"Rose" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • Úlcera necrótica de longa evolución producida por unha irradiación intensa e localizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema medieval francés. Consta de 22.000 versos pareados, dos que os 4.000 primeiros foron escritos por Guillaume de Lorris, ao redor de 1235. Trátase dunha alegoría onírica con base no amor cortés e influenciada polo Ars amandi de Ovidio, en que se relata o amor do poeta por unha moza que, nos seus soños, está simbolizada polo botón dunha rosa nun xardín, alegoría da vida cortesá. O seu obxectivo é conseguir a rosa, isto é, o amor da dama. O resto do poema foi escrito por Jean de Meung entre 1275 e 1280, onde ofreceu unha abundante información sobre a vida e o pensamento medievais. Tivo unha grande inflencia na literatura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de científicos alemáns. Valentine Rose (Neuruppin, Brandenburgo 1736-Berlín 1771), químico e farmacéutico, ideou unha aliaxe de chumbo, cinc e bismuto. O seu fillo, Valentine Rose (Berlín 1762-1807) o Novo, descubriu o bicarbonato sódico e a insulina. Fillos deste foron Gustav Rose (Berlín 1789-1873), mineraloxista, que estudou a cristalografía e o cuarzo e clasificou as rochas, e Heinrich Rose (Berlín 1795-1864), químico, que colaborou con Berzelius e desenvolveu métodos de análise cualitativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico. Estudou na University of Chicago, onde se doutorou en 1952. É investigador do Departamento de Fisioloxía e Biofísica da Escola de Medicina da University of California, Irvine. Recibiu, xunto Aaron Ciechanover e Avram Hershko, o Premio Nobel de Química (2004), polas súas investigacións sobre como as células xeneran e destrúen proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe fusible non eutéctica, composta por un 50% de bismuto, un 28% de chumbo e un 22% de estaño. Ten un punto de fusión arredor dos 100ºC, sen estar perfectamente definido por causa da súa natureza non eutéctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que se usa para comprobar se unha mancha vermella é de sangue. Emprégase potasa cáustica diluída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para a determinación do contido en graxa do leite mediante a extracción desta con disolvente e a posterior pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saír as flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Dominica (15.853 h [1991]). Está situada na costa suroccidental da illa, na desembocadura do río Roseau. É sede do goberno e dos bispados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Donas (Palas de Rei). O seu cumio acada os 645 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Coñecido como Petri Kettenfeier, escribiu Schrifen des Waldschulmeisters (Escritos do mestre de escola do bosque, 1875), Der Gottsucher (O buscador de Deus, 1883) e Jaob der Letzte (Xacob o último, 1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Rosa, da familia das rosáceas, con talos con espiñas e flores de cores vistosas e aromáticas. A maioría das roseiras de xardín son de orixe híbrida e teñen como principais especies emparentadas: R. chinesis, R. orodata, R. multiflora e R. wichuraina, de Asia oriental, R. moschata e R. foetida, de Asia occidental, e R. gallica, de Europa. A roseira silvestre (R. agrestis), de flores brancas, dáse en matos de terra lenta. A roseira alpina (R. pendulina), de flores dun rosado purpúreo, crece en bosques e matos de alta montaña. A especie R. sempervirens, é de flores brancas, e habita en aciñeirais, matos e en terra lenta. A roseira espiñosísima (R. pimpinellifolia), de flores brancas, dáse en bosques de montaña media. A roseira gálica (R. gallica), de flores dun rosado forte, cultívase e tamén é espontánea. A roseira glauca (R. glauca), de flores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico bacteriólogo. Estudou medicina na Universitat de Barcelona, fundou a primeira cátedra de microbioloxía en Norteamérica e foi director da École de Laiterie de Saint Hyacinthe. En 1934 fundou o Instituto Rosell de Canadá   e, en 1942, o Instituto Rosell de Lactología en España. Os seus estudos céntranse nas enfermidades dixestivas e da nutrición e foi pioneiro na investigación das bacterias lácticas e no desenvolvemento das súas aplicacións industriais. Colaborou en diversas revistas médicas e científicas e ten numerosas publicacións médicas e de cultura xeral, das que destacan Métodos analíticos de laboratorio lactológico y microbiología de las industrias lácteas (1952), en colaboración con Ignacio dos Santos, e Manual de análisis lactológico y fabricación de quesos y mantecas (1960), en colaboración con José Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca histórica catalá situada no S de Francia, na rexión histórica francesa de Rosellón, que está integrada tamén por parte de Sardeña. Coincide, aproximadamente, co departamento francés de Pireneos Orientais. Polo Tratado dos Pireneos (1659) pasou a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rosellón ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rosellón.

    3. ariedade de catalán que se fala nas comarcas catalás do outro lado dos Pireneos (Rosselló, Vallespir, Conflent e Capcir). OBS: Tamén se denomina catalán setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e coreógrafa. Formouse en Dinamarca e debutou con 18 anos. Creou o Scandinavian Ballet, co que actuou por diversos países de Europa. Posteriormente, abriu unha escola en Copenhaguen e dirixiu o Ballet de Göteborg (1970-1976) e o Ballet de Malmö (1980-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. A súa tarefa centrouse en repensar a relación entre o pensamento antigo e o moderno, co fin de fundamentar a súa crítica nas propostas baseadas na noción de hermenéutica, especialmente da teoría filosófica da deconstrución. Escribiu Hermeneutics as Politics (1987) e The Ancients and the Moderns. Rethinking Modernity (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor estonio. Escribiu Mythus des 20. Jahrhunderts (1930), que o converteu no teórico do racismo nazi. Foi xefe dos servizos de Asuntos Exteriores do Partido Nazi desde 1933 e, como ministro dos Territorios Ocupados do Leste, ordenou a deportación e execución de miles de persoas. Foi condenado a morte polo Tribunal de Nuremberg, e aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Xunto coa súa muller, Ethel Rosenberg (1915-1953) foi acusado de facer espionaxe en favor da URSS na época da caza de bruxas do maccarthismo. Condenados a morte en 1951, foron executados dous anos depois malia as protestas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO