"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de máis de 12 m de lonxitude. Propio de finais do Xurásico, do que os xacementos máis importantes están en Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos dicrúridos, ao que pertencen algúns drongos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos escarabeidos, que na fase de eiruga supón unha praga para os cultivos de cereal ao afectarlles á raíz e reducir os rendementos de produción da semente, ou mesmo matar as plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos megalosauros, de ata 6 m de lonxitude. Presentaban cabeza grande, con cristas óseas semicirculares os machos, e pescozo, cola e brazos longos e esveltos. De hábitos preeiros, habitou Norteamérica a principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están en Arizona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes pulmonados, da orde dos dipnoos, de ata 35 cm de lonxitude. Propios do Devónico, os xacementos máis importantes están en Alemaña e Escocia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos desdentados, da familia dos gliptodóntidos, de ata 4 m de lonxitude, co corpo cuberto de placas dérmicas coriáceas e cola longa rematada nunha maza con espiñas grosas e duras que empregaba para golpear os inimigos. Propios do Pleistoceno, os xacementos máis importantes están na Patagonia.
-
-
Conxunto de cristais que recobren a superficie plana ou convexa dalgúns materiais xeolóxicos.
-
Conxunto arredondado de cristais microscópicos, as máis das veces de oxalato cálcico, que aparecen nalgunhas células.
-
-
PERSOEIRO
Filla de Xermánico e Agripina e irmá do Emperador Calígula. Foi amante de seu irmán, quen a asasinou e, posteriormente, ordenou que fose adorada como deusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano, fillo de Nerón Claudio Druso o Xermánico ou o Vello e de Agripina. Exerceu os cargos de cuestor, augur e prefecto de Roma. Membro do partido de Sexano, foi acusado por Tiberio diante do Senado a causa da súa popularidade e condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos drusos.
-
Individuo da seita islámica drusa.
-
Secta musulmá disidente dos ismailís que xurdiu en 1017, vinculada coa rama xiíta de Iraq, á que pertencía a dinastía fatimí de Exipto. Os califas fatimís subliñaron o papel do imán, ata o punto de considerarse signos fulxentes de Allah e o Califa al-Hākim Bi-Amr Allah (996-1020) presentouse como a encarnación da divindade (deixou medrar os cabelos, vestiu un hábito de la e mostrouse publicamente cabalgando nun asno). Así naceu o drusismo. Despois da desaparición de Al-Hākim (1021), o movemento expandiuse e foi sistematizado por Hamza ibn Ati. Esta seita tomou a súa denominación popular do último elemento do antropónimo Muḥammad ibn Ismā’īl a-Darazī, un dos fundadores dos drusos e familiar de Al-Hākim. A súa doutrina é moi complexa e segue un sistema de admisión por iniciación que divide os crentes en dúas categorías uqqal, ou iniciados no misterio, e juhhal, ou ignorantes. Entre as súas crenzas inclúese a metempsicose. Concéntranse...
-
-
PERSOEIRO
Político romano, fillo do Emperador Tiberio. Cuestor no 10 d C, accedeu ao consulado no 15 d C. Realizou campañas en Panonia, Iliria e Xermania. Colaborou co seu pai durante o seu segundo consulado (21 d C) e compartiron o tribunado (22 d C). Morreu envelenado por Sexano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Foi nomeado tribuno da plebe no 122 a C para contrarrestar a popularidade de Caio Graco. Presentou unha serie de reformas, entre as que destaca a rogatio livia que concedía aos itálicos a cidadanía romana. Estas reformas provocaron unha serie de tumultos en Roma. Nomeado cónsul no 112 a C, gobernou Macedonia, onde derrotou o pobo dos escordiscos. Morreu exercendo o cargo de censor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano, fillo de Marco Livio Druso. Foi tribuno da plebe no 91 a C. Impulsou a reforma agraria e defendeu a concesión da cidadanía aos itálicos. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral romano, pai de Druso e do Emperador Claudio. Coñecido como o Vello ou o Xermánico, xunto co seu irmán, o Emperador Tiberio, participou na conquista da Retia e da Vendelicia (15 a C). Ocupou e organizou Xermania (12 a C-9 a C) en tres campañas. Nomeado cónsul no 9 a C, chegou ata o Elbe e enfrontouse cos suevos, marcomanos e queruscos. Morreu durante a última campaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos hipsilofodóntidos, de ata 3 m de lonxitude. Presenta patas longas e delgadas con tres dedos, sen dentes na parte anterior da mandíbula superior e unha mandíbula inferior a xeito de peteiro córneo. Viviron dende finais do Xurásico ata principios do Cretáceo en América do Norte, África, Australia e Europa.
-
PERSOEIRO
Pintor australiano. De orixe inglesa, instalouse en Melbourne en 1923 e trasladouse a Sidney en 1940. Na súa obra reflectiu a identidade nacional e a realidade cultural da poboación aborixe e branca australiana. Entre as súas obras destacan The cricketers (Os xogadores de cricket, 1948), West Wyalong (1949) e Mullaloonah tank (O tanque de Mullaloonah, 1953). Representou o seu país na Bienal de Venecia de 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da orde dos pterosaurios, de ata 3 m de envergadura, coa crista ósea e as mandíbulas estreitas e longas, curvadas cara a arriba. Propios de principios do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de distintos tipos de virus propios do tracto dixestivo, que teñen o ARN como material xenético e que causan infeccións nos sistemas respiratorio, intestinal e nervioso, como a meninxite aséptica non bacteriana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cérvidos ao que pertence o cervo do padre David.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán do S de Rusia; é o cumio máis elevado da cordilleira do Cáucaso cunha altitude de 5.642 m.