"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
PERSOEIRO
Rei de Asturias (757-768), fillo e sucesor de Afonso I o Católico. Enfrontouse e venceu os exércitos de ‘Abd al-Ra ḥ mān I en Galicia e o Douro, e as sublevacións de vascos e galegos. O seu dominio en Galicia parece que se limitou ao curso alto do Miño, onde favoreceu a instalación de inmigrantes como na repoboción mozárabe de Samos. Atribuíuselle a fundación de Oviedo, a onde trasladou a capitalidade do seu reino. Reformou o clero e emprendeu outras medidas disciplinarias que provocaron diferentes rebelións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias (910?-925), de León (914-925) e de Galicia (924-925), fillo de Afonso III o Magno. Trala morte do seu pai, o reino dividiuse entre os irmáns e correspondeulle Asturias, mentres que García recibiu León e Ordoño II Galicia. Á morte dos seus irmáns desprazou os seus sobriños e converteuse no rei dos tres territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, composto de Frauji ‘señor’ e land ‘terra, patria’. San Froilán (833-905) é patrón do concello de Lugo. A súa festa celébrase o día 5 de outubro.
-
GALICIA
Bispo de León (900-905). Viviu como ermitán nos montes de Curueño dende o 851, na compaña do sacerdote mozárabe Atilano e dedicouse a predicar polo Bierzo. Tras fundar un mosteiro en Viseu, recibiu amplos poderes de Afonso III para que colaborase na repoboación e evanxelización dos territorios conquistados ata o Douro. Tamén fundou os mosteiros de Tábara e Moreruela de Tábara, dos que foi abade. No ano 900 foi ordenado sacerdote e logo consagrado bispo de León. Adquiriu sona de sabio e predicador, e mesmo de profeta. Principal patrón da cidade de Lugo e da súa diocese, as súas reliquias venéranse nas catedrais de León e Lugo. Na iconografía leva vestiduras de monxe ou de bispo con mitra e báculo, e como atributos un lobo amansado. A súa festividade celébrase o día 5 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e poeta francés. Secretario da Raíña Filipa de Inglaterra, viaxou con ela por Escocia, Flandres e Francia e, trala súa morte (1368), trasladouse a Hainaut, onde se dedicou ao comercio. Das súas obras destacan as Chroniques (1371-1400), nas que explicou todas as guerras europeas do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Froito comestible para o home. Denomínase froita fresca a que se pode consumir de xeito directo, sen preparación, e preferiblemente pouco despois da colleita. Distínguense, entre outras, os cítricos, a froita de carabuña e a froita de semente. Considérase froita seca, ou froitos secos, as abelás, noces, castañas, améndoas, cacahuetes, e os figos, uvas pasas e dátiles deshidratados. Os compoñentes principais da froita fresca son a auga (85-95% do peso) e os hidratos de carbono, como a glicosa, frutosa e a sacarosa (3-5% do peso). A celulosa e outros compoñentes da fibra alimentaria están nas membranas. Moitos froitos conteñen glicósidos polifenólicos máis ou menos específicos; son importantes os ácidos órganicos (cítrico, málico, tartárico) que diminúen, ao igual que as pectinas, durante a maduración. Os aceites esenciais que conteñen as froitas contribúen ás súas condicións organolécticas como o sabor e o olor. En xeral, o valor enerxético da froita fresca é baixo (20-90 kcal/100 g); o...
-
Froita que se recolle na estación ou temporada en que madura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore que dá froita.
-
-
Relativo ou pertencente á froita.
-
Que dá froita.
-
Persoa que vende ou comercializa froita.
-
Recipiente onde se garda ou coloca a froita.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento onde se vende froita.
-
-
-
Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.
-
Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.
-
-
Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.
-
Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.
-
Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.
-
Froito que se come cru unha vez secado.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.

Nome cristián-romano, procedente do latín frutuosus ‘fértil, frutífero’. Presenta a variante Frutuoso. Dous dos santos máis antigos no culto hispánico levan este nome: san Froitoso de Braga ou de Montelios (s VI), celebrado o 16 de abril, e san Froitoso de Tarragona, celebrado o 20 de xaneiro.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga. Vinculado á familia do Rei Sisenando, trala morte dos seus pais formouse na escola episcopal de Palencia. Despois da súa ordenación impulsou a vida monacal e fundou os mosteiros de Compludo, preto de Astorga, e diversos cenobios, como San Pedro de Rupiana. O Rei Recesvinto nomeouno abade-bispo de Dumio (653-656) e máis tarde consagrouno arcebispo de Braga (665-667) e metropolitano de Galicia. Fundou diversos mosteiros en Galicia -entre outros, o Peonense, na ría de Pontevedra, ou o de Castrobón-, en Andalucía e nos arredores de Braga. Atribúenselle dúas regras monásticas, a máis importante foi a Regula monachorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tarragona. Morreu queimado vivo no ano 259 xunto cos diáconos Augurio e Euloxio. O seu culto, que se remonta ao s VI, é dos máis antigos de Hispania. Na iconografía represéntase vestido de bispo (con casula ancha, ou capa, mitra e báculo), e ás veces cun libro na man; leva como atributos persoais unha cacharela aos seus pés. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 21 de xaneiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao estómago e aos intestinos.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada a 20 km ao NO de Colonia (60.400 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á hemiesferoide.
-
Que ten forma de hemiesferoide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas partes nas que se divide un esferoide por parte dun plano que pasa polo seu centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás hemorroides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dilatación dunha vea do ano ou do recto. É interna cando se produce no interior da canle anal e está cuberta pola mucosa do epitelio desa canle ou externa cando se atopa na área perianal e está cuberta de pel normal. Pode aparecer durante o embarazo, por estreñimento crónico ou diarrea, e tamén pode deberse a factores hereditarios ou de avellentamento. OBS: Utilízase normalmente en plural.