"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Fento da familia das aspleniáceas

    2. Familia de fentos que engloba os xéneros Asplenium, Ceterach, Phyllitis e Pleurosorus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento da orde das aspleniais.

    2. Orde de fentos da clase das filicópsidas á que pertence a familia das aspleniáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da familia das aspleniáceas, de rizoma curto e recto, frondes xeralmente divididas e soros protexidos por un indusio. Coñécense máis de 700 especies, das que están presentes en Galicia un mínimo de sete, entre as que destacan: A. adiantum-nigrum e Asplenium billoti en valados e rochas de todo o país e A. marinum en paredes de pedra do litoral. Algunhas especies empréganse como ornamentais e outras como medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica e na Academia de Artes de Estocolmo. Indiferente ao Funcionalismo europeo, realizou unha arquitectura romántica, de raíces clásicas. Non obstante, na exposición de Estocolmo de 1930 esmiuzou, no seu pavillón, a linguaxe figurativa estendida por Europa polo Racionalismo, independizándoa da súa volumetría, da súa estereotomía cubista e da ideoloxía mecánica e mecanicista. A súa influencia en Europa foi inmensa, sobre todo en Inglaterra. A súa arquitectura é unha invitación á modestia e á antirretórica. As obras máis importantes do seu período romántico son a escola de Karishamn (1912), a capela do Bosque e o cine de Skandia, en Estocolmo (1922-1923), cunha clara decoración neoclásica, a tumba do príncipe Bernadotte e o proxecto primitivo (1921) para a biblioteca municipal de Estocolmo. A partir de 1930, entrou nunha etapa renovadora, que seguiu co almacén Bredberg (1933-1935), co laboratorio bacteriolóxico estatal de Estocolmo (1933-1937) e que culminou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Comezou escribindo poesía amorosa e elexíaca, que evolucionou cara a un humanismo cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aterraplenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar liso un terreo eliminando os desniveis existentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano de Australia, situado ao NL do estado de Queensland (130 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atiplar.

    2. Con voz como a do tiple, aguda e en ton elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alzar o ton da voz ou dun instrumento, ata chegar a tiple.

    2. Facer máis aguda a voz, convertela en tiple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das quenopodiáceas ao que pertence o armol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás substancias que estoupan espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica na que se substitúe unha rexión destruída por un tecido semellante, procedente do mesmo individuo. O tecido substituído é habitualmente pel ou mucosa. Recórrese a ela sobre todo na cura de ulceracións, queimaduras, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da célula ou do organismo que presenta autopoliploidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliploide estable producido por unha multiplicación da dotación cromosómica dunha especie determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso cirúrxico de restauración de partes danadas, mutiladas ou que faltan dun organismo, por transferencia de tecidos obtidos previamente do mesmo organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasma hialino e homoxéneo que contén o axón das células nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa político elaborado polo Partido Liberal mexicano na poboación de Ayutla (Guerreiro) no 1854, que recollía os postulados de José María Luis Mora. Establecía a liberdade civil na súa plenitude e moi especialmente a de conciencia. A constitución mexicana do 1857 recolleu todos os principios liberais deste movemento ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO