"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
GALICIA
Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Cardamine da familia das brasicáceas, de ata 70 cm de altura, de follas alternas xeralmente pinnatisectas, flores brancas ou púrpuras de catro pétalos e seis estames con froitos en silicua. En Galicia son comúns en medios húmidos as especies C. flexuosa, C. hirsuta, C. pratensis e C. raphanifolia subespecie gallaecica, endémica do noroeste peninsular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas ao que pertencen as cardaminas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Elettaria cardamomum, Fam das zinxiberáceas]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta universal do tipo máis simple que consta de dúas pezas en forma de forcado, cada unha montada sobre un dos extremos de cada árbore, e unha cruceta. Fai posible a transmisión dun movemento entre dous eixes que non están alineados.
-
PERSOEIRO
Médico, matemático e astrólogo italiano. Licenciouse en Medicina en Padua (1526) e residiu dende 1532 en Milán. En 1541 foi nomeado catedrático de Medicina en Pavia e en 1562 en Boloña. En 1570 foi encarcerado, acusado de herexía e obrigado a abxurar privadamente. Formou parte do grupo renacentista que fundamentou a álxebra simbólica. Na súa obra Arts Magna (Arte Magna, 1545) solucionou a ecuación de terceiro grao a partir da fórmula de Tartaglia e a ecuación de cuarto grao a partir da fórmula do seu discípulo Ferrari; tamén presentou o primeiro cálculo sistemático de probabilidades en Lieber de ludo aleae. En medicina describiu o tifo exantemático, estudiou o tratamento da sífilis e investigou sobre os soños e as determinacións do carácter polos trazos faciais. No campo da mecánica atribúeselle a invención do sistema de articulación e de suspensión coñecido como cardán que lle permite a un obxecto conservar sempre a horizontal. Ademais, publicou De subtilitate...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Preparar o liño e a la, desenleándoo coa carda, para o traballo da fía.
-
Peitear o pelo dende a punta cara á raíz co fin de darlle máis volume.
-
Labrar a terra previamente, para quitarlle as malas herbas, de xeito que quede preparada para que se poida sementar nela.
-
Amoestar a algúen cunha reprimenda dura.
-
Xuntar a vaca os xarretes cando camiña.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e xornalista italiano. Publicou as prosas líricas Prologhi (Prólogos, 1916), Viaggi nel tempo (Viaxes no tempo, 1920), Il cielo sulle città (O ceo baixo a cidade, 1939), Solitario in Arcadia (Solitario en Arcadia, 1947) e os poemarios Poesie (Poesía, 1936) e Poesie nouve (Poesía nova, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática escrita por Federico García Lorca en xuño de 1936. Representouse por primeira vez en Bos Aires en 1945 e en España, en 1964. Estruturalmente se basea na división clásica da acción en tres actos e no respecto ás tres unidades da regra aristotélica: continuidade temporal, desenvolvemento dunha única acción e emprego dun escenario case único. O conflito preséntase no primeiro acto, no que aparecen todos os personaxes sobre os que gravita a acción (Bernarda, as súas cinco fillas, a avoa e os criados, e Pepe el Romano, desencadeante do drama). Bernarda Alba asume o mando do fogar trala morte do seu home e impón un loito rigoroso de oito anos no que prohibe o contacto co mundo exterior e a manifestación das emocións. A súa autoridade choca co vitalismo de Adela, a filla menor que, fronte á actitude resignada das súas irmás, non acepta o encerro e se altera polo anuncio do matrimonio de Angustias, a irmá maior con Pepe el Romano. O segundo acto coincide co nó do...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica realizada por Mario Camus e interpretada por Irene Gutiérrez Caba, Ana Belén, Florinda Chico e Enriqueta Carballeira, entre outros actores. Baseada no texto teatral homónimo de Federico García Lorca, narra o estricto loito que se establece na familia Alba á morte do pai, alterado polo único home que pode entrar na casa, Pepe el Romano.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar e situado nos contrafortes occidentais da serra de Aracena (1.600 h [1996]). Destacan os xacementos de pirita, galena e fluorita. Os principais cultivos agrícolas corresponden aos cereais e ao tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cefalocordados.
-
Animal do subfilo dos cefalocordados.
