"Oza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

  • Relativo ou pertencente ao compositor J.C. Wolfgang Amadeus Mozart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Exerceu cargos en conventos en Filipinas e foi arcebispo de Manila (1890-1902), onde tomou parte na rendición do arquipélago ante os estadounidenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, xurista e xornalista. Militou e desempeñou altos cargos na dirección da Juventud Federalista, rama xuvenil do Partido Republicano Federal. Foi inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, así como un gran defensor do federalismo galego. Dirixiu o diario La República (1884-1885) e defendeu a democracia republicana e o federalismo autonomista como forma de estado. Escribiu Los derechos individuales son legislables? e El Parlamentarismo (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi deputado nas Cortes do Estatuto Real, e presidente do goberno (novembro de 1843). Intentou formar un goberno progresista, e para conseguilo recorreu á disolución das Cortes. Esta decisión provocou unha reacción fortísima na corte e foi destituído e exiliado. Participou en todas as conspiracións que conduciron á Revolución de Setembro de 1868. Foi embaixador en Francia (1840, 1854 e 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Coruña baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Pedro, onde se atopa a capital municipal, no lugar de Oza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Teo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello anexionado ao da Coruña por resolución das Cortes españolas en xullo de 1912. En 1907 anexiouse ao termo parroquial de Santa María de Oza e en 1911, levouse a cabo a anexión do distrito enteiro de Oza. A principios do s XX, as parroquias que integraban o concello de Oza eran as de Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-L da provincia da Coruña ( 43° 13’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Betanzos e Coirós (comarca de Betanzos), ao L cos de Coirós e Aranga (os dous da comarca de Betanzos), ao S cos de Curtis e Cesuras (comarca de Betanzos) e ao O co concello de Abegondo (comarca da Coruña). Abrangue unha superficie de 72,1 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.203 h (2007), distribuída nas parroquias de Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, A Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente. A súa capital é Oza, na parroquia homónima, localizada a 30 km da cidade da Coruña e a 66 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O concello de Oza dos Ríos constitúe unha área de transición entre as superficies de aplanamento da meseta oriental coruñesa e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Construída en estilo románico (s XII), uniuse á igrexa de San Nicolao de Cis e a comezos do s XIV ambos os dous templos anexionáronse a San Martiño Pinario. Consta dunha soa planta rectangular, rematada nunha ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O espazo entre a nave e o presbiterio ocúpao un arco triunfal sostido por semicolumnas adosadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proba dun positivo fotolito para offset que se obtén sobre papel ozalid e polo procedemento da diazocopia, no que se aproveitan as propiedades de certos sales que se destrúen ao contacto cos raios ultravioletas.

    2. Papel recuberto por unha das súas caras cunha emulsión a base de sales de diazonio moi sensibles á luz ultravioleta, que se utiliza para obter copias de orixinais translúcidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión montañosa do centro de EE UU, que se estende desde Saint Louis (Missouri) ata o río Arkansas. Xunto co macizo de Wichita, representa a única grande extensión de topografía accidentada entre os Apalaches e as Montañas Rochosas. Ten recursos minerais como bauxita, carbón, chumbo ou zinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra xaponés. Ampliou estudos en Berlín con H. von Karajan e foi discípulo de L. Bernstein en Nova York. Debutou en EE UU en 1962, e dirixiu as orquestras de Toronto (1965-1969), San Francisco (1970-1976), Boston (1973-2002) e Viena (desde 2002). Director convidado de numerosas orquestras europeas e americanas, realizou un gran número de gravacións. Foi nomeado Chevalier de La Légion d’Honneur (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador colonial e bispo de México. Reformou os estudos universitarios e opúxose aos xesuítas a causa da xurisdición eclesiástica. En 1649 ocupou o bispado de Osma. Carlos III e os inimigos dos xesuítas intentaron, no s XVIII, que fose canonizado, sen éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de planta redonda da arquitectura popular galega con presenza ao longo das distintas etapas históricas. É unha das vivendas máis primitivas do NO da Península, que aínda pervive nalgúns lugares das serras luguesas. Este primitivismo maniféstase ao se constituír nunha unidade en que se integra a vivenda, corte, forno e almacén. A súa orixe non se coñece con precisión e moitos autores identifícana coas casoupas redondas das vivendas castrexas, con paralelismo no aparello dos muros, nos escasos ocos e na cuberta vexetal. Aséntase en terras montañosas, de topografía abrupta e climatoloxía moi adversa, e localízase en asentamentos situados a media ladeira e de terras aptas para o cultivo. A evolución da primitiva casa de planta circular deu orixe aos seguintes modelos espaciais: a palloza de planta oval, a máis numerosa, a de planta elíptica, a elíptica truncada polos extremos, en forma de barril, e a de planta rectangular redondeada, semellante á primitiva casa térrea. A construción...

    2. Edificación con teito de palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e diplomático mexicano. Combatente do exército republicano durante a Guerra Civil Española, onde coñeceu a Pablo Neruda, e membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas, ao seu regreso a México foi un dos fundadores de Taller (1938) e El Hijo Pródigo. A partir de 1955 organizou o grupo Poesía en Voz Alta e colaborou en Revista Mexicana de Literatura e El Corno Emplumado; ademais, foi un dos principais impulsores de Plural e Vuelta. Membro da embaixada de México en India (1962-1968), durante as súas estadías en Europa trabou amizade con diversos intelectuais como André Breton e Albert Camus. A súa obra caracterízase pola recorrencia dos temas do amor, a soidade e a morte, expresados cunha gran riqueza imaxinativa. Considerado como un dos principais escritores das letras mexicanas, como poeta iniciouse co libro Luna silvestre (1983), ao que seguiron outros volumes de claro compromiso político como Raíz del hombre (1937),...

    VER O DETALLE DO TERMO