"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Escrito en defensa de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que delega.

    2. Que inclúe unha delegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva a engano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ao demérito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siria (145 a C - 125 a C) e fillo de Demetrio I de Siria. Enfrontouse ás revoltas de Antíoco VI (145 a C - 142 a C) e Trifón (142 a C - 139 a C). Capturado polos partos durante unha campaña (139 a C), contou coa súa axuda para eliminar o seu irmán Antíoco VII (129 a C) e recuperou o poder ata que Alexandre II o derrotou diante de Damasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica denegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para depilar ou depilarse.

    2. Substancia que serve para depilar. Os depilatorios poden clasificarse en mecánicos e químicos. Os primeiros son mesturas de ceras, resinas e aceites que se aplican en quente e, ao retiralas de golpe, xa frías, levan o pelo arrincado. Os segundos son compostos sulfurados inorgánicos ou orgánicos que desfán a queratina que forma o pelo e a converten nunha masa plástica fácil de eliminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á deprecación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que depreda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • derrogatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que derroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antiinflamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Promesa mutua entre dúas persoas para contraer matrimonio.

    2. Acto ou cerimonia pola que se contrae matrimonio.

    3. Iconografía que representa o matrimonio entre a Virxe María e san Xosé. Entre outras destacan as realizadas por Il Perugino e Raffaello Sanzio (1504).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía no colexio San Bartolomé de Salamanca, foi mestre doméstico de Pedro de Castro e, cando este ocupou o bispado de Salamanca, seguiuno como provisor da diocese. Posteriormente foi cóengo da catedral de Ourense, onde se constituíu unha fundación co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que difama ou serve para difamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao que causa un atraso ou aprazamento.

      2. Circunstancia que serve para prorrogar e estender un termo xudicial ou o remate dun procedemento.

    1. Elemento narrativo que introduce unha posibilidade de acción máis ou menos verosímil no conxunto da trama, creando no lector unha expectativa que non se cumpre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de normas ou instrucións que serven para dirixir unha materia determinada ou un negocio.

    2. Consello encargado da xerencia dunha entidade pública, asociación ou partido.

      1. Táboa de control que informa sobre a capacidade e a memoria que ocupan no ordenador os datos ou os módulos.

      2. Lista dos ficheiros do disco duro que contén diversas informacións como o nome, o inicio da táboa FAT, a hora e data de creación e outros datos de interese. Hai dous tipos: a raíz, que fai as funcións do directorio principal, e os subdirectorios.

    3. Listados de persoas, organismos, institucións ou empresas que recollen datos sobre as mesmas, como o enderezo social, o teléfono ou o seu organigrama. A organización pode ser temática, xeográfica, alfabética, etc, e son revisados e actualizados con asiduidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de goberno francés que se constituíu trala aprobación da Constitución do ano III (setembro de 1795). Esta constitución, que deu nome ao período da historia de Francia comprendido entre o 4 de brumario do ano IV (26.10.1795) e o golpe de estado de Napoleón Bonaparte do 18 de brumario do ano VIII (9.11.1799), creou unha república dirixida pola burguesía comercial. A Constitución reduciu o número de electores e dividiu o lexislativo en dúas asembleas: o Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns, que elixían o Directorio. Este representaba o poder executivo e contaba con cinco membros, elixidos por un período de cinco anos. Entre as atribucións do Directorio estaban as de nomear os ministros, dirixir a administración, a diplomacia, o exército e a policía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída na xuntanza convocada pola Sociedade de Agricultores de Teis e celebrada en Vigo o 15 de decembro de 1907, coa finalidade de coordinar a loita pola redención foral. Na xuntanza participaron as asociacións agrarias e obreiras do Partido Xudicial de Vigo e adheríronse máis de corenta sociedades do resto da provincia. Iniciaron a campaña antiforal co mitin celebrado en Vigo o 26 de xaneiro de 1908. Entre os seus obxectivos cómpre salientar: a redención forzosa, a simplificación dos trámites legais, o establecemento por parte do goberno de bancos agrícolas que financiasen as redencións e a continuación da campaña a través de mitins nas capitais provinciais. Entre os seus oradores destacaron Xacinto Crespo, Carmen Álvarez e os seus teóricos Prudencio Landín e Emilio Rodal. Este último realizou unha viaxe a Cuba en setembro de 1909 na procura de apoios entre os emigrantes galegos, da que resultou a creación do Comité Antiforal de La Habana. En 1910 estivo presente nas reunións...

    VER O DETALLE DO TERMO