"ECU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
-
Relativo ou pertencente á fecundación.
-
Que fecunda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fecundador.
-
-
Producir a fecundación.
-
Facer que unha cousa sexa fecunda ou produtiva.
-
-
-
Calidade de fecundo.
-
Capacidade de fecundación, que depende das características xenéticas e do medio interno e externo. Os estímulos sensoriais, a luz, a temperatura, a humidade e o efecto de grupo son os factores externos que inflúen máis sobre a fecundidade. A fecundidade nun animal caracterízase polo seu potencial reprodutor, que nos vivíparos corresponde ao número de fillos por camada e nos ovíparos ao número de ovos por posta, e tamén ao número de postas ou de camadas ao ano. A necesidade de manter o equilibrio ecolóxico condiciona a fecundidade das especies, polo que é importante a relación que existe entre o número de ovos por posta e o número de ovos que sobreviven, e entre o número de fillos por camada e o número de fillos que sobreviven. Normalmente os organismos asumen unha idade reprodutiva limitada, suficiente para substituír a súa poboación varias veces.
-
Relación entre o número de nacementos e o número de mulleres en idade fértil. Normalmente establécese a taxa de fecundidade por idades (cociente entre o número de nacidos de nais dunha determinada idade e o número total de mulleres desa mesma idade) e sumadas todas as mulleres en idade fértil, obtense a taxa de fecundidade neta, contraposta á taxa de fecundidade xeral. Tamén se poden considerar só os nacementos femininos, co que se poden proxectar as posibilidades reprodutoras futuras.
-
Ritos e actos simbólicos polos que os homes procuraron, dunha maneira relixiosa ou máxica, a expansión e a conservación da vida en calquera das súas manifestacións, vexetais, animais ou humanas. Prácticas como a circuncisión e subincisión, a clitoridectomía están parcialmente vinculadas á busca da fecundidade en diversas culturas. Na cultura tradicional galega existiron diversos rituais de carácter relixioso e simbólico para propiciar ou atraer a fecundidade, como os que se celebraban na Lanzada (o baño das nove ondas) ou na “pena do namorados”, en Ponteareas, ademais de noutros santuarios.
-
-
-
Que é capaz de reproducirse.
-
-
Que produce moito froito.
-
Que produce abundantes obras ou dá bos resultados.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q. A ecuación de Fokker-Planck ten unha importancia crecente na física estatística, sobre todo no estudo dos fenómenos cooperativos e nas transicións de fase, e a dinámica da maioría dos procesos irreversibles dáse por unha ecuación de Fokker-Planck.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De orixe románica, ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida con dous tramos, un recto cuberto cunha bóveda de canón e o outro semicircular con bóveda de forno. O arco triunfal é de medio punto, cunha arquivolta interior en aresta e outra exterior cunha moldura axadrezada, que se apoia en columnas pegadas de bases tóricas. No lado N da nave engadiuse un corpo. Conserva un retablo neoclásico. A porta principal está formada por unha arquivolta con doelas en aresta; o tímpano apenas está decorado. A espadana é de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Repetición dun acto, feito ou suceso.
-
Número de veces en que algo se repite.
-
-
-
Cociente nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo entre o efectivo dun valor concreto do carácter, ou dunha clase de valores, e o número de individuos que integra a mostra. Se o carácter cuantitativo é discreto, e toma os valores x 1 ,...,x n sobre unha mostra de N individuos, a frecuencia ou frecuencia relativa do valor x i é o cociente f i =n i /N, onde n i é o efectivo do valor x i , é dicir, o número de individuos da mostra que presentan o valor x i do carácter. A representación gráfica da función de distribución x i →f i é unha liña poligonal que se obtén ao unir os puntos de coordenadas (x i , f i ), i=1,...,n, denominada polígono de frecuencias. De maneira análoga defínese a frecuencia para unha clase ou...
-
Cociente f, nunha serie de N repeticións dunha experiencia na que se estudia a realización ou non realización dun suceso A, entre o número de sucesos en que A ten lugar e o número total de sucesos, N: f=n/N. O número f é a frecuencia ou frecuencia relativa do suceso A.
