"Rande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 206.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Fiz de Monfero (Monfero) que acada os 617 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é máis grande. OBS: Non se pode utilizar co significado de ‘máis idade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meréns (Cortegada). De planta rectangular, realizouse con materiais pobres, agás o hórreo, que é de granito. Destaca a fachada principal onde se conserva un dos escudos máis grandes de Galicia, con 18 cuarteis e unha coroa condal. Nel están representadas as armas dos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosquera, Moscoso, Cisneros, Figueroa, Novoa e Sarmiento. O edificio pertenceu ao conde de Ximonde a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca xacobita de Antioquía. Escribiu unha Crónica, que chegou ata os anos 1194-1195.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore ou arbusto caducifolio, de entre 2-6 m de altura, de cor parda agrisada que presenta a codia escamosa e as ramas espiñentas. As follas son simples, opostas, oblongas ou oval-lanceoladas, algo coriáceas e de cor verde e as flores son de gran tamaño e de cor vermella ou branca con forma de campá, solitarias ou reunidas en grupos. Florece entre maio e xullo e o froito, a milgranda, madura entre setembro ou outubro. É orixinaria da zona que vai desde os Balcáns ata o Himalaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • milgrandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Empregou o dialecto labortano clásico, culto, pero descoñecido para a maioría dos falantes de éuscaro. O seu labor poético comezou en 1950 e colaborou en diversas revistas e xornais, como Euzko Gogoa, Euzko Deia, Gernika, Egan ou Irrintzi. Como narrador, destaca a súa novela Haur besoetakoa (A rapaza, 1970). Tamén destacou como tradutor e axudou a Jon Etxaide na preparación da obra Etahun’en bertsoak gipuzkeraz (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante da cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro.

      3. Lingua do phylum indoeuropeo que se fala no nordés de Portugal, nunha extensión de preto de 500 km 2 . De orixe asturleonesa, recibiu a influencia do portugués, sobre todo a partir do s XVI. Na cidade de Miranda do Douro e arredores conservouse como lingua oral xa que foi substituído polo portugués. José Leite de Vasconcelos describiuno e escribiuno por primeira vez a finais do s XIX. O proceso de normativización do mirandés iniciouse en 1995 coa publicación dunha Proposta de Convenção Ortográfica Mirandesa e consolidouse en 1999 coa edición da Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa. Foi recoñecido como lingua oficial pola Lei 7/99, de 29 de xaneiro. Estímase que o falan unhas 7.000 persoas na zona de orixe e que o coñecen uns 5.000 emigrantes.

    1. Aplícase a unha raza de vacas cos cornos revirados cara a atrás propia de Miranda do Douro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado en San Salvador de Poio (Poio). O conxunto fórmano unha serie de combinacións circulares de variada tipoloxía realizadas sobre unha rocha de granito. Destacan as integradas por semicírculos unidos en forma de ril, englobando cazoletas e outros trazos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Residiu en Cuba, onde se considerou unha das escritoras máis importantes da súa época. Das súas obras destacan Auroras (1925), Plenilunios (1928), Estremecimientos (1930) e Vidas rotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mormentelos (Vilariño de Conso). Ten planta bastante irregular formada por dous rectángulos unidos por un corpo máis baixo cunha galería que foi tapiada. Presenta solaina na parte traseira e unha capela encaixada na fachada principal, que ten unha espadana e un escudo sobre a porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Batalla de Alhucemas (1925) onde resultou ferido. Foi recruta polo bando franquista durante a Guerra Civil Española, dirixiu a IV Brigada Navarra e foi nomeado xeneral. Ao remate do conflito foi nomeado ministro Secretario Xeral de FET e das JONS (1939-1940), xeneral en xefe da División Azul (1941-1942) e ministro do Exército (1951-1957). En 1957 ascendeu a capitán xeneral e ocupou a vicepresidencia do goberno desde 1962 ata 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (89.500 h [1990]). Situada na marxe do lago de Tollense, é un centro industrial. Fundada por Xoán I de Brandenburgo, converteuse nunha fortaleza durante a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). Conserva as murallas con portas góticas do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (858-867). Interveu na controversia do patriarcado de Constantinopla e enfrontouse con Lotario I, que esixía o divorcio de Teuberga. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monterroso. Ten planta en forma de L e a capela está situada a un lado do patio, que conforma o peche en forma de U. Destaca a solaina do primeiro andar, sobre piares que sosteñen o tellado. Conserva o hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (962-973), rei de Xermania (936) e de Italia (951 e 961), fillo de Enrique I de Alemaña e de santa Matilde. Recuperou Lorena e obtivo do rei francés o recoñecemento do seu dominio nesta rexión (942 e 947). Interveu nas loitas de Lombardia e foi proclamado rei (951), aínda que deixou o seu goberno en mans de Berenguel II un ano máis tarde. Por mor da represión deste, o Papa Xoán XII pediulle axuda e depuxo a Berenguel. Foi novamente coroado rei de Italia e Milán e recibiu a coroa imperial de mans do papa o 2 de febreiro de 962 e restaurouse así o Sacro Imperio, vacante desde 899. Deseguido enfrontouse co papa e os romanos   ata 967. A loita cos gregos de Italia meridional solucionouna co casamento do seu fillo Odón coa princesa bizantina Teófano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintillán (Forcarei). O seu cumio acada os 643 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 792 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO