"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Escritor e político colombiano. Ministro de Educación, embaixador e profesor, destacou na súa faceta periodística. É autor de reconstrucións históricas e libros de ensaio: América Tierra firme (1937), Biografía del Caribe (1945), América mágica (1959-1961), Nuevo diario de Noé (1969), América en Europa (1975) e El revés de la historia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ciconiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante á area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Teoloxía. Foi bispo de Pamplona e arcebispo de València. Por mor da súa loita a prol da Igrexa e o mantemento da Inquisión foi premiado coa Cruz de Isabel a Católica polos tradicionalistas e encarcerado polos defensores das novas ideas. Durante a Guerra da Independencia contra o exército napoleónico escribiu un manifesto asinado por outros sete bispos no que combatía a Constitución de Cádiz do 1812 e outra en 1820 que lle ocasionaría o desterro a Francia despois do triunfo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Condesa de Fenosa. Entre os seus ilustres antepasados cómpre citar o seu bisavó Pedro de Agar y Bustillo, rexente de España. En 1966 contraeu matrimonio con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, fundador da institución que leva o seu nome. Tras a súa morte en 1971, Carmela Arias asumiu a presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. Foi presidenta de Honra de Unión Eléctrica Fenosa e da Junta Rectora del Patronato Juana de Vega, e doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Entre os moitos méritos que acadou polo seu labor profesional están os seguintes: Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento, especialmente o fabricado a propósito para atacar ou defenderse. Segundo a súa finalidade as armas poden clasificarse en: armas defensivas, para protexer individualmente (escudo, armadura, casco, máscara antigás) ou ben colectivamente (antimísil), e armas ofensivas, destinadas ao ataque. Segundo o manexo, as armas ofensivas poden ser: armas de man (bastón, maza, porra, machada, tomahawk, alfanxe, alabarda, puñal, daga) e armas arreboladizas ou de tiro, de acción a distancia do atacante; segundo o método de propulsión, as armas arreboladizas clasifícanse en: impulsadas a man (tirafonda, arpón, venabre, lanza, boleadoras búmerang, bomba de man, bomba de gases lacrimóxenos, cóctel Molotov); provistas de resorte (arco, catapulta, tirador, bésta); pola acción da gravidade (tipos de ariete, trabuco, bomba de aviación); por impulsión pneumática (tiratacos, escopeta e pistola de aire comprimido, canón...

    2. arma atómica

      Impropiamente, arma nuclear.

    3. arma automática

      Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. arma bacteriolóxica

      Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica ( guerra bacteriolóxica).

    5. arma biolóxica

      Axente agresivo constituído por organismos vivos (principalmente microorganismos) ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos. Entre as enfermidades que parecen ser máis efectivas, dirixidas contra o home, figuran: o ántrax, a psitacose e a tularemia.

    6. arma branca

      Arma de man que fere coa punta ou co fío como a espada, a daga, o puñal, o sabre e a baioneta, entre outras.

    7. arma convencional

      Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional. Quedan excluídas as nucleares, as químicas e as biolóxicas.

    8. arma de fogo

      Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora, como por exemplo unha escopeta, unha metralladora ou unha peza de artillería.

    9. arma de repetición

      Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente cada vez que se dispara, senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser armado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza engadida ao carro que evita que se espalle e derrame a carga.