-
frecuencia acumulativa
Suma das frecuencias dos valores do carácter, ou das clases de valores do carácter, anteriores ao valor que caracteriza a frecuencia acumulativa en cuestión, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo. Se o carácter cuantitativo é discreto, e toma os valores x 1 ,...,x n , a frecuencia acumulativa do valor x i é o número F(x i )= i Σf j , onde f j é a frecuencia do valor x j .
FORMULA
j=1
A representación gráfica da función x i →F(x i ) é unha curva graduada denominada curva acumulativa ou curva de frecuencias acumulativas. De maneira análoga defínese a frecuencia acumulativa para unha clase ou intervalo en distribucións continuas.
-
-
-
Número de períodos ou ciclos completos por unidade de tempo nun proceso periódico. A unidade de frecuencia é o ciclo ou período por segundo (c/s), chamado hertz (Hz)
-
frecuencia angular
[ω] Produto da frecuencia dun fenómeno alterno sinusoidal polo factor 2π, ω=2πf. Exprésase en radiáns/segundo. Tamén se coñece como pulsación.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para medir frecuencias magnéticas eléctricas alternas. Poden ser de diversos tipos: de láminas vibrantes, de bobina móbil ou de relación. Os de láminas vibrantes empréganse en corrente alterna industrial de 50 (ou 60) Hz, e constan dunha serie de láminas de diferente lonxitude que son excitables magneticamente, de maneira que a lámina que ten unha frecuencia propia igual á que se mide, entra en vibración. Para radiofrecuencias empréganse os heterodinos, os ondómetros e aparatos como a ponte de Wien. Os frecuencímetros dixitais realizan a medición mediante contadores dixitais, que calculan o número de ciclos do sinal durante un certo período de tempo e despois visualizan a magnitude baixo unha forma numérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de frecuentar.
-
-
Facer ou prácticar algo con frecuencia.
-
Ir a miúdo a un lugar.
-
Tratar con frecuencia a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para expresar a repetición frecuente dunha acción.
-
-
Que se repite a miúdo ou con intervalos curtos de tempo.
-
Que é usual ou o máis normal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección). A solución da ecuación de Friedmann explica, entre outras cousas, cómo a distancia entre as galaxias cambia co tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que dá as condicións baixo as que, nun sistema formado polos compoñentes 1, 2, 3,..., m, se pode producir unha evolución reversible.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma
FORMULA
A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
[Nome oficial cast: República de Guinea Ecuatorial] Estado de África occidental, que comprende unha parte continental (Mbini), situada entre Camerún ao N e Gabón ao L e ao S, e diversas illas do golfo de Guinea: Bioko, Pagalu, Corisco, Elobey Gran e Elobey Petit (28.051 km2; 464.000 h [estim 2001]). A capital é Malabo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A parte continental, ou Mbini, está formada por unha chaira litoral de 15 a 25 km de longo, dominada ao L polo zócolo antigo, que se eleva ata os 1.200 m no monte Mitra e que os principais ríos, como o Benito, atravesan en rápidos. O clima é cálido e húmido, con chuvias moi abundantes. O bosque denso ecuatorial cobre case todo o territorio. A vexetación natural foi destruída fortemente pola deforestación. A economía baséase na agricultura, que produce cacao, café, plátanos, aceite de palma, cacahuetes e cocoteiros e, para o consumo do país, mandioca e pataca doce sobre todo. O bosque cobre o 46% da superficie total e constitúe... -
ENTRADA LARGA
Ecuacións do movemento dun sistema dinámico de hamiltoniano H, dadas por
FORMULA
dqi /dt = ∂H/∂pi,
e porFORMULA2
VER O DETALLE DO TERMO
dpi /dt = - ∂H/∂qi,
onde t é o tempo, qison as coordenadas xeneralizadas, e pison os correspondentes momentos canónicos do sistema. Tamén reciben o nome de ecuacións canónicas do movemento. -
ENTRADA LARGA
Ecuación expresada, no estudo do movemento dun sistema físico, pola fórmula
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
onde H é o hamiltoniano do sistema, qi as coordenadas xeneralizadas, t o tempo, e S a incógnita, denominada función principal de Hamilton. A resolución da ecuación permite determinar as ecuacións do movemento do sistema.