"Quel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 149.
-
-
Relativo ou pertencente aos quelonios.
-
Réptil da orde dos quelonios.
-
Orde de réptiles, da subclase dos anápsidos, que se caracterizan por ter un tronco amplo e curto, protexido por unha cuncha formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas córneas. Os de cuncha corneo-ósea, esta está dividida en dúas partes, unha dorsal ou superior, e outra ventral, unidas entre elas. A parte dorsal está formada por tres filas de placas óseas, as medias ou vertebrais (no centro), as laterais (ao lado das medias) e as marxinais (nos extremos). A parte ventral está formada por unha dobre fila de placas ventrais, de dimensións diferentes segundo a situación, e unhas placas marxinais. A característica máis importante do seu esqueleto é que a columna vertebral está soldada á parte dorsal da cuncha. O cranio presenta unha ausencia total de fosas temporais, a reprodución é ovípara e a incubación está a cargo da irradiación solar. Presentan unha extrema lonxevidade, poden vivir ata 100 anos ou máis. Existen especies de hábitats terrestres, que teñen dedos libres, e outras...
-
-
CIDADES
Cidade do distrito de Lisboa, Portugal, situada a 10 km da capital (27.913 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca o palacio de 1747, antiga residencia dos reis de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de cans autóctona de Galicia, de perfil recto, cun tamaño de 30 a 42 cm na cruz, mesomorfo e proporcionado, coas orellas erguidas e apuntadas, e rabo baixo ou horizontal. O pelo é mesto, con cores que van do amarelo ao castaño escuro, ou mesmo grises xeralmente uniformes. As femias son lixeiramente máis miúdas e de proporcións máis lonxilíneas. De carácter inquedo e vivo, son moi apreciados para a caza de coellos, raposos e porcos bravos. Está incluído desde 1999 no Plan de Recuperación de Razas Autóctonas de Galicia. OBS: Tamén se denomina can guicho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma altamente esponxosa ou finamente dividida de níquel que se obtén por tratamento de aliaxe de 50% de aluminio e 50% de níquel, con hidróxido sódico acuoso ao 25%. Emprégase como catalizador de hidroxenación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que está moi delgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do hebreo Râhêl ‘año, ovella’. Presenta os hipocorísticos Quel e Queliña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, esposa de Xacob. Este morou na casa de Labán, servíndoo durante sete anos para casar coa súa filla Raquel, aínda que despois do tempo establecido, Labán, deulle a Lía, irmá de Raquel. Ao cabo dunha semana entregoulle a Raquel, a cambio doutros sete anos de servizo. Como Xacob quería máis a Raquel, Iavé fixo que fose estéril, mentres que Lía concibiu varios fillos. Finalmente, despois de moitos anos Raquel deu a luz a Xosé. Na escolástica é o símbolo da vida contemplativa. A tradición fixo dos fillos de Lía os símbolos dos pegureiros de gando bovino; e os de Raquel, do ovino. A súa festividade celébrase o 2 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada por Antonio Manuel Chaves Cuíña en Vigo en 1996. Declarada de interese galego (1995), ten como obxectivos a preservación e recuperación de xogos e xoguetes antigos entendidos como bens de interese cultural e pedagóxico, favorecer a súa investigación e recuperación e fomentar o seu estudo e divulgación desde unha perspectiva cultural, pedagóxica e lúdica. Promoveu a creación do Museo Castellano-Manchego del Juguete (Mohedas de la Jara, Toledo).
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Cofundador de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), da que foi secretario xeral ata 1996, foi deputado no Congreso (1977-1995) e portavoz parlamentario da ‘minoría catalana’ ata 1995. Fundou o Partido Reformista Democrático que non obtivo unha representación importante. Foi un dos relatores da Constitución de 1978 e participou tamén no Estatut d’Autonomia de Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de oito illas, accidentadas e estériles, situadas ao S de Terranova, Canadá, no Océano Atlántico (242 km2; 7.000 h [estim 2001]). Constitúe un territorio francés de ultramar.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, (4.310 h [2001]). Ten cultivos de regadío, sobre todo cítricos, e destaca o sector servizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e pedagogo. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya e foi deputado en Cortes en varias lexislaturas, ministro de Comunicacións (1933), primeiro conselleiro da Generalitat e presidente do Consell de Treball. Dirixiu a Normal de la Generalitat. Escribiu Lo que puede hacer el magisterio por la cultura (1916) e La interpretación materialista de la historia (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e escritor. Doutor en Filosofía (1951), especializouse en psicoloxía social, foi pioneiro no estudo da emigración e dedicouse principalmente á psicolingüística, ao estudo da linguaxe infantil e dos problemas relacionados co bilingüismo. Dirixiu (1969) o I Instituto de Ciencias de la Educación e foi o director científico do proxecto LINGUAPAX da UNESCO. Membro da Academia Europea, é doutor hororis causa polas Universidades de Ginebra e do País Vasco. Das súas obras destacan Del campo al suburbio. Un estudo sobre la inmigración interior en España (1959), Educación y bilingüismo (1986), España plurilingüe (1992), L’Europe de les llengües (1995) e Bilingüismo y lenguas en contacto (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Raquel Welch, foi considerada un símbolo sexy na década de 1960. Da súa filmografía destacan The Fantastic Voyage (1965), One Million Years B.C. (1966), The Three Musketeers (1973), Scandal in a Small Town (1988) e Forget About It (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada en 1960 en París, publicada por Éditions du Seuil ata 1983. Reuniu, ao redor de P. Sollers e J. Lristeva, un grupo de intelectuais, como Jean Ricardou, Denis Roche e Marcelin Pleynet, que, desde perspectivas diferentes, se interrogaron sobre os problemas da creación literaria, a función do intelectual e a posibilidade de romper cos moldes ideolóxicos e lingüísticos, coa crenza de que para renovar a humanidade era necesario, inicialmente, transformar a súa linguaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘colo’, ‘colo do útero’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica do colo do útero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
traquel(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixación cirúrxica do colo uterino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do colo uterino.