"Roa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 265.

  • Grupo de pintores reunidos arredor da School of Drawing and Painting creada en Euston Road (Londres) en 1937 por Claude Rogers, Victor Pasmore, William Coldstream e Graham Bell. A súa estética caracterizouse polo interese de recuperación do naturalismo partindo dos estilos abstractos e esotéricos. Cultivaron a figuración cunha pincelada e cores suaves. Como grupo mantivéronse ata 1939, pero con este nome incluíronse as obras realizadas nun estilo semellante ás orixinarias. Trala paréntese da Segunda Guerra Mundial, a escola continuou coas súas ensinanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, o retablo da capela de Nosa Señora do Camiño (Ribadeo, 1699).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Estudiou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense. Chantre das catedrais de Valladolid e València, fundou a revista Soluciones Católicas. Publicou Tierra Santa. La cuestión de Oriente (1877), La transformación de la Roma pagana estudada en la Roma actual (1882) e Nerón. Escenas del primer siglo del cristianismo (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xulián de Eiré (Pantón). Ten planta en forma de U cun patio axardinado rectangular no medio, pechado por un muro onde se abre o portal; este está flanqueado por dúas pilastras que con outras dúas situadas nos extremos do muro sosteñen unha moldura corrida sobre a que descansa un voado en forma de trabe co escudo coas armas dos Aguiar, Valcárcel, Deza e Mosquera. Na parte posterior destaca a solaina e na principal unha balaustrada corredor de tipo claustral á que se accede por unha escaleira. O edificio está cuberto con tella acanalada a dúas augas. Conserva unha capela, reedificada en 1927 no Campo dos Carballos, un hórreo, unha palleira, unha pía para a auga, un pombal e un muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Construíuse no 1030 en estilo románico, mais sufriu modificacións ao longo do tempo. Conserva a colección de canzorros do s XIII na fachada norte. A fachada princial é do s XIV, ten dobre arquivolta e tímpano cunha cruz inscrita nun círculo, e o campanario é do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: ferretada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das aliaxes de ferro con certos elementos, metálicos ou non metálicos, agás o carbono, que se empregan para a introdución do elemento na fabricación de aceiros especiais e na obtención doutras aliaxes ás que se lles quere conferir unhas propiedades determinadas. Algunhas empréganse tamén como desoxidantes pola súa capacidade de fixación do osíxeno. Os elementos de aliaxe máis comúns son o cromo, o manganeso, o molibdeno, o silicio, o titanio, o vanadio e o tungsteno. Frecuentemente, o ferro é o elemento minoritario. O uso das ferroaliaxes na siderurxia remóntase ao ano 1856. O ferromanganeso descubriuse no 1866, e no 1869 o ferrocromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor benigno que contén tanto elementos fibrosos como glandulares. Un dos máis frecuentes é o que aparece nas glándulas mamarias a miúdo antes dos trinta anos; clinicamente maniféstase como un nódulo móbil no peito que adoita aumentar de tamaño en fases tardías do ciclo menstrual ou durante a xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerdedo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Xillao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Paio de Figueiroa (Arzúa). De planta en forma de L, a fachada principal atópase no patio que mira ao portón. Conserva unha capela fóra da muralla. Pertence á orde Hospitalaria de San Xoán de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga liñaxe nobre galega, que se estableceu na Torre de Figueroa (Abegondo), en Betanzos e Noia. Emparentou con ilustres familias e estendeuse por toda a Península, especialmente por León, Zamora, Salamanca, Andalucía e Extremadura, de onde pasou unha rama a Nova España e ao Novo Reino de Granada. As súas armas traen, en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa. Outra variante presenta, en campo de azul, unha aspa, de ouro. A esta liñaxe pertenceu Ramón Pérez (?-Alarcos 1195), señor de Figueroa (Betanzos). Da rama establecida en Extremadura destacaron, entre outros, Ferrán Ruiz de Figueroa , conquistador de Écija (1240); Lorenzo Suárez de Figueroa y López de Córdoba , mestre da orde de Santiago (1387-1410); Lorenzo Suárez de Figueroa y de Mesía , bispo de Barcelona; Gómez Suárez de Figueroa , primeiro señor de Feria e Zafra; Lorenzo Suárez de Figueroa ,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos activos nos ss XVII e XVIII. Leonardo Figueroa y Reina (Utiel 1650? - Sevilla 1730) realizou unha arquitectura plenamente barroca. Traballou en Sevilla, entre outras obras, na reforma do convento de San Pablo (1691-1709); na igrexa do Salvador, construída no terreo que ocupara a mesquita maior; e no colexio seminario de San Telmo. Escribiu un tratado de arquitectura que non se publicou. O seu fillo Matías José Figueroa (Sevilla 1698-1765?) colaborou co seu pai en San Telmo e foi mestre maior de obras de Sevilla. Das súas obras destaca a capela de San Leandro (1733) na catedral. O seu irmán Ambrosio Figueroa (Sevilla 1700?-1775) foi mestre maior de fábricas do arcebispado e construíu a capela pública da cartuxa sevillana. O fillo deste, Antonio Matías Figueroa (Sevilla 1734?-1796) foi mestre alarife (1764) e mestre maior do arcebispado de Sevilla (1776). Nas súas últimas obras achegouse ao neoclasicismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político arxentino. De tendencia liberal, foi deputado, senador, ministro de Goberno e de Facenda (1889) e gobernador da súa provincia (1895). Vicepresidente da República desde 1904, asumiu a presidencia entre 1906 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e político. Graduado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en canons na Universidad de Ávila. Ocupou, entre outros cargos, o de conselleiro de Indias e presidente do Consello de Castela. Empregou a súa influencia na promoción e defensa dos intereses de Galicia, inicialmente representados por un único deputado en cortes. Foi o mecenas da Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741). Participou, directa ou indirectamente, en todas as leis dos reinados de Fernando VI e Carlos III, entre as que destaca, o Concordato de 1753. No seu testamento instituíu a Fundación Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO