"Omán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 328.

  • Que ou quen padece heroinomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar por medio da observación da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Hispania romana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Hispania romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo de linguas románicas faladas na Península Ibérica: o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés e o catalán, e o desaparecido mozárabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos iberorromanos.

    2. Ibero baixo a influencia romana.

    3. Arte desenvolvida polos iberos baixo dominio romano. Destacan os relevos de Osuna (Sevilla), as parellas de oferentes do Cerro de los Santos (Albacete) e o relevo da muller e o guerreiro da Albufera (Alacant).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao dialecto do romanés que se fala en Istria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo de linguas románicas que se fala en Italia. Divídese, á súa vez, en linguas italorrománicas do norte (piemontés, lombardo, ligur, véneto, emiliano e istriota) e italorrománicas do centro e sur (marquesano, umbro, romano, abrucés, molisano, pullés, campano, lucano, calabrés, salentino e siciliano, toscano e corso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. En 1928 redactou, en colaboración con N. S. Trubeckoj e S. Karcevski, as célebres teses do Primeiro Congreso Internacional de Lingüistas, básicas para o estruturalismo. Foi un dos principais representantes do Círculo Lingüístico de Praga e un dos iniciadores do formalismo ruso. As súas investigacións centráronse principalmente na fonoloxía e en diversos aspectos da lingüística. A partir de 1941 trasladouse a EE UU, onde ensinou nas universidades de Harvard e de Columbia, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e na Escola de Altos Estudios de Nova York. Fundou a revista Word (1945) e escribiu, entre outras, as obras Aphasie und allgemeine Lautgesetze (Afasia e leis fonéticas xerais, 1944), Preliminaires to Speech Analysis (1952), Fundamentals of Language (1956) e Essais de linguistique générale (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico e realizador cinematográfico ucraíno. Operador durante a Guerra Civil española (Ispanija, 1939), rodou tamén en China, V Kitaje (A China, 1942), en Vietnam, Vietnam (1954), e en América Latina, Continente en llamas (1971-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía real de Bosnia que reinou desde 1250 ata 1463. Comezou con Prijezda I (1250-1257). Estevo I foi destronado pola familia Šubić, ata que Estevo II (1322-1353) recuperou o trono. Con Estevo Tomašević (1461-1463) extinguiuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela en que se relata o proceso de maduración que corresponde á xuventude dun artista. Trátase dunha variedade do bildungsroman que se orixina no Romanticismo alemán. O exemplo clásico é Retrato do artista cando novo (1916), de James Joyce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñación por medio do son que fan pedras preciosas ou outros obxectos ao caeren dentro dunha bacía de metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser sobrenatural da mitoloxía popular galega con diferentes atribucións. Xeralmente considéranse xenios maléficos que viven no aire e que provocan lóstregos e treboadas para estragar as colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou novelas, ensaios e poesía. Entre as súas obras destacan Lira de bronce (1901), Casta de hidalgos (1908), El amor de los amores (1910) e Roja y gualda (1934). Foi membro da Real Academia Española desde 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica de adiviñación que se basea na observación das pedras de abalar, e que constitúe un axeitado instrumento de adiviñación en todas as culturas da Europa occidental, onde se considera que as pedras poden respostar as cuestións que se lles formulen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da República Democrática do Congo (1.550 km). Nace na rexión de Katanga e, despois dun percorrido paralelo ao río Congo, aflúe preto de Isangi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno compulsivo da conduta que se manifesta por unha tendencia esaxerada a participar en xogos de azar e apostas que poidan proporcionar unha recompensa inmediata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baños públicos situados en Lugo. Construíronse entre os ss I e II, e se catalogaron dentro dos edificios termais menores, situados en pequenas poboacións ou campamentos militares, que carecen da magnificencia das grandes termas. Consérvanse os restos do apoditerium ou vestiario, constituído por dúas salas colindantes cun vestíbulo común, realizadas en cachotería de lousa e cubertas cunha bóveda de canón corrido. O caldarium ou sala de baños quentes conserva o acceso a través dun arco de medio punto. Tamén se conservan algúns elementos externos pero vinculados ao edificio como un pozo de agua quente, duns 2,5 metros de altura, feito en cantería de xisto e un muro de contención cara ao Miño. Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos marcomanos.

    2. Individuo do pobo marcomano.

    3. Pobo xermánico que habitaba os territorios situados entre os ríos Elba e Oder. Combateron os exércitos de Roma e, tralas vitorias de Druso (9-8 a C), emigraron a Bohemia, onde conseguiron o apoxeo do seu poder e estenderon o seu dominio sobre moitos pobos veciños. A partir do s III decaeu a súa importancia e, despois do s VI, refuxiáronse en Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO