"EAT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Presencia anormal de graxas nas deposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dexeneración da graxa dun tecido ou dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de descentralización teatral que se iniciou en 1935 e que constituíu a primeira iniciativa de financiamento público das artes escénicas en EE UU. Dirixido pola directora Hallie Flanagan, tiña como obxectivo ofrecer traballo aos profesionais da escena afectados pola crise económica e promover a difusión dos produtos escénicos en todo o territorio estadounidense, con espectáculos para todo tipo de públicos, desde a infancia e a mocidade ata as minorías lingüísticas emigrantes. Nas diferentes unidades de produción que se estableceron atópanse artistas notables como Orson Welles, Arthur Miller, Paul Green ou Elmer Rice. Produciu centos de espectáculos que foron contemplados por decenas de millóns de espectadores, e na maioría deixábase sentir unha lectura crítica da realidade social e política dunha época chea de conflitos e transformacións, e esa foi a causa de que en xuño de 1939 o Congreso dos EE UU cancelase o proxecto e acusase aos seus promotores e directores de esquerdismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Lugo no colexio Fingoi por Ricardo Carballo Calero e que entre 1950 e 1965 constituíu unha das primeiras experiencias de teatro escolar en galego nos anos que seguiron á posguerra, aínda que tamén se presentaban espectáculos en castelán, con textos de Lope de Rueda ou Lope de Vega. Amais de diversos textos da autoría do seu director, como a Farsa das zocas (1963), o colectivo estreou espectáculos creados con textos de Castelao, Rosalía de Castro, Plauto, Seami Motokiyo ou Ramón Cabanillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado fosfórico da creatina que se atopa nos músculos e outros tecidos dos vertebrados, onde é unha reserva de fosfatos de elevado potencial. A fosfocreatina cede o ácido fosfórico necesario para a fosforilación das hexosas que derivan do glicóxeno muscular con intervención do ácido adenílico, e fórmase o ATP a partir do ADP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de teatro afeccionado fundado por Eduardo Gutiérrez en 1975 e que desenvolveu unha considerable actividade no campo da dinamización teatral, con espectáculos como O tío Miseria (1975), Beiramar (1984), sobre o texto de Armando Cotarelo ou Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano (1985), segundo a peza homónima de Eduardo Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Australia, no Océano Pacífico, diante da costa sudoriental do estado de Queensland.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás augas subterráneas.

    2. Auga acumulada no subsolo sobre unha capa impermeable e debaixo da zona freática.

    3. Zona baixo a superficie do terreo en que a auga se acumula a unha presión superior á atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de teatro cun aforo aproximado de cen localidades que foi creada en 1993 pola compañía Matarile Teatro. Realiza unha actividade moi diversa que vai desde a organización de cursos de formación ata a presentación das máis diversas experiencias e propostas escénicas, normalmente relacionadas coas novas tendencias e a procura de novas linguaxes artísticas e escénicas. Na súa programación teñen especial relevancia os espectáculos de teatro alternativo, de teatro e danza, e de vídeo e teatro, amais da exhibición das producións da compañía titular e doutras compañías galegas e peninsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia católica editada en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1890. Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha pequena interrupción. Cesou probablemente o 26 de novembro de 1892. Subtitulouse “Semanario popular-Utile et Dulce”. Dirixiuna Hipólito Codesido Sánchez e imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Madrigal. Incluíu información de actualidade, agás política, xunto con retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecida como a Latina, foi preceptora de Isabel a Católica e mecenas de numerosas institucións relixiosas, entre as que destacan o hospital de Santa Cruz e o convento da Concepción Jerónima. Atribúenselle varios comentarios á obra de Aristóteles e Notas sabias sobre los antiguos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Cadea montañosa que rodea a costa oriental de Australia, desde a península de Cape York, ao NL do continente, ata o estado de Victoria, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Norfolk, Inglaterra, Reino Unido (48.273 h [1981]). É o principal porto inglés da pesca da sardiña, no esteiro do Breydon Water. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Town Hall (1261-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado en 1931 por Harold Clurman, Lee Strasberg e Cheryl Crawford, ao que se uniu pouco despois Stella Adler. Seguindo a tradición dos pequenos teatros experimentais de principios de século, a súa finalidade era establecer novas maneiras de realización teatral e repertorios renovados, centrados na obra de autores novos. O grupo separouse en 1941 pero a súa influencia foi decisiva na introdución en EE UU das ideas de Konstantin Stanislavski, das que deriva o coñecido como método.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de mercaderes que monopolizou as relacións comerciais no N de Europa durante toda a Idade Media e parte da Idade Moderna. Ao longo dos ss XII e XIII, as guildas de comerciantes alemáns conseguiron consolidar o seu control sobre unha serie de cidades nas illas e ribeiras dos países bálticos e garantir así o seu monopolio comercial. En 1241 numerosas cidades xermánicas lideradas por Lübeck e Hamburgo asinaron un tratado polo que a primitiva asociación de mercaderes se transformou nunha confederación de setenta e seis cidades dotadas con privilexios marítimos e comerciais. O centro da alianza, establecido inicialmente en Visby, pasou a Lübeck, onde a partir de 1356 se celebraron as asembleas para elaborar os regulamentos xerais de comercio e navegación e as normas de carácter económico. Ademais, tamén se estableceron importantes factorías nas cidades de Bruxas, Nowgorod, Bergen e Londres. A federación aseguraba desta maneira a supremacía marítima e establecía un bloqueo económico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hansa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Membro do Conservative Party, ocupou diversos ministerios (1959-1965) e a xefatura do partido (1965). Primeiro ministro desde 1970, tentou restaurar as finanzas británicas, pero a hostilidade dos sindicatos fíxolle perder as eleccións (1974) e o liderado do partido (1975), que pasou a mans de M. Thatcher.

    VER O DETALLE DO TERMO