-
Subfilo dos cordados, do grupo dos protocordados, que engloba animais mariños transparentes, comprimidos lateralmente, de forma alongada e de ata 7 cm de lonxitude. Presentan dun xeito primordial as catro características dos cordados: un cordón nervioso tubular disposto de xeito dorsal, fendeduras branquiais para a filtración de alimento, cola postanal para a propulsión e unha notocorda de estrutura flexible e que serve de eixe de inserción da musculatura. Na actualidade existen 25 especies, que viven nos fondos areosos de todos os mares, coñecidas como anfioxos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que asume, ao mesmo tempo, algúns conceptos do centro e da esquerda. A miúdo pode estar identificada coa esquerda moderada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe castelá descendente do infante Fernando de la Cerda, fillo primoxénito do Rei Afonso X o Sabio. A orixe deste apelido está no alcume (El de la Cerda) que se lle aplicou ao infante por ter o pelo longo no peito. Esta caste enlazou dende moi cedo coa máis alta nobreza española e francesa. Estendeuse por toda a Península e unha rama pasou a Chile. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro (armas de Castela), partido de campo de prata, cun león rampante de goles, coroado de ouro (armas de León); segundo e terceiro cuartel, en campo de azul sementado de flores de lis de ouro (armas antigas de Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre castelá descendente do infante Fernando de Castela, fillo primoxénito de Afonso X, coñecido polo alcume de El de la Cerda (morto en 1275). Os fillos Afonso e Fernando, herdeiros do monarca castelá, foron coñecidos como os infantes de la Cerda e perderon os dereitos sucesorios en favor do seu tío Sancho IV. Refuxiáronse nos dominios de Pedro II de Aragón no 1277 e, posteriormente, iniciaron unha loita pola sucesión á coroa castelá, a guerra dos Infantes de la Cerda, na que tentaron recuperar os seus dereitos. Esta liñaxe acabou coa filla de Luís de la Cerda, Isabel. O seu fillo Gastón de la Cerda (morto no 1404), segundo conde de Medinaceli, iniciou a segunda familia dos Cerda que tivo diferentes ramas: a dos duques de Medinaceli (extinguida en 1711), a dos condes de Paredes de Nava (extinguida no 1811), a dos marqueses de La Adrada (extinguida no 1731), a dos marqueses de La Rosa (extinguida no 1828) e a dos condes e duques de Parcent (a rama primoxénita...
-
PERSOEIRO
Pintor. Entre 1883 e 1884 estudiou en Madrid e entre 1885 e 1886 en Roma. Foi profesor e director da Escola d’Arts i Oficis e director do Museu de Belles Arts de Palma de Mallorca. Formado dentro do realismo idealizante da pintura mallorquina do s XIX, recibiu en Roma a influencia da pintura histórica. Evolucionou cara a un impresionismo colorista de fondo académico. Recibiu diversos galardóns nas exposicións xerais de Belas Artes de Madrid dos anos 1906 e 1908, e na exposición internacional de Belas Artes de Barcelona de 1907. Foi académico correspondente da Real Academia de San Fernando (Madrid).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arpista. Coñecida artisticamente como Esmeralda Cervantes, estudiou en Barcelona, París e Viena. Realizou unha brillante carreira como concertista por Europa e América do Sur. Fundou en Barcelona unha Academia de Ciencias, Artes e Oficios (1885-1887) dedicada á formación da muller. É autora da obra Historia del arpa (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro, urbanista e político. Cursou os seus primeiros estudios no seminario de Vic, onde se trasladara a súa familia, de tradición liberal, ao producirse o alzamento dos Malcontents en 1827. Ampliou estudios de matemáticas e de arquitectura en Barcelona e en 1835 trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1841. Como enxeñeiro do Estado foi destinado a Teruel, Tarragona, Girona e Barcelona, cidade na que se estableceu en 1849. Interesado no estudo do urbanismo, relacionouse cos ambientes progresistas e revolucionarios de Barcelona, influídos polas doutrinas do socialismo utópico, especialmente as de Cabet. Foi amigo de Narcís Monturiol e Ramón Martí i Alsina. Centrou os seus estudios sobre os problemas da reforma e ensanche de Barcelona, no momento en que se produciu o derrubamento das súas murallas. Afiliado ao partido progresista, foi deputado en Cortes en 1850 e durante o Bienio Progresista, comandou o batallón de zapadores da milicia nacional; foi síndico...
VER O DETALLE DO TERMO