"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • Individuo siamés unido co seu xemelgo pola parte inferior do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi célebre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde con cada unha das cen mil partes nas que se divide unha unidade.

    2. Que ocupa o lugar número cen mil nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cen mil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde con cada unha das cen millóns de partes nas que se divide unha unidade.

    2. Que ocupa o lugar número cen millóns nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cen millóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde con cada unha das cen mil millóns de partes en que se divide un todo.

    2. Que ocupa o lugar cen mil millóns nunha serie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número cen nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das cen partes en que se divide un todo.

    3. Cada unha das cen partes en que se divide unha unidade, especialmente de medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Centésima parte da unidade monetaria dos países adheridos á unión monetaria latina. No reinado de Isabel II designou varios divisores do escudo e do real e, desde 1869, é a centésima parte da peseta cuñada por Afonso XII e Afonso XIII.

    2. Moeda que ten este valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia que separa dous xenes entre os que existe un 1% de probabilidade de recombinación. Depende do tamaño do xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto, público ou privado, que se realiza na celebración dunha solemnidade relixiosa ou profana, segundo unhas normas ou uns costumes establecidos.

    2. Maneira de tratar a unha persoa de forma respectuosa, gardando as debidas formalidades.

    3. Saúdo ou outro acto, xeralmente esaxerado e afectado, que se lle dá a alguén. OBS: Úsase polo xeral en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cerimonia.

    2. Conxunto de formalidades e cerimonias que cómpre observar na celebración dunha solemnidade determinada.

    3. Libro que contén as regras do cerimonial de cada unha das diferentes solemnidades da Igrexa, dunha corporación ou de calquera acto público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza con moita cerimonia.

    2. Que cumpre escrupulosamente as cerimonias.

    3. Que lle gusta tratar ou ser tratada con grandes cumprimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do chirimoio, grande, en forma de piña, verde por fóra, cunha carne abrancazada e manteigosa, dentro da que se atopan as sementes, grandes e negras. Consómese crúa, moi adecuada en ensaladas e similares. Pode empregarse para preparar mousses, xeados e sorbetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia de ata 7 m de altura, con cortiza lisa e cinsenta verdosa. Presenta follas ovadas que acadan os 25 cm de lonxitude e pecíolo oco; flores pendurantes amarelas, de 2,5 cm de longo, con 3 sépalos e 6 pétalos dos que os tres internos son de menor tamaño; os froitos, as chirimoias, acadan os 12 cm de lonxitude, teñen forma ovoide, cor verde e polpa branca, doce e xugosa, con numerosas sementes negras de 1 cm. É unha especie orixinaria da zona andina sudamericana que se cultiva en moitas zonas tropicais e subtropicais como as Islas Canarias e a costa mediterránea da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como abbé de Choisy, foi sacerdote e abade de Saint-Seine, e participou na embaixada en Siam. Escribiu Journal du voyage de Siam (Diario da viaxe a Siam, 1687) e Mémoires (Memorias, 1721). Atribúeselle tamén a Histoire de la comtesse de Barres (Historia da condesa de Barras).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gromo das verduras.

    2. Parte superior dun monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘onda’. Ex: cimótrico, cimografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘fermento’. Ex: cimoproteína, cimoxénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente as cimodoceáceas.

    2. Planta da familia das cimodoceáceas.

    3. Familia de herbáceas da orde das naxadais, propias de augas superficiais do litoral e marismas de zonas tropicais ou subtropicais. Comprende 18 especies divididas en 5 xéneros. Na Península Ibérica está presente o xénero Cymodocea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio gráfico das oscilacións das paredes das arterias realizado cun cimógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para medir e rexistrar as oscilacións das paredes arteriais.

    VER O DETALLE DO TERMO