"Neira" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Pintora. Coñecida como Emeneira, o mundo do mar e todo o que acontece nel é a principal característica da súa obra, realizada na súa maior parte ao óleo. Destaca El cosido del mar e Naufragio azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e xornalista. Fundou as revistas Galicia Literaria (1883) e Galicia en Caricatura (1889), e colaborou en Follas Novas, Galicia e Galicia Moderna. Da súa produción literaria destacan Ecos del campamento (1876), El ahorcado (1879), Preludios (1880), Caldo Gallego (1889), Programa de los ángeles (1890), Los juegos florales de Orense (1901) e Montaña de Orense (1905), con prólogo de E. Pardo Bazán. O seu texto “El Romancero” foi incluído por Ricardo G. Polín no libro Homes do país (1999). Foi membro correspondente da Real Academia de Historia (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Italiana e doutor en Ciencias da Información, foi director da revista Fadamorgana e da área infantil e xuvenil da editorial Galaxia, así como das súas coleccións Árbore e Costa Oeste. Foi tamén coordinador literario de Tambre-Edelvives e das súas coleccións Ala Delta e Catavento ata 2003, e vicepresidente de Gálix. Autor de novelas, contos, artigos e estudos, publicou Ao outro lado do sumidoiro (1989, Premio Merlín 1988), Melanio e os paxaros (1990), Valdemuller (1998, Premio O Barco de Vapor), Os ollos do tangaleirón (1999, Premio O Barco de Vapor), As cousas claras (2000, Premio Merlín), A caixa do tesouro (2001), O home máis rico do mundo (2002) e O armiño dorme (2003). Membro do International Board on Books for Young People (IBBY), é autor da serie de biografías de persoeiros galegos “Así viviu”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu o concello de Baralla ata mediados da década de 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte dos concellos de Baralla, Becerreá e Láncara, e comprende 13 parroquias matrices e oito anexos.
-
GALICIA
Xurista e político. Pertenceu ao corpo diplomático e militou no Partido Liberal. Foi senador en tres lexislaturas entre 1893 e 1907, e desde 1910 foi nomeado senador vitalicio. Publicou o folleto titulado Consideradas observaciones a las teorías jurídico-sociológicas que se desarrollan en el discurso pronunciado por el Sr. Presidente del Tribunal Supremo, el día 15 de septiembre de 1914, en el solemne acto de apertura de los Tribunales de Justicia (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Colaborador habitual de Grial, Nordés e La Voz de Galicia, da súa produción destacan 19 poemas e O mar perdido (1990). Gañou o Premio Rozas de Xornalismo (1987), o Premio Xosé María Chao Ledo (1991) e o XII Premio Esquío de Poesía (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo. Presentou na cidade das burgas a comedia El pecado de Adán (1917), que non chegou a publicarse íntegra, pero da que si saíron partes na revista La Centuria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Emigrou a Bos Aires en 1949, onde mantivo un contacto moi activo e fecundo cos galeguistas exiliados Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela e R. Suárez Picallo. Alí, con outros mozos emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas (1953), das que chegou a ser secretario xeral ao ano seguinte, e o periódico Adiante, e participou na organización do Primeiro Congreso da Emigración Galega (1956). Neses mesmos anos publicou os seus primeiros traballos na prensa de Bos Aires e Montevideo, e ingresou na Escuela de Periodismo do Colegio Nacional de Bos Aires e máis tarde no Instituto Grafotécnico. Casou en 1957 coa escritora cubana de ascendencia galega Anisia Miranda, e xuntos fundaron ese mesmo ano a editorial e distribuidora do libro galego en América, Follas Novas. Ao carón deste proxecto editorial xurdiu a Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, apoiada por Neira Vilas e a súa muller. En 1961 instaláronse en Cuba, onde se comprometeron...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e físico. Exerceu no Real Hospital de Ferrol onde practicou a cirurxía e a disección anatómica. Viaxou a cidades europeas como París ou Londres para poder coñecer novas técnicas de física experimental. Foi o primeiro catedrático galego en introducir aires ilustrados europeos na universidade galega. Tratou de impartir a materia de física experimental a pesar do rexeitamento e a oposición dos seus colegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. Formado no convento de San Domingos de Bonaval e despois no colexio de San Gregorio de Valladolid, chegou a ser profesor de teoloxía e catedrático auxiliar da Universidad de Valladolid. Foi prior entre 1772 e 1775 de San Domingos de Bonaval e vigairo provincial do Reino de Galicia entre 1775 e 1776.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Neira na parroquia de Cela (O Corgo). Datada nos ss XIII-XIV e realizada en cantaría, ten catro vans con arcos de medio punto.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. As súas obras atópanse repartidas entre Ourense e O Bierzo. Destaca a igrexa parroquial de Santa María de Larouco (Larouco) e a igrexa de San Miguel de Las Dueñas (León).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cesta grande utilizada para transportar ou gardar o pan.
-
Recipiente para servir o pan na mesa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza do tear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feluxe ou capa negra que o fume e a graxa van formando na cheminea.