      1. Conxunto das forzas navais dun estado.

      2. Antigamente, conxunto de forzas navais cunha mesma finalidade operativa.

    2. Rede que se arma co fin de cazar xabaríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do lugar do Casar, parroquia de Vide, partido de Ribadavia. De Galicia pasaron a Asturias e Castela. Entroncaron con distinguidas familias como a dos marqueses de Santa Cruz de Rivadulla e de San Esteban de Natahoyo. É apelido dos últimos marqueses de Figueroa. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre (ou castelo) de prata e, das súas ameas, sae un guerreiro armado, do mesmo metal, empuñando unha espada na destra e unha bandeira na sinistra. Outra variante trae, en campo de goles, un cabaleiro armado (ou muller armada) empuñando unha espada, e coa punta mirando o xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escuadra naval enviada polo Rei Filipe II contra Inglaterra no ano 1588. Os motivos que orixinaron esta decisión do monarca hispano foron varios: por unha banda, a tensión política orixinada pola axuda que esta brindaba a holandeses e flamengos irredentos ao poder español en Flandres; por outra as accións da piratería inglesa contra os barcos que volvían á Península Ibérica dende América cargados de prata e ouro e, xunto a estas, as loitas relixiosas que mantiñan os católicos e os protestantes. A incursión de Francis Drake no saqueo de Vigo, Cartaxena de Indias e Santo Domingo e a execución de María Estuardo (febreiro de 1587) precipitaron os acontecementos, de xeito que se decidiu o inmediato armamento da flota. Estaba composta por 130 naves provistas de 2.500 canóns, 8.000 mariños e 19.000 soldados, baixo o mando do marqués de Santa Cruz, don Álvaro de Bazán, experimentado mariñeiro galego que faleceu pouco antes de se botar a Armada. Foi substituído de inmediato polo duque de Medina-Sidonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político conservador. Marqués de Figueroa. Doutor en Dereito e deputado nas Cortes por Pontedeume e pola Coruña. Foi ministro de Agricultura e Obras Públicas e de Gracia e Xustiza. Amais, foi presidente e vicepresidente do Congreso e membro numerario da Academia de la Lengua Española e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Publicou varias obras, entre elas: De la poesía gallega (1889); Del Renacimiento literario y artístico de Galicia (1890); La música popular gallega (1906). A súa poesía bilingüe está recollida nos volumes Del solar galaico (1917) e Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar (1928). Ademais escribiu as novelas El último estudiante (1883), Antonio Fuertes (1885), La Vizcondesa de Armas (1887) e Gondar e Forteza (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, dramaturgo e director teatral. Correspondente en África do xornal El País e subdirector da revista Teatra. Comezou a súa andaina no mundo da escena co grupo Ditea de Compostela, co que participou en diversas producións. Dende 1987 é director da compañía de teatro Koyaanisqatsi coa que estreou todas as súas pezas dramáticas, entre as que destacan Carmencita jugando, La balsa de La Medusa, El alma de los objectos (Premio Ojo Crítico), Cabaret de la Memoria (1987), Sin Maldita Esperanza e La edad de oro de los perros (1989). En lingua galega publicou O tempo e as palabras, Unha película do país, A praia do Bob Wilson Carmiña xogando (1997), Pita velenosa, porta dos azares (2002), Haikús da Costa da Morte (2007), TSC....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. En 1885 creou a publicación mensual A Gaita Gallega, en colaboración con Manuel Lugrís Freire. É autor da peza titulada Non máis emigración (1886), estreada na Habana no ano da súa publicación, con música de Felisindo Rego. Subtitulada “apropósito lírico-dramático en dous actos e sete cadros”, a obra é unha forte alegación contra a diáspora. Con esta peza obtivo un sorprendente éxito de público e suscitou un intenso debate respecto á oportunidade e á necesidade dun teatro en galego. Posteriormente publicou un monólogo titulado Mexamorno en Viveiro (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da paroquia de Carnés, no concello de Vimianzo, de 164 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 296 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos mamíferos xenartros da familia dos dasipódidos; todos se caracterizan por ter o dorso, a cabeza, o rabo e a cara externa das extremidades recubertos por escamas ou escudos epidérmico-óseos, que forman unha especie de armadura; algúns presentan tamén pilosidades no resto do corpo. Igual ca os ourizos, teñen a capacidade de enrolarse formando unha bóla, como medida defensiva. Aliméntanse principalmente de insectos. Propios de América, especialmente das pampas de América do Sur, son coñecidos tamén co nome de tatús.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de armar.

    2. Provisto de armas.

    3. Que acontece por medio das armas.

    4. Que serve para aquilo que se expresa ou que ten capacidade para emprender algo.

      1. Dise do animal que ten as unllas de esmalte distintas ás do corpo.

      2. Aplícase á seta ou lanza cun ferro dun esmalte diferente ao do pao.

      3. Refírese ao brazo cuberto cun brazal.

      4. Dise dun home vestido cunha armadura.

      5. Aplícase a unha perna cuberta cunha greba.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para pescar troitas.

    VER O DETALLE DO TERMO