado con dióxido de xofre, que se volve de cor maxenta cos aldehidos e se emprega para detectalos en bebidas alcohólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento simple e rápido para a acilación de alcohois e aminas con formación de ésteres e amidas. Realízase axitando unha mestura do alcohol e a amina cunha base acuosa e un exceso dun haloxenuro de acilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos procesos de oxidación ou de redución cando se consideran por separado nunha reacción de oxidación-redución.

    2. Tempo preciso para que, nunha reacción química, a concentración dun substrato inicial se reduza á metade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento sintético para a preparación de aneis ciclopropánicos, que foi introducido no ano 1959 por H.E. Simmons e R.D. Smith e que consiste no tratamento dunha olefina disolta en éter con diiodometano en presenza do par metálico cinc-cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de síntese que permite a preparación da quinoleína e dos seus derivados a partir dunha anilina que se trata con glicerol, ácido sulfúrico e un axente oxidante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Connacht (1.837 km2; 58.200 h [2002]). A súa capital é Sligeach (17.285 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que permite a síntese de aldehidos aromáticos mediante a conversión dun haloxenuro primario nun sal de amonio e posterior hidrólise ácida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás teáceas.

    2. Planta da familia das teáceas.

    3. Familia de plantas leñosas, con follas simples e alternas, flores actinomorfas, ordinariamente hermafroditas e xeralmente pentámeras, solitarias ou dispostas en cimas, e froitos en cápsula loculicida ou en baga. Son plantas naturais das rexións tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista. Convertido en periodista profesional, colaborou coa revista satírica Punch, con escritos que máis tarde reuniu no volume The Book of Snobs (1848). Das súas primeiras novelas históricas destaca The Luck of Barry Lyndon (1844), revisada máis tarde que apareceu co título de The Memoirs of Barry Lyndon (1856), unha longa obra ambientada no s XVIII. Vanity Fair (1847-1848) foi a primeira novela que apareceu co seu nome e a que o consagrou. Posteriormente tirou do prelo Henry Esmond (1852), outra novela histórica, pero dunha maior formalidade en canto á estrutura. Das súas obras contemporáneas destaca The History of Pendennis (1848); e a balada The Rose and the Ring (1855), en prosa, que foi considerada un texto modélico para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás timeleáceas.

    2. Planta da familia das timeleáceas.

    3. Familia de plantas arbustivas, da orde das mirtais, que presentan follas simples, enteiras, sésiles, alternas ou opostas. As flores son actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, normalmente tetrámeras, con ovario súpero, sépalos petaloides e pétalos ausentes ou escamosos e de froitos habitualmente en drupa ou en núcula. Son naturais do S de África, Australia e a rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propulsor de reacción que funciona grazas á exección dos gases resultantes de queimar, á presión, un combustible cun grande exceso de aire tomado do ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Virginia, EE UU (425.257 h [2000]). Está situada na badía de Chesapeake, na costa atlántica. A economía baséase no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO